proxectos

25.10.26

29N: como se adxudica o último escano? o caso da provincia de Pontevedra

LO5/1985, 19xuñ, do réxime electoral xeral (LOREX), establece as regras para transformar os votos en representantes nas eleccións ao Congreso dos Deputados. o 29nov2026, nas eleccións xerais, volveremos aplicar este sistema para decidir quen ocupará os 350 escanos da Cámara Baixa.

1. a regra de reparto: a lei D’Hondt

 

A163 - LOREX regula a atribución de escanos nas eleccións ao Congreso. O procedemento pode resumirse en cinco pasos:

 

A, exclusión das candidaturas minoritarias. nom se teñen en conta as candidaturas que nom acaden, cando menos, o 3 % dos votos válidos emitidos na circunscrición.

 

B, ordenación dos resultados. ordénanse as candidaturas restantes de maior a menor número de votos.

 

C, cálculo dos cocientes. divídese o número de votos de cada candidatura por 1, 2, 3, 4 … ata o número de escanos que se reparten na provincia.

 

D, adxudicación dos escanos. selecciónanse os cocientes máis altos de toda a táboa, por orde decrecente. cada cociente seleccionado atribúe un escano á candidatura correspondente.

 

E, resolución dos empates. se dous cocientes coinciden, o escano atribúese á candidatura con máis votos totais. se tamén hai igualdade de votos, o desempate resólvese por sorteo.

 

os escanos que obtén cada candidatura adxudícanse ás persoas que figuran na súa lista, seguindo a orde establecida nela.

 

a lei D’Hondt nom consiste, polo tanto, en repartir os escanos segundo a porcentaxe de votos de cada partido de maneira directa. o resultado depende tamén do número de escanos dispoñibles na circunscrición e dos votos obtidos polas demais candidaturas.


2. Pontevedra: sete deputados en xogo

 

para as eleccións xerais do 29nov2026, a provincia de Pontevedra elixe sete deputados ao Congreso. isto significa que, unha vez excluídas as candidaturas que nom acaden o limiar legal, se calculan os cocientes de cada lista e se seleccionan os sete máis altos. o sétimo cociente é o que determina o denominado último escano.

 

nas eleccións xerais de xullo de 2023, o reparto pontevedrés foi o seguinte:

 

candidatura

votos

votos

PP

223.226

3

PSdeG-PSOE

177.199

3

Sumar

74.605

1

BNG

53.246

0

Vox

26.648

0

 

FONTE: resultados oficiais das eleccións xerais de 2023, recollidos por RTVE a partir dos datos do Ministerio do Interior.

 

a táboa permite observar unha cuestión fundamental: ter máis votos ca outra candidatura nom garante obter un escano adicional. o resultado depende dos cocientes que se obteñan ao dividir os votos entre 1, 2, 3 e sucesivos divisores.


3. que é o último escano en disputa?

 

o último escano en disputa é o deputado que ocupa a última posición no reparto e cuxa adxudicación pode cambiar se se modifican os resultados electorais. para identificalo hai que comparar dous cocientes:

 

-o cociente gañador, que obtén o último escano.

-o cociente inmediatamente competidor, que corresponde á candidatura que quedaría fóra se o escrutinio rematase con eses resultados.

 

canto menor sexa a diferenza entre ambos, menos votos adicionais poderían necesitarse para alterar o reparto, aínda que a cifra exacta depende tamén do resto de candidaturas e dos votos válidos.

 

non existe unha cantidade fixa de votos necesaria para conseguir un deputado en todas as provincias. unha provincia que elixe poucos representantes ten unha dinámica distinta doutra que elixe varias decenas. por iso, as enquisas de ámbito estatal nom abondan para saber onde se decidirá cada escano.


4. onde consultar o último escano provincia por provincia?

 

hai ferramentas en liña que permiten explorar estes cálculos e comprobar como cambia o reparto ao modificar os resultados. estas son dúas opcións útiles para seguir as eleccións do 29-N.

 

el voto útil — simulador d’Hondt > permite escoller unha provincia, introducir ou modificar porcentaxes de voto e comprobar o efecto sobre os 350 escanos do Congreso. inclúe un apartado específico de escanos en xogo que identifica provincias onde a diferenza entre candidaturas é reducida.

 

decide29N — voto útil en Pontevedra > ofrece unha análise específica da provincia, cunha estimación do reparto e unha comparación entre as candidaturas que se disputan o último deputado. os resultados son estimacións propias, nom datos oficiais nin unha predición garantida.

 

para consultar os datos oficiais do escrutinio, tamén se pode acudir ao portal de resultados electorais de RTVE, que permite revisar os resultados históricos por provincia. a información oficial das eleccións de 2026 está dispoñible no portal do Ministerio do Interior.

 

cómpre lembrar que os simuladores dependen dos datos e das hipóteses que empregan. un cálculo baseado nos resultados de 2023 nom equivale a unha estimación baseada nas enquisas de 2026, e ningunha das dúas cousas equivale ao resultado definitivo das urnas.


5. unha simulación didáctica para Pontevedra


a seguinte táboa é unha simulación matemática con cifras redondas inventadas para explicar o mecanismo. nom é unha enquisa, unha estimación electoral nin unha predición do resultado do 29N. para o cálculo supóñense cinco candidaturas e sete escanos.



votos

*1

*2

*3

*4

*5

*6

*7

PP

220.000

★ 220.000

★ 110.000

★ 73.333

55.000

44.000

36.667

31.429

PSdeG-PSOE

180.000

★ 180.000

★ 90.000

60.000

45.000

36.000

30.000

25.714

BNG

63.000

★ 63.000

31.500

21.000

15.750

12.600

10.500

9.000

Sumar

62.000

★ 62.000

31.000

20.667

15.500

12.400

10.333

8.857

Vox

35.000

35.000

17.500

11.667

8.750

7.000

5.833

5.000

★ os sete cocientes seleccionados están marcados con unha estrela.

resultado da simulación


candidatura

escanos

cocientes con escano

PP

3

1, 2, 3

PSdeG-PSOE

2

1, 2

BNG

1

1

Sumar

1

1

Vox

0

—

neste exemplo ficticio,

1, o sétimo escano correspondería a Sumar co cociente 62.000.

2, o seguinte cociente máis alto que queda fóra é o terceiro do PSdeG-PSOE: 180.000*3 = 60.000.

3, a diferenza entre ambos é de 2.000 no valor dos cocientes; nom debe interpretarse como unha cifra directa de votos adicionais necesaria, pois o reparto depende do conxunto dos resultados.

arkivos

visitantes