cruzouse con ela diante da ventá dunha tenda da rúa principal. faloulle e ela devolveulle un sorriso. era unha rapaza roxa que viñera da aldea, e que traballaba de camareira nun hotel a carón do instituto.
desinibida, analfabeta, realista, alegre e decidida a todo. logrou que aquel mozo reprimido se liberara de si mesmo.
unha tarde de domingo foron ao cine e durante a sesión ofreceulle froitas que so se saborean na escuridade. a partir dese día desatouse nel unha tormenta incesante de culpa e celos retrospectivos.
era ela quen fixaba as normas e a ausencia de límites.
desbordábao con cartas ditadas ao conserxe do hotel durante as ausencias ou mantíñao a raia tirándolle do bocado para somerxelo na obscenidade máis rotunda sen deixar de protexer a súa vida doméstica, ata o detalle máis mínimo.
pero xa nom era de aldea, nim analfabeta e seguía a ser desinbida, realista, alegra e decidida a todo. e unha mañá de sábado recibiu unha postal que a fixo volver sorrir.
imaxe, gettyimages - copista, Ana - avoa, María - escrito rescatado, HR5025 - biblioteca, Beiras
No hay comentarios:
Publicar un comentario