Cando reabran as piscinas de Lalín
neste 2014, os usuarios pasaremos de pagar 2,30 euros a 5 euros pola entrada
individual. Unha suba do 117%; é dicir, o dobre e un 17% máis de propina. Non
está mal para comezarmos o ano nestes tempos de crise. Seguramente isto non
sexa máis que a consecuencia dunha serie de erros que se veñen sucedendo na
xestión e planificación das instalacións deportivas, nomeadamente da piscina.
Os usuarios da piscina nunca
entenderemos porque se decidiu prescindir da piscina do Pontiñas; unha piscina
que estaba en pleno uso, nun edificio de calidade superior ao actual. Situado
no mesmo casco de Lalín nunha zona que habilitaba a xestión conxunta de piscina
exterior e que permitía aos alumnos dos colexios e os institutos iren a natación
como actividade complementaria. Agora a dita actividade cesou por completo
debido a situación da nova piscina. Unha piscina que era tamén nova (ano 95), máis
grande, con bancadas e apta para competicións oficiais (a actual non). Que en
todo caso o único que precisaba era algunha reforma ou reparación para seguir
plenamente operativa. Desde logo un investimento sempre moi inferior aos 1,5
millóns de euros gastados na piscina actual. Mais aquí o que se decide de xeito
inexplicábel (e inexplicado) é prescindir destas instalacións e anunciar a súa
demolición (Disque para a nova biblioteca, ah, pero esa non ía no Castro
Tecnoloxico, ... )
Trala inauguración da nova piscina
outros problemas comezan, a baixa calidade da construción ponse en evidencia
axiña coa aparición de humidades e pingueiras aos poucos meses da súa apertura.
E como as cousas aínda poden ir a peor, neste ano aos usuarios da piscina tócanos
pagar as consecuencias de toda esa planificación errática. Resulta que agora xa
non podemos elixir ser abonados só da piscina, obrígannos a ser abonados de
todo o conxunto do Lalín Arena: piscina, ximnasio e spa. Todo no mesmo paquete.
Isto nin é lóxico nin xusto porque hai moitos usuarios que non queren, ou non
poden, usar todas as instalacións. E por tanto o abono conxunto non supón
ningunha vantaxe, senón un gravame. Hai persoas que pola idade ou pola súa
condición física non poden facer determinadas actividades. Por exemplo, as
persoas con varices non poden ir ao spa ou a sauna. Entón, por que teñen que
pagalas? E como este hai moitos mais casos e razóns.
Agora as contas non saen. E como ven que non hai para pagar tanta obra, algunha totalmente innecesaria, como o caso da piscina, pois hai que sacar os cartos dalgún lado. E xa sabemos a quen nos toca pagar. Somos moitos os usuarios afectados e indignados pola situación que se creou. Os erros e as improvisacións sucédense e aínda está por ver o efecto que van comportar estas novas regras e tarifas no uso da piscina municipal.
Agora as contas non saen. E como ven que non hai para pagar tanta obra, algunha totalmente innecesaria, como o caso da piscina, pois hai que sacar os cartos dalgún lado. E xa sabemos a quen nos toca pagar. Somos moitos os usuarios afectados e indignados pola situación que se creou. Os erros e as improvisacións sucédense e aínda está por ver o efecto que van comportar estas novas regras e tarifas no uso da piscina municipal.
texto escrito por Luis Couto, usuario da piscina de Lalín, e publicado en Faro de Vigo (edición Deza - Tabeirós) o 8 de xaneiro de 2014
6 comentarios:
Os maiores de 59 anos pagabamos 1,30 e pasamos a pagar 5 euros, é dicir o aumento é do 284%
pois a min saeme moito mais barato, antes pagaba case 60 euros/mes-abono familiar-no Lalin Arena , mais 16 euros/mes na piscina(cursiño infantil). AGORA, coas novas tarifas e unindo ambas intalacions pago en total 45 euros mensuais.
Supoño que o que se pretende tamén é que a xente se abone,dese xeito saimos todos beneficiados.Un saúdo.
Esto es responsabilidad de todos y cada uno de los que votan al Sr Crespo
Esa conta dos 45 euros non me sae a min. Cantos sodes no abono familiar? E o cursiño é aparte?
O abono familiar non inclue os cursos.
Para min mellor pagaba 37 euros do abono no ximnasio e 21 na piscina agora todo 18 por q son desempregado aforro 40 euros mes
Pero non tes a opción de ser só abonado da piscina
Publicar un comentario