proxectos

8.7.26

a porta entreaberta (iii): danza de siluetas

cando, na tarde seguinte, cheguei á torre antes do fusco, Maia xa me agardaba. nin ela preguntou porque volvía nin eu lle pedín que continuara porque hai ríos que rompen as presas a capricho.

Aldara nunca ambicionara conquistar máis terras para ampliar os seus dominios. sempre lle confiaba a Elvira, a súa irmá maior, que un reino medra primeiro na cobiza de quen o goberna e só despois nos mapas.

Elvira era señora desde unha cidade erguida sobre sete outeiros, onde os ventos do oeste facían cantar as campás dunha torre que sobrevivira á xente de antes.

nom rivalizaban. queríanse. só as distanciaban os seus conselleiros cando os deixaban inmiscir nos afectos máis fondos.

unha mañá Aldara regresou ao pazo días antes do previsto. viña cansada dunha longa viaxe polos límites do reino, e os gardas sorprendéronse ao vela.

ninguén tivera tempo de anunciar a súa chegada e entrou soa. chamou por Vermudo, o rebuldeiro impenitente, a quen deixara pintando as estrelas na cúpula da súa alcoba, pero ninguén respondeu. foi seguindo un rumor ata o dormitorio e empurrou a porta.

Aldara matouno e tamén matou a escrava coa que compartía o leito. despois pasou horas enteiras lavando as mans nunha fonte do xardín e inda que a auga seguía saíndo limpa, ela só vía seguía vendo sangue.

durante as semanas que apenas falou, os seus conselleiros atribuíron o seu silencio á tristeza, pero era outra cousa. sospeitaba que todo canto amara ata entón fora mentira.

cando ao cabo dun mes deixou o seu trono e visitou a súa irmá, Elvira supervisaba os arranxos nun dos reloxos que decidira por si mesmo marcar horas de cincuenta e dous minutos. pero deixouno todo para apertala no seus brazos e nom facerlle preguntas.

convencer aquel reloxo do seu desatino podía esperar.

durante semanas Elvira atopou tempo entre mandar amorear gran para o inverno ou calarlle a boca a un conde demasiado cobizoso e compartir coa irmá case todo como facían cando pequenas naquel cuarto da nenez onde medraba o que se lles antollaba. Aldara comezou a sorrir novamente. ás veces a dor tamén acaba por cansarse.

sen embargo, unha noite espertou de súpeto no medio da escuridade. primeiro pensou que era o vento que leva e que trae e que volve tola a moita xente pero eran saloucos.

saíu ao corredor baleiro e algo palpitaba a través dunha porta entreaberta na que nunca antes reparara. os saloucos eran máis claros.

sentiu vergoña da súa propia curiosidade pero mirou.

diríase que unha das figuras exercía como anfitrioa e as trenzas da súa barba douraban a penumbra coma as de Erón, o seu cuñado, mentres ofrecía a todos as súas atencións.

cando Aldara apartou o rostro, nin chorou nin berrou. sentou no chan frío do corredor.

nom rira desde que a moeda de Vermudo nom caera do lado das estrelas da alcoba. acabou sen alento e o día case esqueceu espertar o corredor do seu sono.

á mañá seguinte Elvira atopouna no mesmo lugar.

—viraches tola?

colleulle as mans, porque xa sei que a miña desgraza nom é a única nin a maior do mundo.

cando Maia interrompeu o relato, permanecín calada e saboreei o amargor daquela última resposta.

—se aquilo nom lle devolveu a felicidade, por que ría?

a néboa volvía a cubrir as ruínas da cidade antiga.

—porque ás veces confundimos a felicidade co alivio.

no silencio resultou estraño que as campás inda nom tocaran e mirei pola ventá. o sol seguía no mesmo lugar onde estaba cando Maia empezara a falar. ao baixar da torre, un dos gardas saudoume sorprendido.

—Maxestade, xa marchades?

—como que xa?

—levades apenas un intre aí arriba.

nom durmín. nom pola historia de Aldara, sospeitaba que o tempo xa nom obedecía as leis do reino.

noite, volve axiña!.

No hay comentarios:

arkivos

visitantes