primeiro usou a tenrura e cando xa a tiña de seu fuxiu dela sen deixar de importunala con regresos e despedidas.
pouco despois entrou na súa vida unha muller que se dedicaba a probar homes, sobrevaloralos, namoralos e abandonalos sen deixar de facerse involvidábel.
el pasaba de salóns luxosos a pensións de mala morte nun loita sobrehumana por facer invisíbel o visíbel. e en medio da súa miseria, de súpeto, recibía calquera convite. outra aristócrata, unha que quizás lle presentara unha filla á que seducira nunha viaxe o ano anterior sen que ela soubese nada.
acudía ás citas, pasaba uns días, unhas semanas, uns meses entre xardíns e porcelanas e cortinóns e diváns e sabas limpas e facíase sangue na soidade para liberar o que levaba dentro e o envelenaba.
o seu era rozarse coas amantes como coas ás dos anxos.
imaxe, Pxhere - copista, Ana - avoa, María - escrito rescatado, HR5025 - biblioteca, Beiras
No hay comentarios:
Publicar un comentario