proxectos

27.9.26

a dor de cabeza que me armaron as galiñas

nom sabía o feliz que vivía mentres que só tiña o meu catre e os meus libros. agora teño unha ducia de galiñas e un galo e a miña alma está perturbada.

a propiedade tenme feito crue. cada vez que mercaba unha galiña atábaa dous días a unha árbore, para imporlle o meu domicilio, destruíndo na súa fráxil memoria o amor ao seu antigo fogar e os seus antigos donos.

remendei o cerrado do meu patio, coa idea de evitar que fuxiran, e impedir a invasión dos zorros de catro e dous pés.

illeime, fortifiquei as miñas lindes para separar as miñas galiñas do resto do mundo, agora cheo de presuntos ladróns.

o meu galo era inda un poliño novo e por iso o galo do veciño veu roldar as miñas galiñas. tireille pedras e escapou pero tamén foron algunhas detrás.

pedinlle ao veciño os ovos que puxeran as miñas galiñas na súa casa e agora fun eu quen fuxiu correndo diante das pedras.

onde antes había uns ollos amábeis agora vivía tamén unha mirada en garda.

os polos do veciño saltaban cada vez con máis frecuencia á miña eira e comían o grao que atopaban. ata que un día, cegado pola rabia, matei un.

o veciño negouse a acaptar unha indemnización cando lle levei aquela sucidade de volta e en vez de guisalo e comelo levouno de xira póstuma por onde o resto de veciños acusándome de insociábel e violento.

ademais mercou un can nom só ladrador e estou pensando en mercar unha escopeta.

antes nom tiña nada e era feliz e agora consúmeme o veleno da desconfianza e o odio. antes era un home e agora son propietario.

xindiriz, tradución e deturpación de 'galiñas', de Rafael Barret (1910)

No hay comentarios:

arkivos

visitantes