proxectos

26.8.25

a sorte feita muller

chámome Maruxa de Álceme e hoxe estiven deitada nunha cama na sala 2 da Casa Cultural da Alfama en Lisboa.

preparouse tamén unha mesa con 72 obxectos. había flores, plumas de aves exóticas, mel, un vaso de auga, … e tamén coitelos, cordas, cravos, e un revólver e seis balas.

calquera puido acceder desde as 12 do mediodía ata as 6 da tarde e nom se gardou rexistro das persoas que entraron alí.

cando un mozo decidiu encher o cargador do revolver e apuntarme no xeonllo esquerdo, a miña roupa xa a volveran farrapos e estaba practicamente espida. tiña feridas de cravos e cortaduras.

aquel mozo disparoume unha vez na perna esquerda e quebroume a tibia. logo deixou a arma na mesa e saíu coa súa descarga de responsabilidade no peto.

nese momento faltaban 41 minutos e 38 segundos para as seis da tarde e son afortunada porque se as feridas fosen máis graves podería terme desangrado en só cinco minutos. sen embargo, o dano óseo, muscular e neurolóxico tampouco resultou ser menos grave.

segundo os médicos espérame un período de recuperación de quince días. iso quere dicir que dentro dun mes poderemos celebrar un evento similar en Compostela, como estaba previsto.

será o décimo de doce.

copista, Sara - avoa, Elisa - escrito rescatado, IP0402 - biblioteca, Ribeiro

No hay comentarios:

visitantes