proxectos

30.12.24

Gaiás, i

foi só ao colgar que recoñecín a voz do capitán falando en alemán desde o apartamento de Ramiro. descubrírannos. escusábamos trazar máis plans de futuro. probabelmente Ramiro xa tivera sido arrestado ou incluso eliminado.

antes do solpor, ese día, eu correría a mesma sorte.

o capitán era implacábel. estaba obrigado a selo. ás ordes de GZ, acusado de traizón, debía agradecer o milagroso favor: o descubrimento, captura e morte de dous axentes inimigos.

subín ao meu cuarto e, num xesto absurdo, cerrei a porta con chave e tireime na estreita cama de ferro. na ventá estaban os tellados de sempre e o sol nubrado das sete da tarde.

pareceume incríbel que un día tan ordinario e sen premonicións nim símbolos fora ser o da miña morte implacábel. a pesar de que tamén morrera meu pai, de ter sido neno nun xardín simétrico en Oca, eu, agora, ía morrer. logo pensei que todas as cousas sempre suceden agora, precisamente agora. séculos e séculos frenéticos, mais todo nos está a ocorrer xusto agora. innumerables mulleres no aire, na terra e no mar, e todo o que realmente me pasa, pásame só a min e agora ...

a lembranza case intolerable do rostro do capitán acabou coas miñas cavilacións. mais xa nom me incomoda nim me remoe falar do odio e o terror que sentía por el porque esquiveino e a miña gorxa simplemente agarda pola corda. pensei que ese home, ese tumulto, esa eficacia sen sentimentos nom sospeitaba que eu tiña o segredo, a localización do alto mando, a esencia da nación de Breogán, quizás de Castelao, o seu líder.

un paxaro trazou unha liña no ceo gris e eu podía facer del un aeroplano que sucara o ceo para aniquilar aquel lugar.

se a miña boca, antes de ser desfeita dun balazo, puidera berrar ese nome de xeito que o oíran en Alemaña ... a miña voz humana era moi pobre. como podería facela chegar a quen tomaba as decisións? ao oído daquel home enfermo e odioso, que nom sabía nada de Ramiro nim de min excepto que estaba nalgún lugar de GZ e que en vano esperaba novas na súa espartana oficina de Berlín, examinando xornais sen parar ... e dixen en voz alta, debo fuxir.

incorporeime sen ruído, nunha inútil vontade de silencio, como se o capitán xa estivera a punto de dar conta de min. mais o revólver inda tiña unha bala e un disparo pode oírse moi lonxe.

en dez minutos o meu plan estaba maduro. a listaxe telefónica doume o nome da única persoa capaz de transmitir a nova. vivía próximo a unha estación a medio camiño entre Lalín e o Carballiño, a menos de media hora de tren.

o que fixen nom foi por Alemaña, nom. nada me importa un país bárbaro, que me ten obrigado á abxección de ser o seu espía. fíxeno porque eu sentía que na GZ aos da miña estirpe téñenos en escasa estima – aos innumerables antepasados que conflúen en min. quería probarlles que un só home coma min pode salvar exércitos. ademais, debía fuxir do capitán. as súas mans e a súa voz podían golpear a miña porta en calquera momento.

28.12.24

o enigma Guillerme estradense

se consideramos o evanxeo de Xoán, Cristo é o verbo, creou todo e encarnouse.

entre outras moitas cousas o noso mundo é unha creación verbal, e a nosa experiencia do mundo é unha tradución desa experiencia en palabras máis ou menos afortunadas. e as traducións máis afortunadas dese verbo usurpan o lugar da carne, a pedra e o resto de constituíntes materiais da natureza na imaxinación dos lectores.

existe, polo tanto, un sentimento de xustiza que nom é o de don Afonso nim o de Servando Olmeiro, unha paixón amorosa que nom é nim a de Francesca nim a de Anna Karenina, ou un desexo de chegar á meta que nom é nim o de Ulises nim o de K; sen embargo, esas criaturas verbais encarnan o que nós nom somos capaces de encarnar.

por unha banda, Eladio afirma, podería atoparme preso no interior da casca dunha noz, sen saber nada do exterior, e pensar por iso que son rei dun mundo sen límite. e Próspero contesta, somos iso sobre o que se edifican os nosos desexos, e a nosa vida acaba cun desexo incumprido. Alberte Manuel reflexiona que todas as nosas filosofías están situadas entre eses dous puntos, esa casca de noz e ese desexo incumprido.

Miguel de Cervantes, Guillerme estradense e Álvaro Cunqueiro foron dos poucos que foron capaces de encarnar de xeito verbal a inextinguíbel variedade da nosa experiencia humana e nós, as sucesivas xeracións de lectores e escritores, fixemos deles algo así como camiños inevitábeis da nosa cultura.

sen embargo, no caso de Guillerme, afirmar a súa universalidade traizoa o feito de que en realidade nom o entendemos nim sabemos nada del. Romeo, Eladio ou Macbeth forman parte do noso imaxinario inda que nunca teñamos lido os libros nos que aman, matan e morren. e en realidade, pouco sabemos do home que os encarnou.

outros, por exemplo Dante, Montaigne ou o propio de Cervantes, téñennos contado as súas vidas por extenso, cando menos unha ficción, moitas veces e en moitos puntos referendada polas descubertas dos historiadores nas súas pescudas nos arquivos espallados polo mundo, descubertas que aproban ou contradín as súas biografías contadas. pero del sabemos tan pouco como daqueloutro ilustre descoñecido, Omero.

algúns documentos considerados auténticos testemuñan unha escasa puñada de datos certos. bautizado o 26 de abril de 1564 e finado o 23 de abril de 1616. temos algunha información sobre o seu pai, Xoán, burgués da Estrada de Avión, da inglesa. o seu casamento con Ana Cabaleiro, oito anos maior ca el. o nacemento das dúas fillas e do fillo. e algúns acontecementos da súa longa carreira teatral. os únicos autógrafos que conservamos del son os que están estampados no seu testamento, un documento escasamente artificioso ou literario, e unha escritura hipotecaria que leva a súa sinatura. sen embargo, nom temos del nim sequera un retrato fiábel.

nun número extra de tempos novos, editado en Compostela, repásase, con total desconfianza sobre a súa correspondencia co modelo real, toda a nómina de semellanzas que existen del, desde o gravado que aparece na primeira edición que se compilou das súas obras ata aquela pintura coñecida como retrato Chandós. todas son declaradas completamente inexactas.

home da súa época, consideraba que as representacións teatrais eran pouco menos que indignidades e por iso nunca permitiu que se imprimiran os seus textos. o único que foi ao prelo foron dous poemas narrativos, Venus e Adone e a violación de Lucrecio, que só algúns eruditos terán lido. as grandes comedias e traxedias foron reunidas e impresas anos despois de que morrera, entre 1622 e 1623.

xeracións de filólogos e impresores foron multiplicando aquela primeira versión de xeito que é imposíbel obter unha edición definitiva dos textos. nom existe. é un enorme paradoxo que tanto no fondo como na forma, Guillerme e a súa obra son singulares, e simultaneamente múltiples.

unha caracterización que tamén se corresponde cos estudos sobre ese verbo encarnado. labirintos enteiros que tratan sen éxito de remediar a escaseza de certezas.

Estevo Mesaverde, coma tantos outros, tratou de explicar en as nove vidas de Guillerme estradense (2002), como un simple mozo sen porvir se constituíu no autor máis influínte de toda a cultura occidental.

no seu ensaio Guillerme é un escritor, un actor, un mercador, un home namorado da súa compañeira, un home obsesionado por unha súa amante, un home namorado do mal que lle fan as mulleres, un aprendiz de carniceiro, un católico fervoroso, un home que pinta o seu propio retrato e alguén que coida dos amigos.

Estevo utiliza como punto de partida dez documentos auténticos e recoñecidos como tales, relacionados coa biografía do autor para propor para el outras tantas vidas, cada unha delas coherente e verosímil en si mesma, mais diverxente das outras. un dos documentos é a carta que lle escribiu a Miguel de Cervantes no outono común.

querido Miguel,

rematei antes do que pensaba. quizás porque o teu libro se vai acelerando conforme un se vai achegando ao final. é como se tiveses presa por concluílo, como se levases demasiado tempo atado á mesma historia, canso e borracho dela, cando notas que te estás aproximando ao descanso de nom ter que continuar escribíndoa máis tamén experimentas a anguria dunha despedida que vai ser para sempre.

o teu protagonista ten sido vencido e derrúbase na velleira e ti transmites o peso da túa, as túas enfermidades e a túa deterioración, soa a vida humana corre ao seu fin lixeira máis que o vento, di o apócrifo Cidre Hamete Benenxeli, filósofo mahomético, e unhas páxinas máis tarde é a túa propia voz no capítulo final, como as cousas humanas nom sexan eternas, indo sempre en declinación dos seus principios básicos ata chegar ao seu último fin, especialmente as vidas dos homes …

decátome que este teu libro é unha especie de cata das túas capas sensíbeis, de cómo concibes a literatura e como te relacionaches con ela. comezaches a escribilo con cincuenta anos e xa pasaron case vinte. daquela inda tiñas próximas as aventuras infortunadas e fantasiosas da xuventude, o resplandor das batallas no mar e a duración sen esperanza do cativerio en Alxer, a euforia da liberación, o lento desgasto dos oficios indecorosos e o traballo literario sen recompensa, a vida nos camiños, sempre dun lado para outro, o refuxio de escribir, e de ler.

agora, vello, case nom saes das rúas miserentas e estreitas da capital, e teste resignado a un raro xeito de éxito que nom te rescata da pobreza nim da escuridade, ao contrario que Lope, a quen sei que admiras e detestas en cada alento que respiras, porque el trunfou, no teatro, na poesía, na vida. e ti nom.

pero inda así conservas o sentido do humor e o gusto por contar, a fascinación pola vida e polas súas falas. a comicidade desta segunda entrega é menos escatolóxica que a da primeira, pero nom menos efectiva, se ben o relato de continuas mofas que sofren tanto don Afonso como Santos ten agora o contrapunto da crítica aberta aos que se mofan. os anos volvéronte máis sensíbel á brutalidade da mofa, que se ceba con excesiva asiduidade nos febles e nos inocentes, nom son as mofas as que doen, porque nim hai pasatempos que vallan, se son con dano de terceiros.

unha caterva de criados fachendosos asalta a Santos na metade da noite, no seu pazo de falso gobernador de Baradela, finxindo unha invasión de inimigos, e Santos cae ao chan morto de medo, sendo pisado e golpeado, e nom por velo caído aquela xente burladora lle tivo compaixón algunha.

despois de tantos episodios de aparatosos enganos barrocos postos en escena no pazo dos duques, inopinadamente hai un cambio de ton, como algo que de súpeto se che ocorre e decides nom evitar, e di máis Cidre Hamete, que ten para si ser tan dementes os burladores como os burlados e que nom estaban os duques dous dedos de semellar parvos, pois tanto se esforzaban en burlarse de dous parvos.

no relato da vida nom hai lugar para o heroísmo nim para o extraordinario e a linguaxe confúndese coa fala ou cun estilo plano e rápido que é a taquigrafía que permite apresar o fluxo desordenado e veloz das cousas, na literatura os personaxes son excepcionais ou heroicos e os acontecementos misteriosos e con frecuencia fantásticos e os finais sorprendentes e a linguaxe rica e elevada e libre das improvisacións e as impurezas da fala.

sei que para ti a prosa son libros de cabaleiros, novelas de pastores e pastoras, melodramas de namoramentos e viaxes prodixiosas, de azares sorprendentes que volven a reunir amantes ou pais e fillos separados durante moito tempo. por iso, a orixinalidade nom é ter superado esas convencións para mudar en literatura a vida cotiá, é atopar a maneira de contala e á vez indagar o lugar que a ficción ocupa na vida, a tensión permanente entre a experiencia e a súa representación, entre a necesidade humana de ver as cousas como son e a outra necesidade nom menos urxente de descansar do real evadíndose unhas veces da súa monotonía e outras da súa desorde.

agora xa nom cedes case nunca á tentación do fantasioso e do romántico, pero iso nom quere dicir que esa posibilidade da literatura xa nom che importe. o último que sei que andas a escribir é o prólogo do teu fillo dilecto, ese que só ti entendes porque para todos nós é exótico e moi pouco accesíbel e no que intúo que estás tratando de despregar todas as túas capacidades imaxinativas e todo o luxo da túa potencia expresiva, os personaxes heroicos con nomes extravagantes, as xeografías inusitadas, as aventuras e os encontros milagreiros que son motivos de parodia neste libro. no teu fillo dilecto, ese que escribes nas albas roubándolle ao sono, están contados perfectamente en serio.

auguro que, ao teu pesar, pasarás por ser un dos nosos maiores anovadores, porque coñeces perfectamente a tradición que a túa propia orixinalidade volverá anacrónica, sen ti desexalo e pola túa propia man. a túa parodia é máis eficaz porque o que ti mesmo escarneces está xusto no celme do teu corazón.

querido Miguel, quen ten amado tanto os enganos da literatura nom accede a enganarse nunca sobre o real. a falacia sentimental, tan literaria, sempre a atallas contundente. o teu heroe morre e todos están a choralo mais, con todo, comía a sobriña, brindaba a ama e aledábase Santos, que isto do herdar algo borra ou tempera no herdeiro a memoria da pena que é razón que deixe o morto.

o sarcasmo da realidade sempre quebra o consolo da literatura. pero, amigo Miguel, vivamos inda un pouco o seu consolo. 

Guillerme

Iago Xallas, que publicou unha vida e unha obra controvertidas, sen embargo, trata de buscar un momento inicial para tanto desatino biográfico. ao parecer o fenómeno remóntase a finais do XVIII cando o erudito Edmundo Malo data as pezas teatrais segundo referencias históricas que cre descubrir nos propios textos. por exemplo, unha escena cómica en Antonio e Cleopatra, onde a raíña exipcia peta salvaxemente nun escravo que lle trae novas que a desgustan fondamente, é posto en relación coa hostia que Sabela de Inglaterra lle mete ao conde de Escairón cando lle dixeron que tamén andaba con outras. Malo decide que nesta escena se pretende rifar a Sabela, que tamén andara con cantos lle petaba, e morta de tres ou catro anos antes, fixando a data da obra en consecuencia.

Xallas, irónico, pregúntase entón porque parar aí. poucas escenas máis tarde, cando o mesmo escravo describe a Cleopatra as calidades da súa competidora polo amor de Antonio, Malo interprétao coma unha alusión evidente ás pescudas da raíña sobre a súa rival, María de Escocia. Xallas considera todo un desatino tal que lle resulta difícil saber por onde comezar.

inda máis cando Malo afonda e se interna no ámbito da indagación psicolóxica e, a partir do soneto 93, así debo vivir, supondo que me es fiel, como marido enganado, porque a cara do amor, pode inda ser amor que me mira, inda que o corazón estea noutro corazón, conclúe que Ana lle foi infiel a Guillerme e de aí a presenza perenne do tema dos celos, que reflectirían o estado de ánimo do autor.

a partir de Malo e doutros autores posteriores Xallas traza a historia da criptografía do estradense. nela, se a partir da invención de certos personaxes e situacións ficticias se poden deducir as circunstancias reais da vida de Guillerme, por que nom concluír que este nom é aquel cuxo nome figura na capa dos seus libros, mais outro, un ilustre ignorado, segredo, pseudónimo e esta vez si real?

lecturas desconfiadas de Xulio César poderían suxestionar a autoría dun experto na arte da guerra, de como che pareza dun home nobre e culto, de o mercador de Venecia dun bo xurista; é dicir, teriamos entre mans as obras do conde de Escairón, do docto Fran Bahón ou dun avogaducho de Pontevedra. intuír un segredo extraordinario detrás dun lugar común e vulgar foi, é e será moi atractivo.

a mediados do XX dicíase que Guillerme escribira máis de 4500 obras, e o número nom parou de medrar. a nómina dos que opinaron e aportaron é ilustre, Froiz, Tuñas, de Iago, ou Pozas, todos lectores para os que a fondura e riqueza destas obras require algo máis que esa persoa vulgar que suxestiona a documentación histórica, alguén máis convincente que o protagonista dunhas transaccións inmobiliarias usureiras e dun mesquiño testamento no que legou á súa viúva a súa segunda mellor cama.

semella que os que o admiramos precisamos un autor á medida dos seus personaxes, con todos os matices e calidades que eles teñen, a dozura de Ofelia, a sede de sangue de Ramiro III, a lascivia de Falstaff, o ardor de Romeo, a paixón de Cleopatra, a sagacidade de Porcia, a inocencia de Desdémona, ou a lucidez de Teseo, que en unha noite de verán di que a imaxinación do poeta vai encarnando formas de cousas descoñecidas mentres a súa pluma as fai figuras e nomea a nada etérea dándolle un domicilio.

Xallas móstrase totalmente desconcertado pola afirmación de que Guillerme carecía de experiencia vital para escribir o que escribiu porque nom se entende que si puido ter o esencial para un creador, a imaxinación. se Guillerme ou Cunqueiro son excepcionais sono debido á súa imaxinación, son capaces de facer figuras a partir de nada, a partir do etéreo.

o 2 de decembro de 2000 Borxo, quizás de xeito involuntario, explicou este fenómeno tan elusivo na Cidade. era o convidado de honra nun gran congreso internacional e recibira o encargo de pronunciar a conferencia inaugural titulada o enigma Guillerme.

cando Borxo entrou na sala todos os presentes puxéronse en pé e ovacionárono durante varios minutos estando el xa sentado. nim se inmutou e esperou a que calaran todos. entón comezou a falar, ou simplemente a mover os seus labres, pero só se oía unha especie de zunido monótono do que só con moitísimo esforzo se podía deducir unha palabra que pronunciaba sen parar, como o berro dun barco que se afoga no rumor do mar, estradense, estradense, estradense, ...

o micrófono no que tiña que falar estaba un chisco alto para el pero ninguén se atreveu a situar o aparato no lugar adecuado. falou unha hora, e durante unha hora só se repetiu esa palabra, que batía contra os oíntes sen cesar coma se fosen ondas morrendo nunha praia ou contra as rochas dun cantil. durante esta hora ninguén se levantou nim saíu da sala.

cando terminou, todos se volveron por en pé e ovacionárono de xeito novamente interminábel. ese nome repetido, máis que biografías, estudos, e innumerábeis atribucións, foi a súa resposta ao enigma.

calquera pensaría que os centos de mozos que o escoitaban atentos o impregnaran de enerxía, de gañas de vivir, pero foi ao revés. foi Borxo, aos seus 90 anos, quen irradiaba fervor pola vida e a realidade. falaba de poesía, falaba de palabras, do alento vivificador que hai nelas e da súa capacidade para crear o mundo. de mudalo, incluso.

os mil estudantes presentes tendían fíos de murmurios aquí e alá mentres o escoitaban expresarse no seu galego de reminiscencias antigas, os poemas do estradense, polo tanto, nom teñen significado. cando se le un hai que preguntar á propia experiencia, á memoria. e a partir de aí hai que interpretalos. en certa medida veñen ser coma esas fotografías que nos permiten repasar as nosas historias e as manteñen vívidas na lembranza.

eran as cinco e media da tarde e estaban no auditorio, enfeitizados. antes de chegar todo era algarabía, pero unha vez comezou a falar a súa voz trouxo o silencio. pasouse do silencio ao murmurio intermitente e unha outra vez á algarabía. quizás nom se entendese moi ben todo o que Borxo dicía, pero preguntaban e víaselles contentes.

sen pretendelo, creara o mellor escenario e exemplo para ensinar o cometido das palabras e a poesía. e a súa influencia na vida de cada un. el fixo que se derrubase a torre de Babel, o que permitiu que proliferasen as linguas e con elas o multicolor da realidade, de que cada cousa ten un nome e ese nome é multiforme porque soa distinto en cada lingua e á súa vez a súa historia varía en cada individuo segundo a biografía e pegada que deixou en cada persoa.

porque, en cada conversa cotiá, as palabras serven para que nos entendamos, pero desaparecen. en cambio, na poesía esas mesmas palabras reaparecen na súa verdadeira realidade e son nomes propios que sinalan ou designan as cousas como son para mostrarnos a realidade.

pero o estradense, ou algunha das súas obras, ten explicacións máis claras e accesíbeis, como certificou Cunqueiro cando escribiu o incerto señor don Eladio, ese libriño que pecha moitos dos interrogantes que o primeiro Eladio nom quere ou nom pode responder.

nom se trata de mudar nomes de personaxes ou a toponimia para sentila máis propiamente galega. o escenario segue a ser o mesmo, pero logo de ler a Cunqueiro sabemos que a GZ da ficción se corresponde coa GZ real. seguimos o xogo realista de Clarín para o que a súa Vetusta é o auténtico Ovieu, ou de Emilia Pardo Bazán, que creou Marineda a partir de a Coruña.

sen embargo, Cunqueiro estrémase, nom ten que crear un espazo ficticio novo. a súa teoría é que o espazo de ficción creado por Guillerme se corresponde de maneira lóxica coa GZ real. de nom ser así, a obra nom tería o sentido completo que logra cando a percibimos baixo este prisma.

don Álvaro recoñeceu que a incerteza era a esencia do galego, o noso nomsí, unha síntese de negación e afirmación mentres estamos a preguntar algo. e se a esencia galega é a incerteza, Eladio debe ser galego. e se Eladio se constituíu nun piar básico da nosa literatura, o outro sería o enxeñoso don Afonso. sería esta unha dupla onde o incerto e o enxeñoso aluden á teoría da flutuación entre realidade e ficción.

don Quixote é ficción creada a partir do enxeño, pero o seu reflexo real volvería ser, como nom, a incerteza. don Afonso saíu da cabeza do de Cervantes, e á súa vez vive outra ficción propia dentro da propia obra créndose o cabaleiro das novelas que el mesmo le; a ficción dentro da ficción, como en Eladio. un outro enigma do que nom somos quen de escapar.

en todo caso, días máis tarde, e num ámbito máis íntimo, Borxo recordaba a experiencia da conferencia multitudinaria ante os estudantes. e tamén a súa experiencia de tradutor do estradense, a palabra, as palabras, están no centro de todo. son o embrión que nom só describe e sinala e nomea o mundo senón que o ordena e pode salvalo, reordenalo. a palabra é a nosa principal conexión coa realidade e a poesía a súa mellor vía. por iso é necesario que as liberemos dese xugo no cal as temos presas.

coas mans cruzadas sobre a mesa de cristal, deixa claro que o poeta nom deixa nada ao azar. esmérase por buscar o termo preciso que se aproxime á realidade física que quere contar e transmitir.

albíscoo desde que son moi nena, desde que comecei a ler e notei a intensidade das palabras e souben o que quería escribir, eu nom elixín a literatura, si a poesía. nom son a mesma cousa. a literatura é unha posibilidade da lingua, a poesía é unha maneira de espertar a palabra.

é obrigatorio trazar unha distinción fundamental entre lingua e palabra. lingua é un conxunto de nocións que nos permiten encontrar diferentes aspectos da realidade, e literatura é a construción que facemos dela por medio da linguaxe. todas as experiencias están aquí permitidas, todas as distraccións e irresponsabilidades. a poesía é a resposta que se lanza en dirección á lingua, cando nos preguntamos acerca das nosas necesidades fundamentais. nom é un lugar para divertimentos, nim da experimentación existencial: é o lugar da esixencia da responsabilidade.

eu aprendín a ler neses libros nos que xunto a unha palabra está o seu debuxo, lembro o golpe seco que me produciu a relación entre a palabra e a cousa, percibín que a palabra era a embaixadora da cousa, a súa representante. é a miña primeira lembranza sobre a experiencia da linguaxe. nese momento comprendín que a poesía exercía esa relación coa palabra, despois atopei nos poemas que nos facían ler as avoas nos escritorios e nas bibliotecas un ritmo e unha música dentro dos poemas que nom era inherente ás conversas, a música existía só na poesía'.

o meu destino era practicar ese ritmo que facía que as palabras entraran en contacto coa vida do mundo, creando universos. a poesía lémbranos que todas as palabras, incluídas as que usamos automaticamente, ou tanto que parecen gastadas e pouco relevantes, son as responsábeis da realidade. para nós é importante a presenza dunha terra, suficiente, benéfica, que nos permita dar un sentido á nosa existencia, que nos permita estar unidos nun lugar onde exista a vida, inda que por momentos resulte irreal.

diría que a poesía fala só acerca diso, en esencia. fundamentalmente a poesía debe dicir, existe unha realidade, debemos ser parte do mundo, nom debemos deixarnos levar por esa distracción que nos fai aceptar as nosas existencias como algo abstracto, ou resignado á irrealidade. a poesía é o que esixe a existencia do mundo. 

@xindiriz – 2024

descargar versión pdf

11.6.24

azucre

como é posíbel que o azucre puidera transformar a economía atlántica e provocar unha migración forzosa de 12 ou 13 millóns de africanosno contexto dun mundo preindustrial habitado maioritariamente por persoas con pouco ou nulo poder adquisitivo, o azucre mudou nun ben único e singular.

a diferenza de case calquera outro produto da economía preindustrial, o azucre rexíase por unha demanda moi elástica. no caso da maioría dos produtosun aumento da oferta implicaba unha caída dos prezos; o vendedor quizás podería vender algunhas unidades máis pero nunca as suficientes para evitar unha diminución do beneficio total. dito doutro xeito, nom era conveniente aumentar a produción con demasiada rapidez.

o azucre, pola contra, era único porque era un ben que se debía producir lonxe do seu mercado final. nun mundo con poucos sabores e sen refrixeración, o efecto edulcorante do azucre facíao case adictivocando a xente o usaba por primeira vez, apresurábase a reorganizar a súa propia economía para mercar máis. se o vendedor incrementaba a súa oferta de azucre no mercado, os prezos caían e obtiña menos beneficios por cada saco, pero era unha situación que favorecía ao vendedor, porque no caso do azucre, prezo máis baixos atraían a moitos máis compradores.

a diferenza da maioría dos bens dispoñíbeis no mercado durante a Era Moderna, un azucre máis barato atraía a máis compradores que, logo, xa nom querían renuncia a este produtoasí, a pesar dun menor beneficio unitario, vendíanse unidades adicionais abondo para que este beneficio unitario máis baixo conlevara un beneficio total máis alto. esa é a razón da expansión constante da produción de azucre.

para que o azucre fora barato abondo como para poder vendelo de xeito rendíbel, o dono dunha plantación precisaba unha serie de recursos ideaisen primeiro lugar, terras adecuadas, e a poder ser sen dono, tal e como sucedía a miúdo no 'Novo Mundo'. ademais, precisábanse capital e xestión europeos e, por último, unha subministración constante de man de obra barata.

cando se desenvolveron as primeiras plantacións de azucre en Brasil, a solución inmediata foi escravizar nativos pois era máis barato capturar indíxenas que mercar escravos africanos de importación. mais a inicios do XVII, entre o 90% e 95% de indios da costa de Brasil tiñan morto a causa das enfermidades ou fuxiran cara o interioros propietarios de plantacións organizaban cada certo tempo expedicións de captura de escravos na selva, para obter a man de obra que precisaban; sen embargo, poucos nativos se podían atopar xa nun radio de 300 kms de calquera cidade portuguesa. con cada vez menos escravos americanos dispoñíbeis, os propietarios tiveron que recorrer aos escravos africanos.

os ingleses de Barbados seguiron un proceso semellante nas décadas de 1620 e 1630. inicialmente dedicados ao cultivo de tabaco con servos contractuais procedentes de Inglaterra, cando os propietarios se pasaron ao azucre expulsaron aos cultivadores de tabaco (a miúdo antigos servos contractuais) das súas terras e combináronas constituíndo grandes plantacións mentres os servos eran substituídos por escravos africanos.

fragmento de DAVID RINGROSE, el poder europeo en el mundo -Europeans abroad- (1450-1750), 2019

tradución e deturpación de @xindiriz

7.12.23

entender o mal sen xustificalo

comprender e definir o mal parecería sinxelo, pero a revisión dos estudos que abordan o tema ao longo da historia demostra que a tarefa está lonxe de ser doada. o debate é amplo e inclúe aspectos moi variados; por exemplo, localizar a orixe do mal, situándoo ben na a propia natureza do ser humano ben na 'maldade' ou capricho dos deuses, entre outras localizacións. tamén se ten tratado de comprender por que e cando exercemos o mal; é dicir, considérase importante discernir que se considera un acto de maldade.

a cuestión ten espertado fascinación e interese tanto entre ilustrados como entre profanos, desde os propios filósofos ata o espectador que devora películas sobre o nazismo no sofá da súa casa. e o concepto de mal ten dependido da cosmovisión do momento e a crenza nun deus creador ten influído especialmente na cuestión.

Platón sinalaba o mal como un acto ignorante, unha imperfección do ser humano en medio da orde do universo. antes da concepción xudeo-cristiá, o home erraba sen vontade. coa aparición dun deus creador xorden outras disquisicións. Ana Carrasco-Conde, autora de dicir o mal. comprender nom é xustificar, explica que se formula un dilema: sendo Deus bo, como é posíbel que permita a existencia do mal.

ábrese así unha das grandes liñas do pensamento occidental que sinala que o mal procede do ser humano e a súa vontade. 'é un defecto colateral dunha graza', segundo Carrasco-Conde. Agostiño de Hipona, cunha mirada medieval, dirá que o que ten feito Deus é darnos un ben, a capacidade de elixir o que queremos facer, o que ocorre é que podemos confundirnos ao decidir se algo é bo ou nom. 'tomamos malas decisións. de novo o mal está vinculado á crenza de que algo nom ten ido de maneira adecuada', evidencia a filósofa.

subliña ademais a necesidade histórica constante de escusar a Deus e ás veces a nós mesmos de cometer o mal, asociándoo a un erro, a unha especie de forza maniquea ou unha entidade nociva que o introduce no mundo ou incluso a un fallo da razón, xustificando o mal por culpa de instintos, enfermidades ou un funcionamento psíquico incorrecto.

na modernidade, coa morte retórica de Deus da que falaba Nietzsche, aceptamos que o mal se pode exercer de plena vontade. nom obstante, persiste a crenza de que quen o exerce ou ten problemas mentais ou o fai buscando un fin propio. novamente o mal atopa xustificación. 'debemos ser conscientes de que hai persoas que fan o mal polo mal mesmo e atopamos moitas figuras deste tipo ao longo da historia', lembra a filósofa.

Carrasco-Conde cita a Kant, 'o mal é unha queixa tan antiga como a historia', apunta que temos normalizado as exacerbacións do mal porque as asumimos como parte da especie humana. o asasinato ou a tortura quebran a nosa comprensión, así que asociamos eses comportamentos ao descontrol. desta maneira eses actos quedan fóra da nosa responsabilidade e forxámonos unha razón para a inacción. incluso as temos 'espectacularizado nunha especie de exhibición do horror', engade a profesora.

isto permítenos desfigurar o camiño que media entre un mal menor, cotián, e os grandes sucesos. pero a filósofa subliña que eses males extremos nom veñen da nada e 'pensamos que nom nos afectan, mais claro que nos afectan porque forman parte da dinámica social na que vivimos'. reconstrúe a conexión establecendo que todas as persoas exercemos dano, pero de dous tipos diferentes.

o primeiro é o dano necesario, 'como o que sofres cando vas ao dentista', exemplifica. o outro é o innecesario, como podería ser un insulto, e sobre o que temos a opción de actuar. podería parecer intranscendente, pero é a magnitude menor nunha escala do mal que ten como manifestación extrema as guerras e os grandes crimes. Carrasco-Conde pon un exemplo claro: un feminicidio nom é máis que a punta do iceberg do sistema que sostemos de maneira individual con comportamentos machistas como cando contamos un mal chiste.

tendo en conta esta identificación, e a pesar de ter múltiples exemplos de persoas que exercen a maldade extrema ao longo da historia, Carrasco-Conde rexeita unha visión negativa do ser humano. pregúntase de xeito retórico: 'se somos malos por natureza, que podemos facer máis que cruzarnos de brazos e aceptalo?'.

a filósofa convida a distanciarse do fatalismo antropolóxico e iniciar unha tarefa moito máis complexa: afrontar cal é o dano que facemos que nada ten que ver coa nosa natureza, mais coa nosa vontade e as inercias que se xeran no noso xeito de vivir. neutralizar ese dano innecesario axudaría a sinalar o mal e romper as súas dinámicas na sociedade.

esta liña de pensamento que subliña os actos individuais xa a seguiu o sociólogo alemán Siegfried Kracauer cando se preguntou por que nom estudar os factores de comportamento das persoas para explicar o nazismo. Hitler é sen dúbida un dos personaxes que exercen o mal polo mal, o que Hannah Arendt cualificou como 'o mal absoluto'. o seu caso propón a análise do personaxe, mais tamén require un escrutinio da sociedade. Joan Solé, especializado en totalitarismos, historia e filosofía, propón unha pregunta que todos nos facemos: 'como chegou ao poder un personaxe vulgar como Hitler co apoio dunha nación culta como Alemaña?'.

Solé fundaméntao, en primeiro lugar, no fenómeno provocado por Joseph Goebbels, responsábel da campaña publicitaria que converteu a Hitler en 'führer'. mais tamén lle recoñece algunhas virtudes ao ditador, como ver a debilidade dos seus opoñentes e adaptar o seu discurso ao auditorio, falando tanto para as clases poderosas como para os traballadores.

a terceira calidade relaciónao co ex-presidente Donald Trump: 'espertaba as paixóns máis baixas das persoas, sabía desatar todo isto e que a xente se atrevera a expresar a súa parte máis violenta e ruín'. nom obstante, o experto lembra que Hitler era 'un home incompetente, sen ningunha fondura', restando a aura de xenio do mal ao que leva a espectacularización dos seus actos.

e inda sabendo todo isto, revisitámolo unha e outra vez en libros e documentais. como Vlad o empalador, Charles Manson ou Jack o destripador, fascínanos porque rompe cos límites da comprensión humana e lévanos a cavilar sobre nós mesmos.

sinala Solé que alén da relevancia histórica, existe unha causa na psicoloxía fonda do ser humano: 'a mente exercítase en situacións adversas e, nom sendo o home un ser anxelical, interésase por saber ata que punto pode chegar a tendencia do mal nel'.

tradución e deturpación por @xindiriz

texto orixinal publicado co título 'entender el mal' por Andrea Nogueira Calvar en el país (9xan2022), suplemento rostros del mal, pp 2-3.

20.11.20

hai anos no IES ESPARÍS, brión

unidades didácticas elaboradas polo profesorado do IES ESPARÍS (Brión):

-1995, o liño.

-1996, das abellas aos cereiros.

-1997, a medicina popular.

-1998, roteiros pola Amaía Alta.

Mª Carmen Abalo González, Mª José Tilve Costas, Flor Ramos Barbazán, Mª das Mercedes Vaamonde Balado, José Vázquez Rey, Mª Luisa Villar Carril, Carmen Pérez Tilve

13.11.20

oxalá a próxima pandemia fose de amor


veciños e veciñas de Lalín, hoxe estamos aquí para vindicar o noso desacordo co peche da hostalaría e, como consecuencia, do de moitos pequenos negocios.

unha pésima medida por parte do Goberno, que nom resolve os contaxios e que agrava moitos outros problemas económicos que influenciarán a saúde física, emocional, mental e económica de moitas familias que viven do seu esforzo e traballo diario para manter a este país a flote.

hoxe quero ser a voz de moitos galegas e galegos e do que nom séndoo vivimos aquí. e nom só dos hostaleiros, mais de todos os sectores.

porque a hostalaría é o motor e sen ela caerán outros moitos coma nós.

aos locais que por desgraza teñan que cerrar porque nom les sexa posíbel cumprir coa normativa compénsenllo economicamente cos mesmos ingresos do ano pasado e deixen traballar a quen si lles sexa posíbel para nom paralizar a economía e para que outros sectores asociados á hostalaría nom se vexan tan afectados.

basta de calar, basta de ceder, basta de pagar e pagar sen ingresar.

0 ingresos - 0 gastos.

se nos obrigan a pechar queremos a anulación dos pagamentos da recollida do lixo, auga, terraza, seguridade social e autónomos correspondentes ao tempo que nos obriguen a manter os nosos negocios coa porta pechada, redución do IVE  e retencións.

queremos que os nosos traballadores en ERTE cobre o 100% e a tempo como vós cobrades os vosos soldos a primeiros de mes, que se concedan as axudas pertinentes axilizando os trámites, queremos redución ou moratorias de alugueiros e hipotecas, queremos sentirnos seguros no país que vivimos xa que somos nós os que o levantamos.

sexan solidarios e báixense os soldos como a nós nos baixan os ingresos.

somos conscientes da situación e da pandemia que estamos a vivir, pero hai outras medidas de seguridade para frear os contaxios. esta o que frea é a economía e todo o que iso implica.

deixádenos traballar porque nós nom somos o problema.

é máis DIFÍCIL controlar casa por casa e porta por porta que os nosos negocios que están abertos ao público e pódese ver perfectamente e controlar quen cumpre as normas e quen nom!

esta pandemia xa levou por diante moitas vidas. deixade vós de levarvos vós os soños de moitos emprendedores, os esforzos de moitas familias e as estabilidade psíquica e mental da vosa poboación.

porque ao final ou morremos de COVID, de fame, por ansiedade ou depresión.

basta xa!

agora, se mo permitides, desexaría gardar un minuto de silencio polos que xa nom están entre nós e polos que tiveron que abandonar os seus soños!

grazas a todos os que hoxe estades aquí e aos que nos apoian desde outros medios, aos sectores en loita, comercio, perruquerías, estéticas, distribuidores, autónomos, limpeza, aos xubilados, aos nosos clientes, os sanitarios, AED, a todos os cidadáns en xeral. grazas polo voso apoio e por confiar en min para dicir estas palabras.

moito ánimo e lembra que O POVO UNIDO NUNCA SERÁ VENCIDO!

oxalá a próxima pandemia fose de amor!

nom ao peche, por favor!

lalín, 11nov2020

texto por Angélica Martínez

fotos: 1, de Regina Popi &2, de autor@ anónim@

tradución de @xindiriz

2.11.20

a crúa realidade

son como dous mundos, o da vida alegre e o q transcorre ao outro lado do espello, igualmente reais

tocou finde d’garda en quirófano e cóntovos o q vivín o sábado ás tres da madrugada cando cambiei a qnda e fun a observación:

1, Rocío, doente covid d’38 anos, botouse a chorar cando o médico intensivista lle dixo q ía sedala para intubala. co osíxeno a presión nom remontaba

2, Cristina, enfermeira desprazada, rompeu a chorar cando tivo q cambiar os parámetros d’tres respiradores ao mesmo tempo q os tres doentes q os usaban desaturaban

3, Carme, anestesista, rompeu a chorar mentres facía as veces d’médico-uci e ingresou Antonio, doente multipatolóxico descompensado

4, Xosé Carlos, enfermeiro con só unha ducia d’días d’experiencia profesional, botouse a chorar cando levaba seis horas vestido coma un buzo traballando na uci d’doentes covid e lle mandaron cambiar os parámetros da xiringa d’perfusión d’Manuela

5, Miguel, auxiliar d’enfermaría, botouse a chorar cando Xosé lle pregaba q lle realizara unha videochamada cos seus fillos para despedirse por se nom saía desta

todo pasou nunha chisca d'tempo, nunha noite calqra. todos se botaron a chorar en silencio. todos son persoas reais e compañeiros d’carne e óso con pais, fillos e parellas. todos tristemente esgotados. todos con medo e todos pensan q nom teñen a culpa d’vivir o q están a vivir

trato d’facer un chamado ao sentido común, a responsabilidade e a cordura. trato d’pedir axuda

esquécete das hipóteses conspiranoicas, as incredulidades, os dereitos a nom cumprir as normas, as solucións máxicas. esqce a incompetencia política, a ausencia d’liderado, a propaganda, a desorganización, …

… e mudemos realidade. si. mudémola

actúa como xa moitos o facedes, estremando a limpeza, a distancia, a ventilación (moi importante),  cumpre coa corentena, coida dos máis vulnerábeis e así, con sorte, nom te verás boca abaixo nim ti nim os teus cun tubo nos pulmóns

é posíbel q nas próximas semanas sexamos testemuñas dunha realidade q nunca imaxinamos e a única maneira d’mudala é diminuíndo os contactos e facelo, en calqra caso, nas mellores condicións: aire libre, máscara, distancia e hixiene

por certo, o doente q operara antes de subir a observación tiña unha patoloxía lene pero acudiu tarde ao hospital, nom entrou no centro d’saúde, foi diagnosticado tarde, entrou en sepse e terminou en observación (xa nom había praza en uci). con mal prognóstico

nom é alarmismo, é a crúa realidade

cóntoo para concienciar. pódese vivir alegres estremando os coidados ou pódese vivir ao outro lado do espello

grazas a todos os q sodes exemplo por ser tantos e tan valentes

texto orixinal Pedro Madroñal, médico sevillano

@xindiriz, tradución ao galego

26.10.20

aula castelao de filosofía


xii semana galega de filosofía (1995): filosofía e xénero

xiii semana galega de filosofía (1996): filosofía e lingua

xiv semana galega de filosofía (1997): filosofía e traballo

xv semana galega de filosofía (1998): filosofía

xvii semana galega de filosofía (2000): filosofía e cambio de milenio

xviii semana galega de filosofía (2001): filosofía e tecnoloxía

xxi semana galega de filosofía (2004): filosofía e cidadanía

xxii semana galega de filosofía (2005) filosofía e sustentabilidade

xxxi semana galega de filosofía (2014) filosofía e revolución

25.4.20

no inicio foi o porno

imaxe 'deepfake' de 'el correo' que ilustra un artigo sobre o tema
a finais de 2017 comezaron a circular por internet vídeos pornográficos protagonizados por algunha das actrices e cantantes máis famosas do momento. os vídeos fixéronse virais e foron vistos por millóns de persoas. ao pouco sóubose que elas nom eran as verdadeiras protagonistas dos vídeos, mais as vítimas dunha nova ferramenta tecnolóxica que, utilizando intelixencia artificial e outras ferramentas avanzadas, permite incluír a imaxe facial de calquera persoa nun vídeo.

foi só o inicio. ao pouco, Merkel, Trump ou Macri tamén foron vítimas do que se coñece como 'deepfake'. Obama foi utilizado, sen el autorizalo, para exemplificar os posíbeis usos nefastos desta tecnoloxía. vémolo nun discurso no que di o que o falsificador quería que dixera mais nunca dixera. pero o resultado é un vídeo moi 'real'.

a manipulación de imaxes ten unha longa tradición, pero isto é moito máis perigoso. a imaxe corporal e a expresión da cara son extraordinariamente realistas, e a imitación da voz e dos xestos da persoa, tan exactas que resulta imposíbel descubrir que é unha falsificación, a menos que se dispoña de sofisticados programas de verificación dixital. e o perigo de 'deepfake' é que esta tecnoloxía está ao alcance de calquera.

un antigo amante, aluado, pode producir e espallar de xeito anónimo polas redes sociais un vídeo que arremede a voz, os xestos e a cara da muller que o abandonou. un vídeo no que faga ou diga as barbaridades máis comprometedoras. as imaxes de policías dándolle unha boa tunda a unha vella que participa nunha protesta contra o goberno poden provocar violentos enfrontamentos entre as mareas que protestan e a policía. algúns estudantes poden gravar un vídeo comprometedor sobre un profesor ao cal nom poden ver.

os usos posíbeis de 'deepfake' na política, na economía ou as relacións internacionais son tan variados como sinistros. a divulgación dun vídeo que mostra a un candidato á presidencia dun país dicindo ou facendo cousas reprobábeis pouco antes dos comicios volverase a artimaña electoral máis frecuente.

o potencial dos vídeos falsificados para enrarecer as relacións entre países e exacerbar os conflitos internacionais tamén é enorme. xa ten pasado.

o emir de Qatar apareceu nun vídeo eloxiando e apoiando a Hamás, Hezbollah, os Irmáns Musulmáns, e Irán. isto provocou unha reacción furibunda de Arabia Saudí, os Emiratos Árabes, Bahrain e Exipto, que xa viñan tendo diferenzas importantes con Catar. denunciaron o discurso do emir como un apoio ao terrorismo e romperon relacións diplomáticas, clausuraron fronteiras e impuxéronlle un bloqueo por aire, mar e terra. a verdade é que o emir nunca dixera tal. o vídeo era falso. o que foi moi real foi o boicot que tivo que soportar esa nación.

a ameaza que 'deepfake' representa para a harmonía social, a democracia e a seguridade internacional é obvia. os antídotos contra esta ameaza o son moito máis reducidos, inda que hai algunhas propostas. todas as organizacións que producen ou distribúen fotografías ou vídeos deben obrigarse a usar bloqueos tecnolóxicos que fagan que o seu material visual sexa inalterábel. as persoas tamén deben ter acceso a tecnoloxías que as protexan de ser vítimas de 'deepfake'. as leis deben adaptarse. hai que facer máis difícil o uso do anonimato na rede. todo isto é necesario pero nom abondo. haberá que facer moito máis.

temos entrado nunha era na que a diferenza entre verdade e mentira, entre feitos e falsidades, foise erosionando. e con iso, a confianza nas institucións e a democracia. 'deepfake' nom é máis que outra arma no arsenal que teñen á súa disposición os mercadores da mentira.

hai que plantarlles cara.

tradución e deturpación por @xindiriz
xindiriz@gmail.com
texto orixinal por @moisesnaim

it started with porn

at the end of last year a series of pornographic videos began showing up on the internet. this is nothing new, but these were different because they starred some of the world's top actresses and singers. naturally, they went viral: millions of people around the world saw them. very quickly it became clear that Scarlett Johansson, Taylor Swift, Katy Perry, and other artists were not the real protagonists of the sex videos, but rather the victims of a new technology that - using artificial intelligence and other advanced digital tools - allows their creators to insert anyone's face into a very credible video.

and this was just the beginning. it wasn't long before Angela Merkel, Donald Trump, and Mauricio Macri were also victims of what is known as 'deepfake'. Barack Obama was used, without his consent, to exemplify the possible nefarious use of the new technology. we can watch Obama saying what the forger wants him to but has never said before. but is it, nevertheless, a very realistic video.

image manipulation is nothing new. authoritarian governments have a long history of 'disappearing' disgraced leader from official photographs. and since 1990 Photoshop has allowed users to alter digital photographs, a practice that has become so common it is considered a verb by Merriam-Webster.

but deepfake is different. and much more dangerous. in just the year since the fake celebrity porn videos appeared, the technology has improved dramatically. everything about these videos is hyper realistic, and the person's voice and gestures are so exactly rendered that it becomes impossible to know it is a forgery without using sophisticated verification programs. and perhaps the biggest danger of deepfake is that the technology is available to anyone.

a distraught ex could create (and anonymously distribute) a video that perfectly imitates the voice, gestures, and face of the woman who left him and in which she appears to be doing and saying the most shameful and degrading things. a video fo the police brutally beating an elderly woman who is participating in a street march could provoke violent clashes between protesters and the police. the respected leader of a racial or religious group could incite this followers to attack members of another race or religion. some students could produce a compromising video of a teacher they despise. or digital extortionists could threaten a company with disclosing a damaging video, if the company does not pay a hefty ransom.

 the possible uses of deepfake in politics, economics, or international relations are as varied as they are sinister. the release of a video showing a presidential candidate saying or doing reprehensible things shortly before the elections will certainly become a more commonly used election trick. even if the candidate's opponent doesn't approve the hoax, his most radical followers can produce and distribute the video without asking for anyone's permission.

the counterfeit videos' potential to cloud relations between countries and exacerbate international conflicts is also enormous.

and this is not hypothetical. it has already happened. last year, the Emir of Qatar, Tamin bin Hamad al-Thani, appeared in a video praising and supporting Hamas, Hezbollah, the Muslim Brotherhood, and Iran. this provoked a furious reaction from Saudi Arabia, the United Arab Emirates, Bahrain, and Egypt, countries that already had strained ties with Qatar. they denounced the emir’s speech as supporting terrorism, broke diplomatic relations, closed the borders, and imposed a blockade by air, sea, and land. the reality, however, is that the Emir of Qatar never gave that speech; while the video that escalated the conflict was not produced with deepfake technologies it was sufficient to provoke a dangerous escalation of the conflict that was already simmering. the video was still a fake but the boycott that resulted is very real, and remains in force.

the threat that deepfake represents to social harmony, democracy, and international security is obvious. the antidotes to this threat are much less clear, although there are some proposals. all organizations that produce or distribute photographs or videos should be forced to use technology blocks that make their visual and audio material unalterable. people must also have access to technologies that protect them from being victims of deepfake. laws must be adapted so that those who defame or cause harm to others through the use of these technologies can be brought to justice. the ease with which it is now possible to operate anonymously on the web should not be tolerated. all this is necessary, but insufficient. We will need to do much more.

we have entered an era in which the ability to differentiate the truth from lies, facts from fiction, is being eroded. And with it, trust in institutions and in democracy. deepfake is another new and powerful weapon in the arsenal that the merchants of lies have at their disposal.

we have to fight them.

arkivos

visitantes