proxectos

Mostrando entradas con la etiqueta Lucas Senande López. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lucas Senande López. Mostrar todas las entradas

27.9.19

stop cambio climático

hai moitos anos que se empezou a advertir das consecuencias que tería o cambio climático no noso planeta, sen embargo, parece que é agora cando se nos comunica que estamos a 30 anos de que a situación sexa insostible cando parece que estamos empezando a espertar.

por un motivo ou outro, estamos aquí hoxe, pedindo acción aos gobernos que actúen contra a catástrofe que se precibe desde os anos 80. estamos aquí, protestando porque sabemos que de seguir así, nom nos falta demasiado para a crise climática.

preguntámonos o porque os nosos líderes nom actúan, por que nom se moven cando estamos cerca da apocalipse, o porque nom fan nada mentres ‘a nosa casa está ardendo’. Creo que todos en certo punto están preocupados polo cambio climático e todos pedimos acción dos poderes maiores en certa medida.

sen embargo, cremos que é a hora de deixar de esixir acción, é a hora de que nós sexamos os que pasemos á acción. os nosos representantes, aínda que nom o parece, están actuando, abondo?, nom, pero están actuando. o actual goberno europeo, por por un exemplo, quere eliminar os plásticos dun só uso para o 2021, medida que nom faría falta se de verdade intentásemos ser ecoloxistas e parásemos de consumir plástico de forma excesiva.

é o momento de deixar de culpar aos que mandan e producen e ser nós tamén os que leven a cabo as accións ‘verdes’ que pedimos, pedir que os gobernos actúen é inútil se nós nom poñemos da nosa parte. podemos evitar a traxedia se cada un toma as accións convenientes. unha persoa soa non pode cambiar o mundo, temos que ser todos os que causen a reversión do cambio climático.

que loiten os gobernos coas medidas que poidan pero que nós sexamos o motor do movemento ecoloxista, que nom sexa un activista, dous ou tres os que fagan o traballo, o cambio climático é un problema de todos, e a solución ten que vir de todos.
nom nos custa nada apagar as luces, consumir menos plástico e produtos que non se poden aproveitar despois. de maiores nós traeremos o cambio no goberno se aínda nom se fixo, pero nom podemos esperar. hoxe traemos o cambio na rúa, nas casas e nos parques. é o momento de deixar de esperar a que se pechen as petroleiras, é a hora de que mentres nom se pechen, deixemos de usar o plástico que elas producen a partir do petróleo.
pidamos acción desde arriba mentres nós a realizamos pola nosa conta desde abaixo.

texto escrito e lido por Lucas Senande López en representación dos seus compañeirxs
IES Laxeiro, 27 de setembro do 2019

adaptado ás convencións deste blogue por @xindiriz

8.2.13

dous poemas e un contiño ...

hoxe un convidado especial ...


lucas senande lópez, unha persoa que "detesta escribir,"

el mar. el mar azul no tiene final. todos los días juega a la pillada con los peces, no esta solo. pero por la noche mira la luna con tristeza deseando volver al río donde nació y nunca volverá a su lugar, a su añorado lugar. mi amado mar


as nubes. oh nubes soño coas tuas mantas de algodón. as tuas gotiñas nos alimentan e nos hidratan. todos soñan con tocar as túas suaves mantas y recompensarte por nuestro amado mar.

porque seica lle leva moito tempo


el zapatón mágico. un día en el bosque lucas el cuerpoespín celebro la fiesta nocturna. vinieron martín el lobo, yoshua el erizo, chenck el buho y cristian el murcielago. en la fista había mucha comida. luego vino hugo topo. hugo empezo a cavar y encontró un hilo y excavo metros para ver que había. entonces martín oyo depredadores. lucas y johua se camuflaron para parecer rocas. martín se puso en posición de ataque, chenck se puso en una rama con cristian y hugo seguía cavando entonces lucas dijo:
- ahí madre del topo - 
eran 10 lobos con rabia. hugo encontró un zapatón gigante y todos se pusieron en el y el zapatón les dio a los lobos tan fuerte que llegaron a alpha centauris. y siguieron con la fista felices.

NOTA: decidiuse respectar absolutamente tanto o vocabulario como a puntuación do autor. excepto as maiúsculas, claro

arkivos

visitantes