nunca me gustara como pronunciaba nós ... como se contribuiramos por igual
a remendar e dulcificar feridas.
flaticon
propuxen borrar tamén mensaxes e contactos en común.
—é mellor así.
asentiu, coma sempre, pero pareceume que tampouco agora entendería nada.
deixei que mirase mentres ía eliminando frases medidas, silenzos mal interpretados, cesións que semellaran pequenas. resultoume groseiro, como se estivéramos diseccionando as entrañas dunha criatura putrefacta.
e volvinme enfadar comigo mesma cando volvemos pasar polo lugar a partir do que comprendín que me estaba deixando destruír.
—borrarei todo.
fíxeno e o buxán foi inmediato, limpo e sen verniz.
—e ti? —preguntei.
titubeou. sempre cambaleaba e iso facía dela algo monstruoso e a min esborrallábame trazo a trazo.
naquel audio a miña voz soou máis feble e máis exposta do que lembraba. reproduciuna enteira, coma se esperase unha reacción que tiven que esforzarme en reprimir.
nin fixen preguntas nin dixo nada. apareceu na súa cara entendemento puro, sen dramatismo.
sorrín.
—agora si —dixen— agora xa está todo.
nom quedaba nada que borrar. só o que xa nom dependía de nós.