proxectos

Mostrando entradas con la etiqueta Catalina Ledesma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Catalina Ledesma. Mostrar todas las entradas

6.10.18

as 'cañitas'

imaxe procedente de
Confabulario, el Universal
xuño de 1603: Inés de Santa Cruz, monxa, beata e prioresa, e a súa compañeira Catalina Ledesma, foron detidas e xulgadas en Salamanca por 'bujarronas'.

'trataban a unha á outra cun artificio de caña en forma de natura de home'. Inés e Catalina inventaron e fabricaron unha especie de consolador, obxecto tan antigo que a arqueoloxía data algúns con máis de 25.000 anos.

os documentos din que Inés 'abríalle a natura á dita Catalina ata que derramaba as sementes do seu corpo na natura da outra polo cal lle chamaban as 'cañitas' e isto é público e notorio entre as persoas que as coñecen. había moito escándalo e murmuracións no barrio.'

facsímil da copia do proceso ás 'Cañitas'
ARQUIVO XERAL DE SIMANCAS
pero a loita de Inés e Catalina viña de lonxe, xa que a efectos xudiciais nom era a primeira vez que estiveron detidas por ter relacións sáficas. xa foran axuizadas en Valladolid en 1601, e volverían selo, tamén en Valladolid, en 1606, o que indica a atracción mutua que sentían.

foron torturadas, golpeadas publicamente e condenadas ao desterro.

nom podían ser máis diferentes: unha de familia nobre e a outra moi humilde. unha con conexións familiares na Real Chancelería de Valladolid e a outra analfabeta e criada, casada.

en 1625 serían perdoadas por Felipe IV.

Federico Garza Carvajal (Laredo, Texas, 1959), con orixes familiares sefardís, repasa a súa historia en Las Cañitas (Palencia, Ediciones Simancas, 2012)
más info: 'las cañitas: un proceso por lesbianismo a principios del xvii' (confabulario, el universal)

arkivos

visitantes