nom sabía o feliz que vivía mentres que só
tiña o meu catre e os meus libros. agora teño unha ducia de galiñas e un galo e
a miña alma está perturbada.
a propiedade tenme feito cruel. cada vez que mercaba unha galiña atábaa dous días a unha árbore, para imporlle o meu domicilio, destruíndo na súa fráxil memoria o amor ao seu antigo fogar e os seus antigos donos.
remendei o cerrado do meu patio, coa idea de evitar que fuxiran, e impedir a invasión dos zorros de catro e dous pés.
illeime, fortifiquei as miñas lindes para separar as miñas galiñas do resto do mundo, agora cheo de presuntos ladróns.
o meu galo era inda un poliño novo e por iso o galo do veciño veu roldar as miñas galiñas. tireille pedras e escapou pero tamén foron algunhas detrás.
pedinlle ao veciño os ovos que puxeran as miñas galiñas na súa casa e agora fun eu quen fuxiu correndo diante das pedras.
onde antes había uns ollos amábeis agora vivía tamén unha mirada en garda.
os polos do veciño saltaban cada vez con máis frecuencia á miña eira e comían o grao que atopaban. ata que un día, cegado pola rabia, matei un.
o veciño negouse a aceptar unha indemnización cando lle levei aquela sucidade de volta e en vez de guisalo e comelo levouno de xira póstuma por onde o resto de veciños acusándome de insociábel e violento.
ademais mercou un can nom só ladrador e estou pensando en mercar unha escopeta.
antes nom tiña nada e era feliz e agora consúmeme o veleno da desconfianza e o odio. antes era un home e agora son propietario.
xindiriz, tradución e deturpación de 'galiñas', de Rafael Barret (1910)
imaxe 'deepfake' de 'el correo' que ilustra un artigo sobre o tema
a finais de 2017
comezaron a circular por internet vídeos pornográficos protagonizados por algunha
das actrices e cantantes máis famosas do momento. os vídeos fixéronse virais e foron
vistos por millóns de persoas. ao pouco sóubose que elas nom eran as
verdadeiras protagonistas dos vídeos, mais as vítimas dunha nova ferramenta
tecnolóxica que, utilizando intelixencia artificial e outras ferramentas avanzadas,
permite incluír a imaxe facial de calquera persoa nun vídeo.
foi só o inicio. ao
pouco, Merkel, Trump ou Macri tamén
foron vítimas do que se coñece como 'deepfake'.
Obama foi utilizado, sen el
autorizalo, para exemplificar os posíbeis usos nefastos desta tecnoloxía.
vémolo nun discurso no que di o que o falsificador quería que dixera mais nunca
dixera. pero o resultado é un vídeo moi 'real'.
a manipulación de imaxes
ten unha longa tradición, pero isto é moito máis perigoso. a imaxe corporal e a
expresión da cara son extraordinariamente realistas, e a imitación da voz e dos
xestos da persoa, tan exactas que resulta imposíbel descubrir que é unha
falsificación, a menos que se dispoña de sofisticados programas de verificación
dixital. e o perigo de 'deepfake' é
que esta tecnoloxía está ao alcance de calquera.
un antigo amante, aluado,
pode producir e espallar de xeito anónimo polas redes sociais un vídeo que arremede
a voz, os xestos e a cara da muller que o abandonou. un vídeo no que faga ou
diga as barbaridades máis comprometedoras. as imaxes de policías dándolle unha
boa tunda a unha vella que participa nunha protesta contra o goberno poden
provocar violentos enfrontamentos entre as mareas que protestan e a policía.
algúns estudantes poden gravar un vídeo comprometedor sobre un profesor ao cal
nom poden ver.
os usos posíbeis de 'deepfake' na política, na economía ou
as relacións internacionais son tan variados como sinistros. a divulgación dun
vídeo que mostra a un candidato á presidencia dun país dicindo ou facendo
cousas reprobábeis pouco antes dos comicios volverase a artimaña electoral máis
frecuente.
o potencial dos vídeos
falsificados para enrarecer as relacións entre países e exacerbar os conflitos
internacionais tamén é enorme. xa ten pasado.
o emir de Qatar apareceu
nun vídeo eloxiando e apoiando a Hamás, Hezbollah, os Irmáns Musulmáns, e Irán.
isto provocou unha reacción furibunda de Arabia Saudí, os Emiratos Árabes,
Bahrain e Exipto, que xa viñan tendo diferenzas importantes con Catar.
denunciaron o discurso do emir como un apoio ao terrorismo e romperon relacións
diplomáticas, clausuraron fronteiras e impuxéronlle un bloqueo por aire, mar e
terra. a verdade é que o emir nunca dixera tal. o vídeo era falso. o que foi moi
real foi o boicot que tivo que soportar esa nación.
a ameaza que 'deepfake' representa para a harmonía
social, a democracia e a seguridade internacional é obvia. os antídotos contra
esta ameaza o son moito máis reducidos, inda que hai algunhas propostas. todas
as organizacións que producen ou distribúen fotografías ou vídeos deben
obrigarse a usar bloqueos tecnolóxicos que fagan que o seu material visual sexa
inalterábel. as persoas tamén deben ter acceso a tecnoloxías que as protexan de
ser vítimas de 'deepfake'. as leis
deben adaptarse. hai que facer máis difícil o uso do anonimato na rede. todo
isto é necesario pero nom abondo. haberá que facer moito máis.
temos entrado nunha era
na que a diferenza entre verdade e mentira, entre feitos e falsidades, foise
erosionando. e con iso, a confianza nas institucións e a democracia. 'deepfake' nom é máis que outra arma no
arsenal que teñen á súa disposición os mercadores da mentira.
hai que plantarlles
cara.
tradución
e deturpación por @xindiriz
xindiriz@gmail.com
texto
orixinal por @moisesnaim
it
started with porn
at the end of last year a series of pornographic
videos began showing up on the internet. this is nothing new, but these were
different because they starred some of the world's top actresses and singers.
naturally, they went viral: millions of people around the world saw them. very
quickly it became clear that Scarlett Johansson, Taylor Swift, Katy Perry, and
other artists were not the real protagonists of the sex videos, but rather the
victims of a new technology that - using artificial intelligence and other
advanced digital tools - allows their creators to insert anyone's face into a
very credible video.
and this was just the beginning. it wasn't long before
Angela Merkel, Donald Trump, and Mauricio Macri were also victims of what is
known as 'deepfake'. Barack Obama was
used, without his consent, to exemplify the possible nefarious use of the new
technology. we can watch Obama saying what the forger wants him to but has
never said before. but is it, nevertheless, a very realistic video.
image manipulation is nothing new. authoritarian
governments have a long history of 'disappearing' disgraced leader from
official photographs. and since 1990 Photoshop has allowed users to alter
digital photographs, a practice that has become so common it is considered a
verb by Merriam-Webster.
but deepfake
is different. and much more dangerous. in just the year since the fake
celebrity porn videos appeared, the technology has improved dramatically.
everything about these videos is hyper realistic, and the person's voice and
gestures are so exactly rendered that it becomes impossible to know it is a
forgery without using sophisticated verification programs. and perhaps the
biggest danger of deepfake is that
the technology is available to anyone.
a distraught ex could create (and anonymously
distribute) a video that perfectly imitates the voice, gestures, and face of
the woman who left him and in which she appears to be doing and saying the most
shameful and degrading things. a video fo the police brutally beating an
elderly woman who is participating in a street march could provoke violent
clashes between protesters and the police. the respected leader of a racial or
religious group could incite this followers to attack members of another race
or religion. some students could produce a compromising video of a teacher they
despise. or digital extortionists could threaten a company with disclosing a
damaging video, if the company does not pay a hefty ransom.
the possible
uses of deepfake in politics,
economics, or international relations are as varied as they are sinister. the
release of a video showing a presidential candidate saying or doing
reprehensible things shortly before the elections will certainly become a more
commonly used election trick. even if the candidate's opponent doesn't approve
the hoax, his most radical followers can produce and distribute the video
without asking for anyone's permission.
the counterfeit videos' potential to cloud relations
between countries and exacerbate international conflicts is also enormous.
and this is not hypothetical. it has already happened.
last year, the Emir of Qatar, Tamin bin Hamad al-Thani, appeared in a video
praising and supporting Hamas, Hezbollah, the Muslim Brotherhood, and Iran. this
provoked a furious reaction from Saudi Arabia, the United Arab Emirates,
Bahrain, and Egypt, countries that already had strained ties with Qatar. they
denounced the emir’s speech as supporting terrorism, broke diplomatic
relations, closed the borders, and imposed a blockade by air, sea, and land. the
reality, however, is that the Emir of Qatar never gave that speech; while the
video that escalated the conflict was not produced with deepfake technologies it was sufficient to provoke a dangerous
escalation of the conflict that was already simmering. the video was still a
fake but the boycott that resulted is very real, and remains in force.
the threat that deepfake
represents to social harmony, democracy, and international security is obvious. the antidotes to this threat are much less
clear, although there are some proposals. all organizations that produce or
distribute photographs or videos should be forced to use technology blocks that
make their visual and audio material unalterable. people must also have access
to technologies that protect them from being victims of deepfake. laws must be adapted so that those who defame or cause
harm to others through the use of these technologies can be brought to justice.
the ease with which it is now possible to operate anonymously on the web should
not be tolerated. all this is necessary, but insufficient. We will need to do
much more.
we have entered an era in which the ability to differentiate the truth from
lies, facts from fiction, is being eroded. And with it, trust in institutions
and in democracy. deepfake is another
new and powerful weapon in the arsenal that the merchants of lies have at their
disposal.
a pregunta é insistente cando nos comunicamos con eles: profe, cando
volvemos a clase?
imaxino un aula da eso chea ou corredores ateigados de alumnos e, como xefe
de estudos dun centro educativo, case sinto pánico e comprendo o lonxe q inda
estamos desa situación.
para todos está sendo duro o confinamento e precisamos volver pronto á 'normalidade'.
pero algúns temos a fortuna de vivir en pisos cómodos con dispositivos
electrónicos q nos conectan co resto do mundo. eu, como profe, ademais estou
certo de q o meu posto de traballo nom corre ningún perigo.
pero hai outros mundos. unha parte do meu alumnado nom ten na casa
ordenador nim espazo onde estudar, comparte pisos pequenos con familias
numerosas e nom sabe se súa nai ou seu pai van seguir traballando a semana q
vén.
sempre entendín o centro educativo como un servizo público e máis inda
en tempos difíciles. nom somos un lugar onde só se imparte clase, podemos ademais ser un comedor,
unha biblioteca ou unha secretaría ... tamén vexo a nosa orientadora, Ana,
exercendo moitas veces como psicóloga de garda ou a calquera titora facendo as
veces de traballadora social vocacional.
nom hai sistema educativo máis desigual q o modelo a distancia q nos temos visto
obrigados a construír en só uns días. unha parte do alumnado, o máis
vulnerábel, simplemente está desaparecido, e o profesorado, desde as nosas casas,
nom temos todas as ferramentas q quixeramos para axudarlles.
por todo iso, a apertura dos centros educativos nom debe esperar a q
poidamos dar clase a todo o alumnado, pois esa situación quizás nom se dea ata
setembro ou incluso máis tarde. agora q as cifras comezan a deixarnos respirar
e se comeza a falar de como vai ser a volta, permitinme imaxinar como debería
ser a desescalada educativa.
por suposto, o primeiro é a saúde e sempre se deberán respectar de
xeito escrupuloso as medidas de seguridade e os prazos recomendados polos
especialistas sanitarios.
por se a alguén lle interesa, propoño catro fases:
UN. finalizado o estado de alarma, o centro
educativo volve abrir as súas portas só con membros do equipo directivo e do
persoal nom docente, en servizos mínimos. prepárase o centro para as fases seguintes cunha desinfección a
fondo e recibindo da admon subministracións de máscaras, xeles, luvas,
termómetros infravermellos, ...
DOUS. o profesorado comeza a acudir ao centro,
pero só un día á semana, mentres q os catro días restantes segue co traballo a
distancia. o obxectivo aquí é a atención prioritaria do alumnado máis vulnerábel mediante titorías presenciais. o centro pode por a disposición do alumnado sen un lugar de
traballo en casa, a biblioteca ou outros espazos onde poidan permanecer, sempre
gardando as medidas de seguridade e distanciamento correspondentes.
TRES. do modelo de educación a distancia
pasariamos a outro de educación semipresencial: reiniciaríanse as aulas pero
con grupos moi reducidos; por exemplo, un grupo de 30 alumnos se subdividiría en cinco grupos de seis.
cada alumno iría ao IES só un día á semana para o seguimento do traballo feito
na casa.
no caso do meu IES, onde temos uns 600 alumnos en horario de diúrno, se
asisten de xeito rotatorio un día á semana, habería un máximo de 120 alumnos
distribuídos nunhas 20 aulas. o profesorado podería traballar dous días á
semana de xeito presencial no IES e os tres días restantes tele-traballaría na
súa casa.
CATRO. recupéranse as aulas presenciais tal e
como as coñeciamos antes do coronavirus, é dicir, con aulas e corredores cheos
de alumnos. o paso da fase 'tres' á fase 'catro' deberíase efectuar dun xeito
escalonado, cando nom exista xa risco sanitario ningún.
mentres chega o momento de aplicar as diferentes fases, encerrados nas
nosas casas temos tempo para reflexionar. esta crise ten posto de manifesto q hai que coidar máis q nunca todo o público, comezando pola Sanidade e seguindo pola Educación, porq se ao profesorado se lle
exixe q traballe a competencia dixital, debería dispor de aulas mellor dotadas, porq
se ten posto de manifesto q as ratios de 30 alumnos por aula nom son sostíbeis, xa nom só por motivos
educativos, senón tamén epidemiolóxicos e porq tal vez deberiamos falar máis de
educación e nom só de avaliación, titulación e promoción.
ao final volveremos ás aulas, iso seguro, pero en centros educativos
onde nada vai volver ser o mesmo. porq todo está cambiando e confío q ese cambio sexa para mellorar.
texto orixinal por @mjanguita, publicado en 'eldiario', 10abr2020
tradución e deturpación por @xindiriz xindiriz@gmail.com
rematei antes do que pensaba. quizás porque o teu libro
se vai acelerando conforme se chega aos últimos capítulos. é como se tiveses
presa por concluílo, como se levases demasiado tempo atado á mesma historia, á
vez canso e borracho dela, e cando notas que estás aproximándote ao alivio de
nom ter que continuar escribíndoa mais tamén experimentas a anguria dunha
despedida que vai ser para sempre.
o teu protagonista ten sido vencido e derrúbase na
vellice e ti transmites o peso da túa, as túas enfermidades e a túa deterioración,
soa a vida humana corre ao seu fin
lixeira máis que o vento, di o apócrifo Cide Hamete Benenxeli, filósofo
mahomético, e unhas páxinas máis tarde é a túa propia voz no capítulo
final, como as cousas humanas nom sexan
eternas, indo sempre en declinación dos seus principios básicos ata chegar ao
seu último fin, especialmente as vidas dos homes …
decátome que este teu libro é unha especie de rexistro
xeolóxico das etapas da túa sensibilidade, de cómo concibes a literatura e como
te relacionaches con ela. comezaches a escribilo con cincuenta anos e xa
pasaron case vinte. daquela inda tiñas próximas as aventuras infortunadas e
fantasiosas da xuventude, o resplandor das batallas no mar e a duración sen
esperanza do cativerio en Arxel, a euforia da liberación, o lento desgasto dos
oficios indecorosos e o traballo literario sen recompensa, a vida nos camiños,
sempre dun lado para outro, o refuxio de escribir, e de ler.
agora, vello, case nom saes das rúas miserentas e estreitas
da capital, e teste resignado a un raro xeito de éxito que nom te rescata da
pobreza nim da escuridade, ao contrario que Lope, a quen sei que admiras e detestas, porque el trunfou, no teatro, na poesía, e ti nom. pero inda así conservas o sentido do
humor e o gusto por contar, a fascinación pola vida e polas falas. a comicidade
desta segunda entrega é menos escatolóxica que a da primeira, pero nom menos
efectiva, se ben o relato de continuas mofas que sofren tanto o Quixote como Sancho
ten agora o contrapunto da crítica aberta aos que se mofan. os anos volvéronte
máis sensíbel á brutalidade da mofa, que se ceba con tanta asiduidade nos
débiles e nos inocentes, nom son as mofas
as que doen, porque nim hai
pasatempos que vallan, se son con dano de terceiros.
unha caterva de criados fachendosos asalta a Sancho na
metade da noite, no seu pazo de falso gobernador de Barataria, finxindo
unha invasión de inimigos, e Sancho cae ao chan morto de medo, sendo pisado e
golpeado, e nom por velo caído aquela
xente burladora lle tiveron compaixón algunha.
despois de tantos episodios de aparatosos enganos
barrocos postos en escena no pazo dos duques, inopinadamente, hai un cambio de ton,
como algo que de súpeto se che ocorre e decides nom evitar, e di máis Cide Hamete, que ten para si ser
tan dementes os burladores como os burlados e que nom estaban os duques dous
dedos de semellar parvos, pois tanto se esforzaban en burlarse de dous parvos.
na primeira parte o relato interrompíase a cada paso pola
irrupción da literatura, no relato da vida nom hai lugar para o heroísmo nim
para o extraordinario e a linguaxe confúndese coa fala ou cun estilo plano e
rápido que é a taquigrafía que permite apresar o fluxo desordenado e veloz das
cousas, na literatura os personaxes son excepcionais ou heroicos e os
acontecementos misteriosos e con frecuencia fantásticos e os finais sorprendentes
e a linguaxe rica e elevada e libre das improvisacións e as impurezas da fala.
sei que para ti a prosa son libros de cavaleiros, novelas
de pastores e pastoras, melodramas de namoramentos e viaxes prodixiosas, de
azares sorprendentes que volven reunir amantes ou pais e fillos separados
durante moito tempo. por iso, a orixinalidade nom é ter superado esas
convencións para mudar en literatura a vida cotiá, é atopar a maneira de
contala e á vez indagar o lugar que a ficción ocupa na vida, a tensión
permanente entre a experiencia e a súa representación, entre a necesidade
humana de ver as cousas como son e a outra necesidade nom menos perentoria de
descansar do real evadíndose unhas veces da súa monotonía e outras da súa
desorde.
agora xa nom cedes case nunca á tentación do fantasioso e
do romántico, pero iso nom quere dicir que esa posibilidade da literatura xa
nom che importe. o último que sei que andas a escribir é o prólogo do teu fillo
predilecto, ese fillo que só ti entendes porque para todos nós é exótico e moi
pouco accesíbel e no que intúo que estás tratando de despregar todas as túas
capacidades imaxinativas e todo o luxo da túa potencia expresiva, os personaxes
heroicos con nomes extravagantes, as xeografías inusitadas, as aventuras e os
encontros milagreiros que son motivos de parodia neste libro, no teu fillo
predilecto, ese que escribes nas albas roubándolle ao sono, están contados
perfectamente en serio.
prognostico que, ao teu pesar, pasarás por ser un dos
nosos maiores anovadores, porque coñeces perfectamente a tradición que a túa
propia orixinalidade volverá anacrónica, sen ti desexalo e pola túa propia man.
a túa parodia é máis eficaz porque o que ti mesmo escarneces está xusto no
celme do teu corazón.
querido Miguel, quen ten amado tanto os enganos da
literatura nom accede a enganarse nunca sobre o real. a falacia sentimental,
tan literaria, sempre a atallas dun machadazo. o teu heroe morre e todos están
a choralo mais, con todo, comía a
sobriña, brindaba a ama e aledábase Sancho, que isto do herdar algo borra ou
tempera no herdeiro a memoria da pena que é razón que deixe o morto.
o sarcasmo da realidade quebra sempre o alivio da literatura. pero, amigo Miguel, vivamos algo máis este alivio.
na
Antigüidade o tempo agromaba do pasado, que sempre era perfecto, unha idade de
ouro que se derramaba por riba dun presente degradado que tiña débeda perpetua
con ese pasado ideal para nom desprenderse definitivamente del. unha débeda de
memoria, de culto e palabra que desexaba retrasar a chegada dun futuro nefasto xa
anunciado, un futuro de destrución natural e cultural que precedería a un novo
comezo na roda do tempo.
a
chegada da modernidade viviuse como a liberación do presente en relación a débeda
impagábel co pasado e os antepasados, unha revolución contra o curso cíclico e
repetitivo das estacións que abría a porta a un futuro nom programado, fonte
tanto de temores como de esperanzas.
mais
nom se tardou moito en mudar o presente moderno nun tempo novamente hipotecado,
obrigado a pagar unha débeda infinita, esta vez co futuro, que forzaba a
sacrificar a herdanza do pasado e o modesto capital do presente no altar dun
porvir de excelencia sublime e xustiza cumprida.
o
retraso na chegada deste futuro prometido soportábase grazas á confianza en que
o curso do tempo estaba rexido por unha forza sobrehumana equivalente a un
destino, a lei do progreso que garantía que, a forza de acumular esforzos, o
futuro sería necesariamente mellor que o presente.
mais
houbo un momento no que os acontecementos históricos –principalmente as guerras
mundiais e as ‘crises’ económicas– fixeron case imposíbel esta narración da confianza
e transparentouse en exceso a ficción da fe no progreso como regra da sucesión
temporal das accións humanas.
agora,
un novo credo filosófico, o 'realismo especulativo', parte da premisa de que o
futuro se independizou completamente do presente. o futuro xa nom é o resultado
ou a consecuencia do progreso acumulado polo pasado e polo presente e tense
convertido no epicentro desde o cal mana o tempo. hoxe, presente e pasado
defínense a respecto del.
como
ocorre cos 'derivados', eses produtos financeiros, é o futuro –o valor de futuro
'inventado' dun xeito puramente especulativo– o que fixa o valor do presente e
o que pode deixalo definitivamente acantoado como 'cousa do pasado' ou manter
viva a súa vixencia.
o
futuro é, de certo xeito, máis 'real' que o presente e o pasado, pois decide o
sentido e duración destes últimos, mais á vez é algo puramente ficticio, que,
'de feito', nunca se ten dado e que podería nom darse xamais.
si,
cousa de tol@s. como pode o ficticio por definición (porque inda nom existe), o
que nom pode ser nunca totalmente anticipado, funcionar como algo 'máis real
que a realidade' e someter ás súas 'fantasías' o existente e o subsistente? de
feito, este 'realismo' unicamente se pode pensar con axuda da ficción,
especialmente da ficción distópica (1984,
un mundo feliz ou mad Max).
así
xa podemos imaxinar un mundo no que trunfe o dataísmo (a nova relixión dos datos, especialmente dos big data que só poden manexar e procesar
algunhas das grandes empresas de comunicación), o intento de reducir a vida a
procesamento de información e a unha serie de algoritmos predicíbeis que, sen
necesidade de conciencia, poderían coñecer os organismos mellor do que eles se
coñecen e prever 'especulativamente' o seu comportamento futuro.
un
dos corolarios deste dataísmo é,
segundo Yuval Noah Harari, que os
humanos, considerados como individuos, poderían perder interese e valor desde o
punto de vista económico e militar, salvo unha pequena elite de humanos
'mellorados'. e isto é compatíbel tanto coa economía de mercado e como coa
tecnoloxía científica.
deste
xeito o futuro nom só tería substituído ao presente como fonte de valor, senón
que, como dicía Günther Anders, o
home tería quedado obsoleto como medida da política, da economía, da guerra ou
da ciencia, pois as súas capacidades resultarían superadas polas das máquinas
intelixentes. en calquera caso, a distopía semella ter substituído á utopía
como xénero literario 'futurista'.
así,
con ocasión da última ‘crise económica’, tense fabricado o poscapitalismo, un novo xénero de ficción dedicado a especular cun
escenario no que teña desaparecido ese gran monstro. mais incluso nesas obras,
a pars destruens –a descrición da
distopía capitalista– é moito máis apaixonante que a da súa alternativa
poscapitalista.
úsase
unha e outra vez a sombra dos totalitarismos nada especulativos do s. XX que, sen
necesidade de dataísmo nin algoritmicismo, trataron os seres
humanos desde o punto de vista económico e militar como se a súa
individualidade lles importase menos que nada, excepción feita a duns poucos
humanos selectos.
mais
tamén se usa unha e outra vez esa sombra para desviar a atención do feito que dataísmo e algoritmicismo son compatibles, como dixemos, co neoliberalismo dono
das democracias liberais. son, de feito, as súas últimas e actuais evolucións.
e,
unha outra vez, a ficción difunde a ‘certificación’ da excepcionalidade e a inviolabilidade
do ser humano. outra cousa é que a praxe da ‘máquina democrática’ sempre respecte
o que din defender as súas leis e documentos oficiais.
@xindiriz
tradución e deturpación do artigo orixinal de JOSÉ LUIS PARDO, que viene el futuro
Allen Ault semella un vello tranquilo e educado. mais cando
se mira ao espello, o que ve é un asasino, alguén que matou con premeditación e
nunca foi perseguido por telo feito. entre o 29 de xuño de 1993 e o 17 de maio
de 1995 ordenou cinco execucións na prisión estatal de Jackson, Georgia. era o
responsábel do sistema penal. e como tal, o encargado da pena máxima, ‘outros
delegaban, eu nom, eu daba as ordes e víaos morrer’.
fala con firmeza. ás veces rise de si mesmo e outras
chora. di que se esforza todos os días por chegar á celebración do seu seguinte
aniversario. ten pasado moito tempo, pero todo segue aí, na súa cabeza,
disposto a volver e acoitelalo. é unha porta que nom pecha.
dentro agardan os presos que ordenou matar. entre
eles, Christopher Bulger e Thomas Dean Stevens, que asasinaron en 1977 a Roger
Honeycutt, roubáronlle 16 dólares, violárono, pechárono dentro do seu coche e
botárono a un lago para que afogase dentro del.
‘nom se pode xustificar o que fixeron, mais tiñan 17 e
19 anos cando entraron na cadea e máis de 34 cando foron electrocutados.
coñecinos. estudaron, aprenderon, cambiaron. nom eran os mesmos cando morreron.
e foron os primeiros que executei. Bulger tiña escasa capacidade mental. as
súas últimas palabras foron: por favor, perdóame'.
logo mira o xornalista e conta o que sabe que ten que
contar. na prisión de Jackson, a cámara da morte ocupaba 14 m2: rectangular,
luz e paredes brancas, coa cadeira feita a man, de madeira escura, cos eléctrodos,
cables e correas percorréndoa por fóra.
a preparación era minuciosa. o día anterior sacábase
ao preso do corredor da morte e conducíaselle a unha cela contigua á cadeira
eléctrica. o capelán pasaba a maior parte do tempo facéndolle compaña. nas
horas finais, rasurábanselle e depilábanselle as pernas e os brazos. logo, nos
últimos minutos, pasábaselle con delicadeza unha esponxa húmida.
na sala permanecía un garda. o reo, atado coas correas,
quedaba ante un cristal de dous metros de longo por un de alto a través do cal as
testemuñas podían ver todo o que pasaba no outro cuarto. antes da execución era
frecuente oílos rir. unha risa nerviosa, incontíbel. 'nunca se conta, mais é o habitual’.
as risas atravesaban as paredes, inundaban a cámara,
metíanse no cuarto onde agardaban os familiares do condenado. 'tiña que
explicarlles que aquilo era unha reacción nervosa'.
eu regresaba e situábame noutra sala, de costas ao
recluso. a través doutro cristal, podía ver a caluga do condenado, os seus
ombreiros, os cables e as testemuñas. cando xa estaba todo listo e o preso tiña
dito as súas últimas palabras, o garda indicáballo cunha sinal. Ault revisaba
os tres teléfonos instalados a carón seu: o do Tribunal Supremo, o do gobernador
e o da comisión penal. se ningún soaba, daba a orde: 'chegou a hora, Brad'.
Brad era o electricista. nunca asomaba a cabeza polo
cristal. tampouco dubidaba. simplemente apertaba o botón e desaparecía. Ault si
que miraba. a lostregada estalaba na súa pupila, un abismo de 2000 voltios, 'a
corrente percorre o corpo do preso, sacódeo. a electricidade vese, óese e ata
cheira'.
as testemuñas quedaban mudas, 'a algúns había que
quitalos a rastro e trasladalos ás súas casas. nunca repetían'. mais antes
había que entrar na sala. entre o cheiro a carne queimada e deposición, o
médico certificaba a defunción. un forense practicaba a autopsia. como causa do
falecemento apuntaba homicidio.
todo o procedemento era supervisado por Ault, que falaba
cos parentes, recibía os documentos, e controlaba a retirada do cadáver.
despois volvía a casa solo. nom durmía; nom podía. inda hai noites que nom é
capaz.
xa pasaron máis de 20 anos desde a última vez. a voz
do verdugo superponse ao fío musical que soa no bar anódino no que están. é
lenta, grave, ás veces baléirase.
confesa que debe ter coidado e dosificarse. nom pode
contalo todo, nin demasiadas veces. durante décadas gardou silencio. viviu en
Colorado, Florida, Washington DC. refixo a súa carreira, chegou a decano de dereito
da Universidade de Kentucky Oriental. mais nunca puido escapar do horror, 'eu
quería axudar á xente, nom matala'.
Ault estudara psicoloxía. logo de doutorarse en
Georgia, foi contratado para deseñar o proceso de clasificación e diagnóstico
dos presos. pouco a pouco ascendeu ata dirixir o sistema penal estatal. o seu
centro foi o designado en Georgia para levar a cabo as execucións e, cando
chegou o momento, nom era a primeira vez que se enfrontaba á morte. nos 50s
servira na Guerra de Korea, 'aquilo era defensa propia, eu tiña un arma e o
inimigo tamén. na cámara da morte nom hai azar, todo está ensaiado e premeditado
ata as súas últimas consecuencias. digámolo claro, é un asasinato'.
na súa primeira execución, sentiuse coma un criminal.
e a cousa foi a máis, 'o meu departamento tiña ao seu cargo 1000 millóns de
orzamento, 15000 empregados e 38000 presos; a pena de morte representaba unha
fracción mínima do meu tempo, mais acabou consumíndoo todo'.
en 1995 marchou de Georgia convencido de que era un
monstro. sufría desorde postraumático. o pasado engulía o seu futuro.
afundíase. un fenómeno habitual. el mesmo conta historias doutros verdugos
rotos que acabaron consumidos polo alcohol ou pegándose un tiro, 'eu salveime
porque estaba adestrado para axudar e aferreime a esa idea para sobrevivir'.
'sigo pensando no que fixen. inda vexo as súas caras
nos meus pesadelos. inda que nom lembro todos os seus nomes, sígueme afectando,
golpéame. rememoro as execucións. e síntome culpábel. si, si, trato de
racionalizar o que fixen pero nom funciona. tiña familia, hipoteca, gastos, era
legal, mais todo iso nom val de nada; podería ter feito outras cousas. seino e
por iso me sinto culpábel'.
durante décadas, Ault arrastrou o seu pasado en
silencio. protexíase de si mesmo, ata que fai uns anos un profesor universitario
lle pediu que contase aos alumnos o que pensaba da pena capital. o seu relato
estremeceu aos estudantes: desde entón loita contra as execucións.
'ningunha execución serve para nada, nom evita outras
mortes, nom disuade a ninguén. pretender inculcar o respecto á vida matando é
un desatino. o único que che queda é a vinganza e nin sequera esta abonda para
calmar as familias'.
a proximidade de novas, a proximidade do sangue afunde
a Ault. ten pasado moito tempo, mais ese home de pelo branco vólvese ver a si
mesmo de pé detrás do cristal, mirando os eléctrodos, as testemuñas,
comprobando os teléfonos, dicíndolle a Brad que chegou a hora. e ese momento
nom acaba nunca.
desde os 60s do s. XX ata a quebra
que vivimos, a palabra posmodernidade ten designado toda unha época na historia
de Occidente, unha especie de epílogo que tería tornado líquido o carácter sólido da modernidade clásica (Zygmunt Bauman), e ata gasoso (metáfora bastante máis suxestiva
no Manifesto Komunista de Marx e Engels). A modernidade capitalista, viñan dicir, diferenciábase en
que todo o que tiña sido e semellado firme desvanecíase no aire; un proceso de
sublimación que se precipitou unha centuria máis tarde, cando a prosperidade
subseguinte á hecatombe mundial trouxo consigo –xunto con outros factores– un
novo espírito do tempo. Da moral puritana pasouse ao ethos individualista e hedonista; do auxe dos ídolos ao seu, so aparente,
crepúsculo; da sucesión de estilos puros á súa promiscuidade; das utopías que
buscaban a consumación do futuro ao culto á consumición do agora; e, finalmente,
da reverencia á Verdade unha e maiúscula á coexistencia de verdades relativas,
minúsculas e plurais.
en 1979, François Lyotard oficiou o bautizo da época recen nada, collendo
prestado o vocábulo da xerga arquitectónica: confrontada á seriedade e a
coherencia, a conciencia social e a subordinación da forma á función propias da
arquitectura moderna –a de Lloyd Wright,
Le Corbusier ou a Bauhaus–, a arquitectura posmoderna
sería estetizante, incoherente e xovial, ecléctica e sincrética incluso, moito
menos atenta á función que á forma e o seu embruxo. A dilapidación abigarrada e
kitsch de As Vegas foi loada, por Robert Venturi, como o rutilante
emblema desa arquitectura; metáfora á súa vez de toda unha época que culminou
cara 1990, cando o neoconFrancis
Fukuyama decretou o presunto ‘fin da Historia’ e o trunfo sempiterno do
capitalismo.
con substancial razón, Lyotard
observou que a característica máis distintiva de tal posmodernidade era a caída
das grandes narrativas que sustentaran o edificio moderno, isto é, da
ideoloxías emancipadoras que o inspiraran desde, cando menos, a Ilustración de Kant e Voltaire ata a oufana década dos 60s. O derrubamento apenas deixou marioneta
con cabeza. En primeiro lugar, o milenario relato cristián da emancipación
redentora deveu en asunto de elección persoal, e xa nom en dogma de fe
obrigado, nun Occidente embriagado pola secularización, a liberdade sexual e a
tecnolatría. En segundo lugar, o relato ilustrado da emancipación da ignorancia
e a servidume pola educación e a Razón sufrira unha dobre erosión, debida por
unha banda aos totalitarismos xerados na culta Europa, e pola outra ao crecente
dominio dunha razón cruamente instrumental que, alén da esfera económica,
estaba a engulir múltiples vertentes da vida pública e privada. En terceiro
lugar, o relato liberal-burgués que prometía a emancipación da pobreza grazas
ao mercado libre foi cuestionado pola flagrante desigualdade na distribución da
riqueza –dentro dos Estados e entre eles–, e por un espolio medioambiental que
comezou entón a facerse patente, sobre todo cando o Clube de Roma alertou sobre os límites do crecemento. E por último,
o gran relato marxista das maiorías mediante a socialización dos recursos –a cada
quen segundo a súa capacidade, a cada quen segundo a súa necesidade: esa
auroral utopía que galvanizara o mundo– resultou en fusca distopía cando a
dobre caída do muro de Berlín e a URSS revelaron o horror do estalinismo,
décadas antes denunciado por pensadores como Camus, Merleau-Ponty ou Koestler.
a posmodernidade que resultou de
semellante afundimento mostra, vista con perspectiva, un saldo plural de
virtudes e defectos, como calquera época histórica. Entre as virtudes cóntase a
extensión das liberdades, garantías e dereitos; a medra das clases medias e o
acceso ao comfort e ao consumo dunha
porción das subalternas; o reemprazo das ríxidas ortodoxias pola heterodoxia e
o relativismo; a relaxación dos tabús e os dogmas, así como a atmosfera de
tolerancia e pluralidade asociada á vida urbana. Por vez primeira na historia,
millóns de persoas outrora desposuídas sentíanse chamadas a sentarse á mesa dos
escollidos, en alas do Estado-providencia e, ante todo, dun Progreso en
aparencia imparábel. A finais dos 90s, cando tamaño soño culminou, Europa e o autoproclamado
‘Primeiro Mundo’ semellaban un balneario de instalados e rendeiros, cuxos
inexpugnábeis muros contiñan as ondas de indixencia planetaria.
entre as carencias e defectos da
posmodernidade, nom obstante, debe incluírse a desactivación do talante e do
talento críticos, tan patente nos ámbitos pedagóxico e político. Ou a tendencia
a abeirar a problemática do mal en beneficio dun narcisismo que atrofia os vínculos
solidarios, fomenta a desafiliación e induce o ‘declive do home público’, en
palabras de Richard Sennet. Ou o
relevo da ética do ser pola do ter, alentado por un consumismo baseado na
creación de necesidades e desexos superfluos. Ou a substitución das ideoloxías continentais por un arquipélago de
illotes ideolóxicos –feministas, ecoloxistas, poscolonialistas ou identitarias–,
tan dispersos que se mostran incapaces de enfrontar a tecnoburocracia
globalizada. Ou a anemia dun pensamento de esquerdas confinado ao reduto
erudito, que a forza de ser servil resulta inofensivo e inane.
engádanse a tales penurias outras de
comparábel fuste, a fin de outear a paisaxe. Así, a rampante mercantilización
da práctica totalidade dos ámbitos sociais, incluídos os de carácter espiritual
e artístico. E a erosión da fráxil secuencia temporal humana nunha época
sinalada, en palabras de Fredric Jameson,
por nom saber nin querer pensarse historicamente. E a proclividade, alentada
pola sociedade do espectáculo, á trivial estetización da economía e a política,
da ética e a cidade, do corpo e os sentimentos, da natureza e a guerra. E a
irresponsabilidade de boa parte dos cidadáns, que á súa condición de súbditos
que se ignoran –dunha democracia roída pola demagoxia, a corrupción e o
decisionismo, por certo– engaden o desvarío de sentirse cómplices do mesmo
sistema que os somete, como se ve neste transo aciago. E, en fin, a miopía
dunhas xeracións que se creron propietarias dun presente pletórico e eterno,
unha utopía do agora e o aquí que ten hipotecado o porvir das futuras.
duns anos a esta parte, sexa como
fose, esa ambivalente posmodernidade dá mostras de patente agonía, arrancada da
súa quimera xovial por unha cadea de sismos no que Occidente se xoga o benestar
que lle queda, ameazado extramuros por unha globalización que está desprazando os
centros de control e riqueza cara ambas ribeiras do Pacífico. E ameazado tamén,
intramuros, polo case unánime delirio de opulencia que nos ten emprazado ante o
precipicio: ideolóxica, política e eticamente desarmados cando máis urxente
resulta dispor de criterios para conducirnos con tento, conciencia e temperanza,
inspirados por esa antiga sabedoría humanista que suxestiona a autolimitación e
a mesura. É hora de espelirse: a posmoderna choqueirada rematou. A crise de
época que atravesamos está tendo xa, xunto á súa cohorte de efectos indesexábeis,
o desexábel de conxurar a estulticia política, ética e estética que por
desgraza colea inda. E tamén el de urxirnos a rehabilitar a plural herdanza do
Humanismo e a Ilustración neste novo tempo cheo de penumbra, a fin de tornarnos
lúcidos e éticos, sobrios e solidarios, cívicos e compasivos. Coas debidas
cautelas, será mester poñer ao día os vellos idearios de emancipación e concibir
outros de cuño actualizado e distinto, porque ao espertar a modernidade
capitalista segue inda aí, inda que máis desregulada, ensoberbecida e
dixitalizada que nunca.
LLUÍS
DUCH & ALBERT CHILLON
artigo
orixinal publicado en El país, 25
febreiro 2012, páxina 27 tradución
e deturpación por @xindiriz
Pablo Ráez e a súa moza
www.marbella24horas.es
do facebook personal de Pablo
está a ser demasiado frecuente facer
gladiadores dos enfermos, coma se tivesen que ser unha especie de atletas
olímpicos aos que se lles esixe loitar a cambio da súa curación: ideoloxía neo-liberal
pura e dura trasladada ao mundo da saúde. unha ideoloxía que nom fai máis que dividir
a sociedade entre gañadores e perdedores. Pablo Ráez nom era un loitador porque
era un doente, unha vítima de algo tan inxusto como sufrir leucemia.
facer del un loitador é facelo responsábel da
súa curación, ocultando que para sandar nom hai nada máis decisivo e eficaz que
o investimento público en investigación médica e na calidade do sistema público
de saúde. se nom fose abondo a perversión, cando unha persoa fina, que na
linguaxe neo-liberal é sinónimo de que nom loitou abondo, o responsábel de
perder a batalla é o propio doente. unha perversidade monstruosa.
a leucemia é un mal que ninguén o elixe. polo
tanto, ninguén elixe ter que loitar contra ela ou contra calquera outra
enfermidade. os doentes sofren e o éxito da súa curación depende dun
diagnóstico precoz, dun bo tratamento, de que se invista en investigación e de
que sexan atendidos por un bo equipo médico.
algo semellante é facer dos emprendedores unha
especie de heroes que loitan por saír do desemprego en soidade sen dicir que o
máis importante para que un emprendedor teña éxito é o investimento inicial que
lle poida prestar alguén (por exemplo, a familia). agora toca persuadirnos de
que loitar é abondo para curarse: o mesmo ten que vivas en Senegal ou en
Suecia, nunha chabola ou nun chalé de luxo, que teñas acceso a un
sistema de saúde público e de calidade ou que che pidan a tarxeta de crédito
nada máis entrar no hospital.
ninguén sobrevive loitando en soidade, ninguén
cura dun cancro loitando como se fose un campión olímpico, ninguén se fai
empresario de éxito só tendo unha boa idea de negocio, ninguén consegue os seus
obxectivos a base de soños, ninguén deixa de ser un excluído social poñendo boa
cara. nada, absolutamente nada, se soluciona cunha frase de auto-axuda.
abonda de facer de calquera faceta da nosa vida
un feito individual no que dependemos exclusivamente de nós mesmos. ninguén se
fai a si mesmo, a frase favorita da insolidariedade, o individualismo e a falta
de empatía. facémonos uns aos outros, na saúde e na enfermidade. en lugar de
esixirlle ás persoas enfermas que loiten, sería máis útil que loitaramos nós
por eles e por nós, por todos, e que, cando menos, deixaramos de votar aos que
recortan, de xeito homicida, os investimentos en investigación científica e no
sistema público de saúde.