proxectos

Mostrando entradas con la etiqueta 1941. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1941. Mostrar todas las entradas

23.8.13

"sede dignos de nós"

cartasdelaguerracivil.blogspot.com
miña querida mamá, meu adorado irmanciño, meu amado papá:

vou morrer! O que vos pido, sobre todo a ti, mamá, é que sexades valentes. Eu estouno sendo e quero selo, así como todos os que os pasaron diante de min. Sen dúbida, me tivera gustado vivir máis. Pero o que desexo de todo corazón é que a miña morte sirva para algo. Non terei tempo de darlle unha aperta a Jean. Abracei os meus dous irmáns Roger e Rino. Non puiden facelo co verdadeiro, lamentablemente. Espero que che entreguen toda a miña roupa, porque poderá servir para Serge; dou por descontado que será feliz de levala algún día. Papá, sei que, como a mamá, che teño causado bastantes penas e saúdoche por última vez. Quero que saibas que teño feito todo o posible para seguir o camiño que me tes marcado.

unha última despedida a todos os meus amigos, e a meu irmán, ao que quero moito. Que estude para que se faga un home.

dezasete anos e medio. A miña vida ten sido curta, non lamento nada, só deixarvos. Vou morrer con Tintin e Michels. Mamá, pídocho: quero que me prometas que serás valente e superarás as túas penas.

non podo escribir máis. Déixovos a todos, a todas. A ti, mamá, a Serge, a papá, apertándovos con todo o meu corazón de neno. Valor!

o voso Guy, que vos quere.

P.S. A quen quedades: sede dignos de nós, dos 27 que imos morrer.

1/esta carta de despedida dun mozo comunista executado polos nazis en 1941 en Francia foi lida a principio de curso hai anos por orde de Sarkozy nos institutos galos
2/foi publicada en EL PAÍS
3/tradución ao galego de xindiriz

visitantes