Jan Pen en 1976 commons.wikimedia.org |
en income distribution: facts, theories and policies (1971), o economista holandés Jan Pen utilizou un relato para ilustrar a distribución da renda en Inglaterra. César Rendueles adáptao á situación actual do estado español en sociofobia (2013).
supoñamos que a altura de cada habitante dun país é proporcional ao seus ingresos, de xeito que a xente pobre é moi baixa e a xente rica moi alta. A continuación, imaxinemos que todos eles desfilan nunha longa ringleira, ordenados de menor a maior tamaño. O desfile durará exactamente unha hora. Tomando como altura media 170 cms, equivalente a 1700€ mensuais (o salario bruto en España en 2010, o que equivale a uns 1300€ netos), a cousa sería máis ou menos así.
o desfile comezaría con xente moi baixiña cuxa altura vai
medrando lentamente. Aos dez minutos as persoas que pasan diante de nós apenas
chegan ao metro de altura (un salario duns 1000€ brutos). Pouco a pouco a
altura vai aumentando e ao chegar á media hora – ou sexa, a metade do desfile
–, a xente que pasa xa mide un pouco máis de 150 cms (1500€ brutos). Cinco
minutos despois por fin se alcanza a altura media de 170 cms. A verdade é que o
desfile é un espectáculo moi aburrido. A altura aumenta moi lentamente e hai un
montonazo de xente. Aos 48 minutos comeza a pasar xente con aspecto de
xogadores de baloncesto de ata dous metros de altura e medio (2500€) e nos
últimos cinco minutos vemos chegar a persoas de máis de tres metros.
www.lavanguardia.com |
no último minuto as cousas se póñense interesantes.
Aparece xente moi alta, 0,5% da poboación, de máis de 10 mts. Entre eles
Mariano Rajoy, que mediría uns 15 metros. Entón pasan uns poucos miles de
asalariados que en España gañan máis de 600.000€ ao ano. Primeiro os máis
baixiños, que miden uns 50 mts, entre eles José María Aznar. Ao final os ‘superasalariados’,
como Alfredo Sáez, conselleiro delegado do Banco de Santander, que gaña 9.000.000€
ao ano e mediría 650 mts ou o futbolista Cristiano Ronaldo, que gaña un 1.000.000€
ao mes e mediría todo un kilómetro.
inda así, estas estaturas son relativamente baixas
comparadas coas dos moi ricos, que pasarían como chispas nos últimos instantes
do desfile. Neste caso non hai salarios, claro. Pero se pensamos nunha gran
fortuna duns mil quinientos millóns de euros (por exemplo as de Florentino
Pérez ou Alicia Koplowitz) que rendera ao ano un modesto 4%, teriamos unha
altura de cinco kilómetors, máis que o Mont Blanc. Incluso se aplicamos un
criterio inda máis restritivo (digamos, o 2% de rendemento), nos últimos
instantes do desfile pasaría a gran velocidade unha masa inverosímil.
esta masa inverosímil non é outro que Amancio Ortega,
cunha fortuna estimada de 37 mil millóns de euros e unha estatura de máis de 60
kms; tería dificultades para respirar porque a súa cabeza estaría na mesosfera.
Dito ao revés, se Florentino Pérez medira 160 cms, unha persoa normal sería
coma un ácaro, ou sexa, invisible. Se tomaramos en consideración o patrimonio,
as desigualdades serían moito maiores, ao igual que se o desfile fora mundial. Grosso modo, unhas mil duascentas
persoas teñen un patrimonio de máis de mil millóns de dólares en todo o mundo,
sobre unha poboación global de sete mil millóns de persoas e cuns ingresos
medios mundiais duns 18000$.
No hay comentarios:
Publicar un comentario