proxectos

Mostrando entradas con la etiqueta BNG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BNG. Mostrar todas las entradas

9.3.19

nom, nom vou ir en ningunha lista para estas eleccións municipais ...


para que quede claro ...

algún/has inda mo preguntaron esta semana ... vese que teñen interese ou intereses ...

nom, nom vou ir en ningunha lista para estas eleccións municipais ... iso foi unha etapa da miña vida que probabelmente nom volverá nunca ...

sobre a asemblea desta maña nom recibín ningunha comunicación do responsábel local por ningún medio (igual se esqueceu), pero inda que a recibira nom tería asistido ...

desde que me cansei de loitar e decidín que canto máis lonxe de paco mellor ía ser a miña vida nom teño participado en nada e esta vez nom ía ser diferente ...

con paco por medio nada de nada vale a pena ... é a miña opinión e a miña experiencia ...

sobra dicir que se tivera asistido a dita asemblea, nom o tivera votado a el como candidato para alcalde ...

nom creo que lle importe o máis mínimo que xa ten a súa 'unanimidade' ... agora que se siga lucindo ... eu, naquela situación tan dura e tan precaria, el ben o sabe, encabecei unha lista que conseguiu o que conseguiu ... entre outras cousas que el agora sexa o flamante e fotoxénico concelleiro de obras e turismo dun concello tan decisivo como Lalín. nim as grazas pola miña contribución me dou ... mandou a outro que me chamara a ver se seguía con eles, como servo ...

visto o visto, mira que son lento en caer da burra, o que procede é deixar a organización, cousa que xa comuniquei a quen corresponde ...

o bng de lalín nom ten porque ser o bng de paco vilariño nim aliñarse con quen se aliña pero de momento é o que hai ... eu aí nom teño nim quero ter sitio ningún ...

meu pai hoxe durmirá máis tranquilo, por fin ...

unha aperta a/os que me aprecian e me queren. boa finde ...

22.10.18

GZ merece máis ...

Ana Pontón
ANA PONTÓN
voceira nacional do BNG
texto orixinal publicado por 'lavoz'

sería alentador pensar que os orzamentos do PP van solucionar o paro, a precariedade, as listaxes de espera, a fenda salarial ou atender as persoas dependentes, mais a realidade é ben diferente e a propaganda nom arranxa os problemas deste país.

os orzamentos insisten nun modelo fracasado e nom van mellorar os servizos públicos, nin sentar as bases dun novo modelo produtivo -autocentrado, innovador e sustentábel- que cree emprego estábel con salarios decentes. son o espello dun Goberno esgotado, rutineiro e sen proxecto de futuro. o Goberno de Feijoo nom deixa unha herdanza de prosperidade, deixa unha GZ máis endebedada, con menos emprego e máis precariedade, cos salarios e as pensións máis baixas do Estado e cunha xeración perdida na emigración.

temos uns orzamentos lastrados por un financiamento inxusto, mais Feijoo, en lugar de defender un concerto económico que nos daría máis recursos, teima en defender o mesmo esquema centralista. e o máis grave, usa a escuálida capacidade fiscal para facerlle agasallos aos ricos, mentres o común dos galegos e das galegas nom notarán as anunciadas rebaixas de impostos. iso si, seguiremos vendo como se deterioran os servizos públicos. confunde política social con cemento. sen recuperar e ampliar o profesorado e o persoal médico expulsado polos recortes, nom avanzaremos cara a un estado do benestar forte.

a principal preocupación dos galegos e das galegas é o emprego, pero nestes orzamentos nom hai un plan para industrializar a base produtiva, pechar ciclos e xerar valor engadido, nin unha aposta pola I+D+i, -Feijoo situounos á cola da innovación-, nin pola economía circular.

o proxecto estrela é o Xacobeo 2021. como se un país co potencial en coñecemento, no agro, no monte, na pesca, na robótica ou na produción enerxética tivese que resignarse a un turismo de baixo custo.

falta confianza en GZ e visión de futuro, con propostas como unha tarifa eléctrica galega que nos permita usar os nosos recursos, para evitar peches como o que ameaza a Alcoa.

falta valentía e proxecto de país. GZ merece máis. moito máis.

23.1.14

moción do BNG de Lalín sobre a AP-53

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


diante do anuncio realizado nestes últimos días relativo a unha nova suba das tarifas a aplicar do 1,85% na peaxe da autoestrada AP-53, desde o noso punto de vista non se pode dar por ben feito esta decisión, senón todo o contrario. Os antecedentes que marcan a xestión e decisións políticas de dita vía, supoñen unha suma acumulada porcentual desde a súa apertura en decembro de 2003 do 70%. Na actual conxuntura de crise económica, fixar estes prezos, que desde sempre consideramos desmesurados e abusivos, fai imposible para a maioría da cidadanía o seu uso cotiá, agás, esporádicas urxencias.

resulta de todo inaceptable, que os tramos de maior fluxo de circulación en dirección Santiago, desde o noso Concello, sexan moitísimo menos empregados cos de dirección a Ourense, situación esta creada pola diferenza entre pagar e non pagar.

o BNG ten exposto reiteradamente que a peaxe da AP-53, no seu tramo Santiago–Silleda–Lalín, é moi custoso, por enriba do prezo da peaxe doutras vías galegas e do Estado de características similares, o que resulta inalcanzable para os usuarios habituais.

tamén esta autoestrada está chea de agravios comparativos cando en anos pasados os distintos Gobernos de Madrid, acometeron múltiples actuacións dirixidas tanto a liberar algunha autoestrada como a rebaixa doutras. Entendemos estas solucións como as máis acaídas e xustas, pois temos que lembrar que noutras Comunidades, varias delas con menor proporción de autoestradas de pago que Galiza, contaron con importantes partidas orzamentarias do Estado dirixidas tanto a rebaixar, como incluso a liberar varias das súas autoestradas. No lado oposto está Galiza, onde as vías de pago superan o 40% da rede de autoestradas e autovías.

www.lavozdegalicia.es
a situación é máis grave ao non contar cunha vía alternativa axeitada ás necesidades dos usuarios, xa que a N-525 é unha vía obsoleta por estar limitada na práctica totalidade do tramo Lalín a Ponte Ulla a 50 Km/h e sen carril para vehículos lentos.

os veciños demandan que as autoridades competentes tomen medidas para paliar, por unha banda, o elevado prezo da peaxe AP-53, facilitando así o seu maior uso (os datos de novembro amosan un raquítico uso de 5375 vehículos); e por outra banda, mellorar a N-525 dirección Santiago. Desde fai anos o Ministerio de Fomento non aportou practicamente ningún financiamento, sendo o único responsable que a N-525 non teña carrís de lentos.

non podemos esquecernos que a construción da AP-53 foi costeada, en parte, cos cartos da Xunta de Galiza (60,1 millóns de euros) e por ende de todos os galegos, feito especialmente grave xa que é unha infraestrutura da rede do Estado.

as últimas informacións sobre a postura do Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia a este respecto, son dun absoluto cinismo e hipocresía, escudándose nun problema mutuo de competencias. En varias campañas electorais, o PP prometeu unha rebaixa, que co paso do tempo só quedou nun mero anuncio de rebaixa para os usuarios habituais, que nin tan sequera aplicaron a día de hoxe, escudándose en que é de titularidade estatal.

polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG, presenta ao Pleno do Concello de Lalín, para o seu debate e aprobación, a seguinte

MOCIÓN:

1 – Demandar ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia que acorden o traspaso das competencias da AP-53.

2 – Instar ao Ministerio de Fomento, máis unha vez, a asumir o custo económico para a supresión da peaxe  AP-53.

3 – Demandar do Ministerio de Fomento a execución das obras anunciadas e pendentes na N-525, desde Lalín ata Ponte Ulla.

4 – Que o Concello de Lalín convoque aos veciños a unha concentración para demandar o cumprimento ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia dos puntos anteriormente expostos.

Lalín, 19 de decembro de 2013

ALCALDE PRESIDENTE E PLENO DO CONCELLO DE LALÍN

visitantes