avoas: María, Elisa e Flora
textos recobrados (e primeiras liñas)
-a burra de Cusanca: in memoriam
unha mañá sen aurora o mestre fabricou unhas orellas grandes de papel e mandoume escribir nelas son fea, son burra. logo sorriume e colocoumas á altura das orellas.
-Amaro Docasar como síntoma
cando Amaro Docasar visitou EE UU por primeira vez a súa fama era tal que nunha carta a un amigo queixábase de que nom podía ir onde desexaba nim facer o que quería porque cada vez que saía á rúa sempre había quen o seguía a cada paso que daba.
-breve biografía de calquera escritora
-esta barra está recollida. atendémoste na outra.
-antes de volverte perder
-feridas encarnadas
viaxaba entre Zamora e Porto en compaña de Uxía de Montes e ao fío da conversa murmurou, a linguaxe estase a deteriorar, estamos ás portas dunha gran catástrofe.
-estirpes de verdugos
hai anos, un verdugo que viña de aforcar un reo coma min nunha parroquia a tres días de camiño non atopou quen lle dese cama, e tivo que ir durmir a un pobo próximo. alí nom dixo a que se dedicaba
-o día que escapei do cú daquela galiña
nunca lle contei a ninguén o que pasou o día que comecei a escribir. nom lembro que idade tiña pero debía ser moi novo porque no Grupo inda nom coñeceramos a don Antonio Rei.
-Gaiás: i, ii, iii, iiii, v, vi, vii, &viii
foi só ao colgar que recoñecín a voz do capitán falando en alemán desde o apartamento de Ramiro. descubrírannos. escusábamos trazar máis plans de futuro. probabelmente Ramiro xa tivera sido arrestado ou incluso eliminado.
(...)
vestinme sen ruído, despedinme no espello, baixei, saín ao ver a rúa desértica. tomei un taxi ata a estación de Botos.
(...)
levábanme ás carrancholas e apertaba o corpo e as fazulas contra o corpo dos maiores. o luar case sempre nos axudaba a ver onde pisabamos e as menos das veces tiñamos que acender a lanterna que eu tivera que ir mercar á de Belelle.
(...)
para internarse nos prados, soutos e aldeas, o camiño apartábase da vía e multiplicábase ao tempo que o vento asubiaba sílabas que nom sabía descifrar. debía ser curmán daquel mentireiro que trae e que leva e que acaba por tolear a tanta xente.
(...)
-asombroso destino o do valido, dono e señor da súa terra natal, experto en astronomía, astroloxía, e na interpretación infatigábel de textos relixiosos, xadrecista, poeta e calígrafo.
(...)
na inmensa maioría de ficcións, os mentireiros manexan varias opcións pero escriben só unha e descartan o resto.
(...)
en caderno vermello, Paulo de Austria conta trece historias case mínimas. en todas elas el mesmo é o protagonista. e en todas as coincidencias e o azar xogan un papel fundamental.
(...)
pero aquelas viaxes remataron de vez cando don Román quedou sen fala.
-o enigma Guillerme estradense
se consideramos o evanxeo de Xoán, Cristo é o verbo, creou todo e encarnouse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario