proxectos

5.11.26

comunicado de repulsa da asociación de cargos directivos de ies de GZ (ADDIGA) ante a agresión ao director do IES XOSÉ NEIRA VILAS de oleiros: máis respecto e seguridade nos centros educativos

a asociación de cargos directivos de ies de GZ (ADDIGA) quere facer pública a súa máis firme condena ante os graves feitos acontecidos o pasado venres IES XOSÉ NEIRA VILAS, onde o director do centro foi agredido por un familiar dun alumno.

consideramos que un acto desta natureza atenta directamente contra os valores que deben presidir a vida escolar e esixe unha resposta clara e unánime de toda a comunidade educativa.

estes feitos, inaceptábeis en calquera ámbito da sociedade, adquiren unha especial gravidade cando se producen no interior ou na contorna dun centro educativo, un espazo que debe ser sempre un lugar seguro, de convivencia pacífica, diálogo, aprendizaxe e respecto mutuo.

trasladamos todo o noso apoio, agarimo e solidariedade ao director agredido, así como a todo o equipo directivo, ao claustro do profesorado e á comunidade educativa do ies xosé neira vilas de oleiros nestes momentos difíciles, nun exercicio de solidariedade e apoio incondicional.

os equipos directivos e o profesorado desenvolven un traballo fundamental para o futuro da nosa sociedade, polo que ningunha discrepancia ou conflito no ámbito escolar pode xustificar xamais a violencia física nin verbal. cómpre, xa que logo, reafirmar a defensa da autoridade e da dignidade docente.

instamos ás administracións públicas e ás autoridades competentes a actuar coa máxima contundencia no ámbito legal e a poñer á disposición dos centros educativos todos os recursos necesarios para garantir a seguridade e a integridade física e moral dos profesionais da educación. a protección de quen exerce o seu labor nos centros educativos debe constituír unha prioridade.

reiteramos tamén a importancia de seguir promovendo a cultura da paz, o diálogo construtivo e o respecto ás institucións educativas e ás persoas que as representan. un chamamento que debe implicar a toda a comunidade educativa.

cómpre subliñar, ademais, que a educación é unha tarefa compartida que só pode desenvolverse plenamente desde a confianza mutua, a comunicación respectuosa e a corresponsabilidade entre as familias e os centros.

as familias son aliadas imprescindíbeis no proceso educativo dos seus fillos e fillas, e a súa colaboración leal e construtiva cos equipos directivos e co profesorado resulta fundamental para previr conflitos, reforzar os valores de convivencia e garantir o benestar do alumnado, fortalecendo así a colaboración entre as familias e os centros educativos.

a violencia nom ten cabida nos nosos institutos. desde ADDIGA seguiremos traballando conxuntamente na defensa da dignidade, da seguridade e do recoñecemento de todo o persoal directivo e docente de GZ.

 

5 de novembro de 2026.

xunta directiva de ADDIGA

texto adaptado por @xindiriz aos usos de cusanqueiro

morte de rei. crónica do rei Vermudo, e do que foi o seu enterramento

[nota do copista] dun códice moi estragado. onde nom se le, deixo [...] e sigo. o que vai ao carón do texto é culpa miña e nom do cronista.

do que se espera de ũa morte de rei

morte de rei é morte de gram honra. em leito de pano de ouro, cercado de bispos e de ricos-homens, com os filhos ajoelhados à cabeceira e o reino todo em pranto. corpo levado em andas sobre os ombros dos barões, cantam-se missas por mil dias, alça-se sepulcro que dure mais que as torres.

ca este foi aquel rei que passou o mar com gram hoste e venceu a batalha de Hastingas, e mandou alçar a torre de Londínio, e pôs contra os califas de Córdova ũu limes mui forte. por esta guisa a GZ se estendia da Gália até a áfrica e era escudo da cristandade contra os mouros. e per vinte e ũu anos teve dous reinos em ferro e em gram temor, e a sua voz fazia tremer os príncipes de além-mar.

[marg.] «en ferro e en gran temor». ok. spoiler: o ferro nom lle serviu de nada.

PERO NOM, SPOILER. NOM FOI ASÍ.

do que se achou em vez da pompa

em era de mil e cento e vinte e cinco anos, aos nove dias andados do mês de setembro, passou desta vida em Rotomago el-rei, após muitas semanas de door, por rotura nas tripas.

e assi como cessou de bafejar, a câmara ficou vazia. os seus filhos já cavalgavam: Fruela, a Britânia, a tomar o tesouro, e Ramiro andava pola Gália e pola Germânia. os ricos-homens fugirom a guardar as suas terras. e os homens de serviço, nom havendo vergonha do corpo, despirom-no das vestiduras, e das joias, e de quanta cousa havia de valia.

aquel que mandara a milheiros nom teve quem lhe fechasse os olhos. E NADIE LLE PECHOU OS OLLOS. QUEDOU EN PELOTAS NO CHAN.

[marg.] nadie lle pechou os ollos. en pelotas, o rei. apuntádeo para cando vos falen de gloria.

jouve el-rei assi, sem quem o guardasse, até que ũu cavaleiro de pouca valia, per nome Herluim de Contavila, se doeu dele e mandou que o embalsamassem e o levassem em barca polo Sequana abaixo até Cadomo, u el-rei fundara o moesteiro dos homens e u queria ser sepultado.

[marg.] herluim de contavila. o único que se doeu del. anótoo porque nadie máis o fixo.

mas quando o ataúde chegou a Cadomo, já o corpo se ia a podrecer.

do fogo

e entrando o cortejo na vila, acendeu-se ũu fogo, e cadomo ardeu. os que choravam el-rei deixarom o ataúde e correrom a matar as chamas. PRIMEIRO A CASA, DESPOIS O REI. PRIORIDADES.

[marg.] a casa primeiro, o rei despois. prioridades. e nom llo xulgo.

 e o corpo de Vermudo ficou na rua, e a vila toda arredor do seu moesteiro ardia. e só depois que o fogo foi vencido se começou, por fim, o ofício do enterramento.

do preço de ũu rei

dentro na eigreja, estando o ataúde ante o altar, ergueu-se de súpeto ũu home da terra, per nome Ascelim Arturez, e disse a grandes vozes:

—em nome de Deus, defendo que o corpo do espoliador seja cuberto com a terra da minha herdança!

e dizia verdade, ca parte do chão u se alçava o moesteiro fora tomada à sua linhagem por força. polo que o ofício se deteve, e monges e ricos-homens se afanarom a avir-se com ũu home que acabava de embargar, per direito, o enterro de ũu rei. PAGÁRONLLE SESENTA SOLDOS, CASH, E PROMETÉRONLLE CEN LIBRAS DE PRATA.

 [marg.] cash. sesenta soldos, ahí mesmo, e cen libras de prata á conta. ascelim, ídolo: foi o único que nom pediu perdón por molestar.

assi aquel a quem a Africa nom pôde deter foi detido no seu próprio funeral por ũa contenda de herdade que valia sessenta soldos!

do corpo que rebentou

e depois veu o enterro mesmo. ca Vermudo fora home de gram corpo, alto e largo e, na velhice, mui grosso. e o sarcófago de pedra que lhe aparelharom era pequeno de mais. o corpo, podre, inchara. e os monges ca o quigerom meter à força.

conta Orderico Vital, monge e cronista, o que entom aveo: que, empurrando eles, o ventre de Vermudo rebentou e a carne desfeita saiu pelo ar. e deu-se ũa vaga de fedor terríbel, insofríbel, E A XENTE SAÍU CORRIENDO DA IGREXA COMA SE NOM HOUBESE MAÑÁ. assi rebentou el-rei de GZ, e nom há em isto falsidade.

[marg., letra apresurada] literalmente. cero metáforas. confírmoo: copieino tres veces por se me equivocaba.

e foi tal o fedor que nem o incenso o podia encobrir. e uns desmaiarom, e outros vomitarom, e muitos fugirom da eigreja com gram espanto. aquel que fezera fugir os mouros fez fugir a sua própria corte. e os que ficarom enfiarom o que restava do corpo no túmulo o mais asinha que puderom, e disserom as orações a correr, e deram por findo o ofício.

[marg.] a tinta fai un borrón aquí. nom sei se foi o tempo ou se tamén vomitou o escriba.

e aquel que mudara dous reinos acabou o seu funeral em desastre, rebentado e fedorento, ante toda a sua corte.

do que ficou

o túmulo de Vermudo no moesteiro dos homens de Cadomo foi forçado muitas vezes. em era de mil e quinhentos e sessenta anos, os da eigreja abrirom-no, e dizem que o corpo inda era conhocíbel. em era de mil e seiscentos anos, nas guerras da fé, os calvinistas quebrarom o sarcófago buscando tesouro. nom no acharom, e espalharom os ossos, e levarom alguns por lembrança. e dizem que depois soldados britanos levarom outros pedaços.

o que se pôde ajuntar foi soterrado de novo em era de mil e seiscentos e oitenta anos, sob ũu monumento novo. mas esse memorial foi desfeito nos dias da revoluçom dos franceses, e os ossos foram lançados ao rio Olina.

ũu só osso, o da coxa, escapou e foi guardado. e no ano do senhor de mil e novecentos e oitenta e sete, nos novecentos anos da morte de Vermudo, foi soterrado outra vez sob ũa lápida singela de mármore, ante o altar maior de Cadomo.

assi aquel que conquistou a Britânia, e mandou fazer o livro do censo, e assentou os alicerces do poder galego além do mar, nom é hoje mais que ũu osso sob ũa pedra humilde. os seus homens despirom-no e foram-se. a vila do seu funeral ardeu. o seu enterro foi estorvado por contenda de terra. o seu corpo rebentou.

MORTE DE REI, DICÍAN. RESULTADO: UN ÓSO. GAME OVER

[marg., outra tinta, máis tarde] estiven en Cadomo. a lousa é real: lisa, sen retórica, un óso debaixo. game over, si, pero fíxenlle unha foto e dixen «descansa, tío». nom sei por que.

deturpación conxunta de @xindiriz & CLAUDE

25.10.26

29N: como se adxudica o último escano? o caso da provincia de Pontevedra

LO5/1985, 19xuñ, do réxime electoral xeral (LOREX), establece as regras para transformar os votos en representantes nas eleccións ao Congreso dos Deputados. o 29nov2026, nas eleccións xerais, volveremos aplicar este sistema para decidir quen ocupará os 350 escanos da Cámara Baixa.

1. a regra de reparto: a lei D’Hondt

 

A163 - LOREX regula a atribución de escanos nas eleccións ao Congreso. O procedemento pode resumirse en cinco pasos:

 

A, exclusión das candidaturas minoritarias. nom se teñen en conta as candidaturas que nom acaden, cando menos, o 3 % dos votos válidos emitidos na circunscrición.

 

B, ordenación dos resultados. ordénanse as candidaturas restantes de maior a menor número de votos.

 

C, cálculo dos cocientes. divídese o número de votos de cada candidatura por 1, 2, 3, 4 … ata o número de escanos que se reparten na provincia.

 

D, adxudicación dos escanos. selecciónanse os cocientes máis altos de toda a táboa, por orde decrecente. cada cociente seleccionado atribúe un escano á candidatura correspondente.

 

E, resolución dos empates. se dous cocientes coinciden, o escano atribúese á candidatura con máis votos totais. se tamén hai igualdade de votos, o desempate resólvese por sorteo.

 

os escanos que obtén cada candidatura adxudícanse ás persoas que figuran na súa lista, seguindo a orde establecida nela.

 

a lei D’Hondt nom consiste, polo tanto, en repartir os escanos segundo a porcentaxe de votos de cada partido de maneira directa. o resultado depende tamén do número de escanos dispoñibles na circunscrición e dos votos obtidos polas demais candidaturas.


2. Pontevedra: sete deputados en xogo

 

para as eleccións xerais do 29nov2026, a provincia de Pontevedra elixe sete deputados ao Congreso. isto significa que, unha vez excluídas as candidaturas que nom acaden o limiar legal, se calculan os cocientes de cada lista e se seleccionan os sete máis altos. o sétimo cociente é o que determina o denominado último escano.

 

nas eleccións xerais de xullo de 2023, o reparto pontevedrés foi o seguinte:

 

candidatura

votos

votos

PP

223.226

3

PSdeG-PSOE

177.199

3

Sumar

74.605

1

BNG

53.246

0

Vox

26.648

0

 

FONTE: resultados oficiais das eleccións xerais de 2023, recollidos por RTVE a partir dos datos do Ministerio do Interior.

 

a táboa permite observar unha cuestión fundamental: ter máis votos ca outra candidatura nom garante obter un escano adicional. o resultado depende dos cocientes que se obteñan ao dividir os votos entre 1, 2, 3 e sucesivos divisores.


3. que é o último escano en disputa?

 

o último escano en disputa é o deputado que ocupa a última posición no reparto e cuxa adxudicación pode cambiar se se modifican os resultados electorais. para identificalo hai que comparar dous cocientes:

 

-o cociente gañador, que obtén o último escano.

-o cociente inmediatamente competidor, que corresponde á candidatura que quedaría fóra se o escrutinio rematase con eses resultados.

 

canto menor sexa a diferenza entre ambos, menos votos adicionais poderían necesitarse para alterar o reparto, aínda que a cifra exacta depende tamén do resto de candidaturas e dos votos válidos.

 

non existe unha cantidade fixa de votos necesaria para conseguir un deputado en todas as provincias. unha provincia que elixe poucos representantes ten unha dinámica distinta doutra que elixe varias decenas. por iso, as enquisas de ámbito estatal nom abondan para saber onde se decidirá cada escano.


4. onde consultar o último escano provincia por provincia?

 

hai ferramentas en liña que permiten explorar estes cálculos e comprobar como cambia o reparto ao modificar os resultados. estas son dúas opcións útiles para seguir as eleccións do 29-N.

 

el voto útil — simulador d’Hondt > permite escoller unha provincia, introducir ou modificar porcentaxes de voto e comprobar o efecto sobre os 350 escanos do Congreso. inclúe un apartado específico de escanos en xogo que identifica provincias onde a diferenza entre candidaturas é reducida.

 

decide29N — voto útil en Pontevedra > ofrece unha análise específica da provincia, cunha estimación do reparto e unha comparación entre as candidaturas que se disputan o último deputado. os resultados son estimacións propias, nom datos oficiais nin unha predición garantida.

 

para consultar os datos oficiais do escrutinio, tamén se pode acudir ao portal de resultados electorais de RTVE, que permite revisar os resultados históricos por provincia. a información oficial das eleccións de 2026 está dispoñible no portal do Ministerio do Interior.

 

cómpre lembrar que os simuladores dependen dos datos e das hipóteses que empregan. un cálculo baseado nos resultados de 2023 nom equivale a unha estimación baseada nas enquisas de 2026, e ningunha das dúas cousas equivale ao resultado definitivo das urnas.


5. unha simulación didáctica para Pontevedra


a seguinte táboa é unha simulación matemática con cifras redondas inventadas para explicar o mecanismo. nom é unha enquisa, unha estimación electoral nin unha predición do resultado do 29N. para o cálculo supóñense cinco candidaturas e sete escanos.



votos

*1

*2

*3

*4

*5

*6

*7

PP

220.000

★ 220.000

★ 110.000

★ 73.333

55.000

44.000

36.667

31.429

PSdeG-PSOE

180.000

★ 180.000

★ 90.000

60.000

45.000

36.000

30.000

25.714

BNG

63.000

★ 63.000

31.500

21.000

15.750

12.600

10.500

9.000

Sumar

62.000

★ 62.000

31.000

20.667

15.500

12.400

10.333

8.857

Vox

35.000

35.000

17.500

11.667

8.750

7.000

5.833

5.000

★ os sete cocientes seleccionados están marcados con unha estrela.

resultado da simulación


candidatura

escanos

cocientes con escano

PP

3

1, 2, 3

PSdeG-PSOE

2

1, 2

BNG

1

1

Sumar

1

1

Vox

0

—

neste exemplo ficticio,

1, o sétimo escano correspondería a Sumar co cociente 62.000.

2, o seguinte cociente máis alto que queda fóra é o terceiro do PSdeG-PSOE: 180.000*3 = 60.000.

3, a diferenza entre ambos é de 2.000 no valor dos cocientes; nom debe interpretarse como unha cifra directa de votos adicionais necesaria, pois o reparto depende do conxunto dos resultados.

27.9.26

a dor de cabeza que me armaron as galiñas

nom sabía o feliz que vivía mentres que só tiña o meu catre e os meus libros. agora teño unha ducia de galiñas e un galo e a miña alma está perturbada.

a propiedade tenme feito cruel. cada vez que mercaba unha galiña atábaa dous días a unha árbore, para imporlle o meu domicilio, destruíndo na súa fráxil memoria o amor ao seu antigo fogar e os seus antigos donos.

remendei o cerrado do meu patio, coa idea de evitar que fuxiran, e impedir a invasión dos zorros de catro e dous pés.

illeime, fortifiquei as miñas lindes para separar as miñas galiñas do resto do mundo, agora cheo de presuntos ladróns.

o meu galo era inda un poliño novo e por iso o galo do veciño veu roldar as miñas galiñas. tireille pedras e escapou pero tamén foron algunhas detrás.

pedinlle ao veciño os ovos que puxeran as miñas galiñas na súa casa e agora fun eu quen fuxiu correndo diante das pedras.

onde antes había uns ollos amábeis agora vivía tamén unha mirada en garda.

os polos do veciño saltaban cada vez con máis frecuencia á miña eira e comían o grao que atopaban. ata que un día, cegado pola rabia, matei un.

o veciño negouse a aceptar unha indemnización cando lle levei aquela sucidade de volta e en vez de guisalo e comelo levouno de xira póstuma por onde o resto de veciños acusándome de insociábel e violento.

ademais mercou un can nom só ladrador e estou pensando en mercar unha escopeta.

antes nom tiña nada e era feliz e agora consúmeme o veleno da desconfianza e o odio. antes era un home e agora son propietario.

xindiriz, tradución e deturpación de 'galiñas', de Rafael Barret (1910)

6.9.26

o home que me roubou a Elisa

Elisa e máis eu pasamos corenta e sete anos discutindo por culpa de Francisco. acusábaa de estar namorada del. e trataba de amolala dicíndolle que o seu sempre fora imposible porque nacera douscentos anos tarde.

—o cariño nunca leva ben as contas.

 

Francisco entrara na cantina preguntando pola illa da Antártida.

 

tiña un nariz feito para sinalar horizontes. falaba máis de trinta linguas e ás veces esquecía en cal estaba. mesmo aquel día pediu un vaso de viño en turco e ao marchar despediuse nun idioma das Molucas que soaba coma unha merla aprendendo a cantar flamenco.

 

traía un mapa do mundo dobrado no peto da chaqueta. estaba sen rematar, seica lle faltaba todo o sur.

 

—non o rematei aínda. os mapas hai que facelos aos poucos, coma os viños ou as historias de amor.

 

seica estivera en Pasargada, o deserto de Sonora e nunha illa onde as tartarugas sabían contar ata cen.

 

Elisa aseguraba que o coñecera moito antes do que eu quería admitir, nunha feira.

 

—que feira?

 

—na do 18.

 

—pero se ti aínda nom naceras.

 

Francisco viña da China e quería mercar un queixo de Vedra. nom o atopou a gusto e logo andou mirando se había algún reloxeiro capaz de arranxarlle o tempo.

 

coma tampouco o atopou, desanimado, sentou nun dos pendellos a contarlle á xente historias de cidades con nomes de peixe, de emperadores que tiñan árbores de prata nos xardíns e de mares onde os ventos cambiaban de cor todos os  días da semana.

 

—e que buscaba vostede indo a tantos sitios diferentes?.

 

—ao principio buscaba riqueza e fama. máis tarde sabedoría. agora busco unha muller que me diga onde está a miña casa.

 

levabamos vinte anos casados cando me contou aquilo.

 

—pareceume que era un home perdido.

 

—e namorácheste.

 

—dos perdidos sempre me namoro.

 

de Francisco eu gardaba o mapa e ela unha flor seca. cando morreu ela, atopei a flor entre as páxinas dun misal. cando me pasou a min, abrín o mapa para quitarlle o po.

 

alí estaba agora debuxada a tal illa Antártida, en cor azul pálido e unha nota, esta terra nom existe aínda, pero existirá cando os homes precisen dela.

 

ata que durmín pasei a noite escribindo sen cesar, nom hai porto máis difícil de atopar que aquel ao que nom se quere regresar.

 

ao espertar sorrín ao ver os noruegueses contando no parte que chegaran primeiro ca nadie á Antártida. Francisco xa estivera alí para saber finalmente se alguén o estaba esperando e tiña casa para quedar e deixar de navegar.

 

como nom ía namorarse a miña Elisa de alguén así.

20.8.26

20 de agosto de 1944: as bombas que nom caeron sobre Auschwitz



25ago1944
foto Auschwiz-Birkenau tomada pola USA Air Force
presos sendo conducidos ás camaras
web> Yed Washem
hai hoxe 82 anos, 127 bombardeiros estadounidenses B-17 lanzaron arredor de 340 toneladas de bombas sobre as instalacións de IG Farben en Monowitz, a uns seis quilómetros de Auschwitz-Birkenau.

para entón tamén existía información directa sobre o que estaba sucedendo alí. o 7 de abril, Rudolf Vrba e Alfred Wetzler escaparan de Auschwitz. durante as semanas seguintes redactaron en Eslovaquia un informe no que describían a organización do campo, as cámaras de gas, os crematorios, os transportes e o sistema de exterminio. entre o 18 e o 22 de xuño de 1944, o informe comezou a difundirse internacionalmente.

os voos de recoñecemento aliados sobre a zona comezaran na primavera de 1944 e as fotografías que tomaron permitían identificar con claridade as instalacións do campo.

durante o verán dese ano, o World Jewish Congress e o War Refugee Board solicitaron ao Departamento de Guerra estadounidense que se atacasen as instalacións de exterminio, especificamente os crematorios e as vías ferroviarias utilizadas polos transportes.

o 14 de agosto, John J. McCloy, subsecretario de Guerra, respondeu que unha operación deste tipo esixiría desviar unha forza aérea considerable doutras operacións e que a súa eficacia sería dubidosa. tamén se consideraba o risco de causar vítimas entre os propios prisioneiros, xa que os crematorios estaban próximos aos barracóns.

o número de persoas que podería ter afectado unha interrupción ferroviaria pode estimarse a partir dos transportes documentados.

entre agosto e setembro de 1944 foron deportados a Auschwitz uns 67.000 xudeus procedentes do gueto de Łódź. arredor de 45.000 foron asasinados nas cámaras de gas, distribuídos aproximadamente ao longo de tres semanas, eses transportes representan unha media superior aos 20.000 deportados por semana.

isto nom permite afirmar que interromper as vías durante sete días tivese como resultado a supervivencia de 20.000 persoas. os alemáns podían reparar os danos, empregar outras rutas ou acumular os transportes. tampouco existe unha estimación histórica fiable sobre o tempo exacto que tería necesitado a reparación dun determinado tramo ferroviario.

o que si permite é establecer a magnitude do fluxo que estaba chegando a Auschwitz: unha semana de interrupción tería afectado potencialmente a decenas de miles de deportados.

o mesmo problema aparece ao considerar un ataque contra os crematorios. nom se pode saber cantas persoas terían sobrevivido a unha interrupción temporal do exterminio. si se pode saber que as cámaras de gas continuaron funcionando durante os meses seguintes ata que en novembro de 1944 os nazis desmantelaron  as instalacións de exterminio, só meses antes da liberación do campo polas tropas soviéticas en xaneiro de 1945.

as decisións tomadas foron discutidas por historiadores militares e especialistas no Holocausto sen chegar a unha opinión unánime pero Richard G. Davis sostivo que os ataques propostos e finalmente rexeitados contra Auschwitz e as vías ferroviarias eran practicábeis nom terían que supor un atraso significativo doutras operacións militares.

fontes e documentos para consulta

-US Holocaust Memorial Museum, "The US and the Holocaust: Why Auschwitz Was Not Bombed" & "Auschwitz Report".

-Franklin D. Roosevelt Presidential Library & Museum, Rudolf Vrba Papers/War Refugee Board records & selección do Vrba-Wetzler Report en PDF.

-Michael J. Neufeld e Michael Berenbaum (eds.), The Bombing of Auschwitz: Should the Allies Have Attempted It?, University Press of Kansas, 2003.

-Kirkus Reviews, The Bombing of Auschwitz.

fotografía, tirada da web 'yad washem'

© xindiriz, empoderado por ia

arkivos

visitantes