proxectos

5.11.26

comunicado de repulsa da asociación de cargos directivos de ies de GZ (ADDIGA) ante a agresión ao director do IES XOSÉ NEIRA VILAS de oleiros: máis respecto e seguridade nos centros educativos

a asociación de cargos directivos de ies de GZ (ADDIGA) quere facer pública a súa máis firme condena ante os graves feitos acontecidos o pasado venres IES XOSÉ NEIRA VILAS, onde o director do centro foi agredido por un familiar dun alumno.

consideramos que un acto desta natureza atenta directamente contra os valores que deben presidir a vida escolar e esixe unha resposta clara e unánime de toda a comunidade educativa.

estes feitos, inaceptábeis en calquera ámbito da sociedade, adquiren unha especial gravidade cando se producen no interior ou na contorna dun centro educativo, un espazo que debe ser sempre un lugar seguro, de convivencia pacífica, diálogo, aprendizaxe e respecto mutuo.

trasladamos todo o noso apoio, agarimo e solidariedade ao director agredido, así como a todo o equipo directivo, ao claustro do profesorado e á comunidade educativa do ies xosé neira vilas de oleiros nestes momentos difíciles, nun exercicio de solidariedade e apoio incondicional.

os equipos directivos e o profesorado desenvolven un traballo fundamental para o futuro da nosa sociedade, polo que ningunha discrepancia ou conflito no ámbito escolar pode xustificar xamais a violencia física nin verbal. cómpre, xa que logo, reafirmar a defensa da autoridade e da dignidade docente.

instamos ás administracións públicas e ás autoridades competentes a actuar coa máxima contundencia no ámbito legal e a poñer á disposición dos centros educativos todos os recursos necesarios para garantir a seguridade e a integridade física e moral dos profesionais da educación. a protección de quen exerce o seu labor nos centros educativos debe constituír unha prioridade.

reiteramos tamén a importancia de seguir promovendo a cultura da paz, o diálogo construtivo e o respecto ás institucións educativas e ás persoas que as representan. un chamamento que debe implicar a toda a comunidade educativa.

cómpre subliñar, ademais, que a educación é unha tarefa compartida que só pode desenvolverse plenamente desde a confianza mutua, a comunicación respectuosa e a corresponsabilidade entre as familias e os centros.

as familias son aliadas imprescindíbeis no proceso educativo dos seus fillos e fillas, e a súa colaboración leal e construtiva cos equipos directivos e co profesorado resulta fundamental para previr conflitos, reforzar os valores de convivencia e garantir o benestar do alumnado, fortalecendo así a colaboración entre as familias e os centros educativos.

a violencia nom ten cabida nos nosos institutos. desde ADDIGA seguiremos traballando conxuntamente na defensa da dignidade, da seguridade e do recoñecemento de todo o persoal directivo e docente de GZ.

 

5 de novembro de 2026.

xunta directiva de ADDIGA

texto adaptado por @xindiriz aos usos de cusanqueiro

No hay comentarios:

arkivos

visitantes