efectos do vendaval na sinaléctica do Agro de Lalín de Arriba |
a pesar dos esforzos municipais por
‘internacionalizar’ o Cocido por toda España, non creo que en Gamonal (Burgos)
saiban onde está Lalín pero estes días aquí si sabemos de alí; polo parte.
logo de días de intenso conflito, o alcalde
de Burgos anunciou o martes que suspende temporalmente as obras proxectadas
para transformar unha rúa ‘de sempre’ nun moderno ‘boulevard’. A cousa estaba
tomando mala pinta e debeu recibir algunha chamada. Veremos que pasa no futuro,
porque nin uns nin outros renunciarán de xeito doado aos seus intereses.
Gamonal non é a primeira vez que
logra paralizar unha decisión municipal coa que non concorda. E vai camiño de
converterse nun símbolo da reacción cidadá contra as arbitrariedades (cando
menos) dalgúns políticos que exercen un poder democrático si, pero que muda en
autoritario unha vez que gañan as eleccións correspondentes.
e iso a pesar dos intentos de presentar
os lexítimos discrepantes e a súa mobilización, maiormente respectuosa e democrática,
como demos perversos; por exemplo, clarividente, a sr. Botella condenou os
‘atentados’ de Burgos, transformando as asociacións veciñais nunha banda
criminal organizada.
o motor desta ‘revolta’ non é o mal
senón que a xente do barrio non cre que modernizar a rúa ‘Victoria’ sexa unha
prioridade, ven outra obra ‘faraónica’ que non lles vai solucionar os seus
problemas: a taxa de paro elevada, os servizos públicos cada vez máis
precarios. Sospeitan que recibirán unha vida con maior aparencia pero menor
calidade, máis cara, máis inaccesible. Quizás oíron falar dos aeroportos sen
avións e das autoestradas sen coches: malgasto flagrante e o interese dalgún
construtor.
consideran que os cartos se
gastarían mellor cubrindo necesidades máis importantes: pagar unha escola
infantil, fomentar o emprego nos colectivos que sofren a lacra do paro, dotar
mellor os centros de ensino, reforzar a asistencia médica, apoiar os
dependentes e as súas familias.
en Lalín gastouse máis do dobre do
que se quere gastar agora en Burgos no Castro Tecnolóxico e no Lalín Arena e
non pasou nin está a pasar nada, salvo a cantilena de sempre nos bares; pouco
máis.
para quen considera que os cidadáns
debemos velar polos nosos intereses e tomar medidas cando non se respectan e se
atenden, cando o poder nos ‘desconsidera’, Gamonal é boa nova. En Lalín, en
cambio, inda queda moito que facer; neste sentido case todo. Logo da ‘espectacular’
cabalgata de Reis oínlle dicir a alguén que en Lalín non había ‘músculo’
social. Habería que comezar por aí.
aquí o PP funciona como unha máquina
perfectamente engraxada que leva anos tapando ‘ocos’ cun enorme éxito; entre
outras cousas, porque sempre había algo para todos. Nas casas decide o
patriarca e o patriarca é popular e fiel á palabra dada. En Lalín opinar non é
ben visto; protestar en público é cousa dos outros.
sen embargo, ultimamente os erros de
planeamento e xestión (iso de ‘facendo cidade’) son máis que evidentes e a
cousa empeza a escasear: para algúns xa non queda. Chegou a crise. Lalín está
morrendo e morrerá de todo se non se repensa a si mesmo a partir do que si hai
e si somos.
saíron mal os ‘plans parciais’, saíu
mal o planeamento e execución de Parking e Praza Europa, saíu mal o Concello Novo,
saíu mal o Lalín Arena. Pero ou estes de Gamonal son moi moi ‘tiquismiquis’ ou
aquí somos excesivamente compracentes, por dicir algo livián.
non sei moi ben que pensar. Ou si. Por certo, seica imos ‘investir’, ou xa o fixemos, medio millón de euros no Pazo de Liñares. A ver que réditos tiramos.
non sei moi ben que pensar. Ou si. Por certo, seica imos ‘investir’, ou xa o fixemos, medio millón de euros no Pazo de Liñares. A ver que réditos tiramos.
texto publicado en Faro de Vigo (Deza Tabeirós), o 17 de xaneiro de 2014
2 comentarios:
Cantas empresas no mesmo solar, a maioria con sede en Lalín.
Obsérvese BOE de ZAMORA
Municipio de Pías con 150 habitantes mais ou menos.
http://www.diputaciondezamora.es/recursos/BOP/20071029-130.pdf páxina 20
Anuncio
En este Ayuntamiento se están tramitando los siguientes
expedientes de autorización de uso en suelo rústico, licencia
ambiental y la correspondiente licencia urbanística:
1.º Expediente: Titular: CARDEXIA SOLAR, S.L.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
2.º Expediente: Titular: FOTOVOLTAICA DE PIAS, S.L.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
3.º Expediente: Titular: PANEMART, S.L.U.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
4.º Expediente: Titular: RYMA’S INVERSIONES, S.L.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
5.º Expediente: Titular: XAXAN SOLAR, S.L.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
6.º Expediente: Titular: BATAN SOLAR, S.L.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
7.º Expediente: Titular: LAXEDO SOLAR, S.L.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
8.º Expediente: Titular: TEIVEL SOLAR, S.L.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
9.º Expediente: Titular: NORBERTO SOLAR, S.L.
Actividad: Proyecto de construcción y explotación de insta-
lación solar fotovoltaica de potencia 100 Kv., para producción
de energía eléctrica y conexión a red.
Ubicación: Polígono 12, parcela 708.
Publicar un comentario