proxectos

25.8.25

peixes cegos

era habitual dos tugurios máis espesos. a un deles, na contorna de Lugo, levou unha amante, pero deixouna na barra diante dunha copa e perdeuse naquel labirinto abrazado a unha muller máis nova.

ela estaba casada e dicía ter cada paixón ocupando o seu lugar respectivo, pero namorouse daquel home ata o fondo onde rebolen os peixes cegos sen interese algún por experimentar a superficie.

imaxe, Shutterstock - copista, Ana - avoa, María - escrito rescatado, HR5025 - biblioteca, Beiras

No hay comentarios:

visitantes