21.3.20

medo


segundo algúns titulares grazas ao coronavirus temos descuberto que o ser humano só pode sobrevivir grazas á axuda e o esforzo colectivo.

e eu pregúntome, descubrímolo coa pandemia do sida nos 80s e 90s? nom, era cousa de maricóns, putas e drogatas. aprendemos algo coa pandemia do ébola en 2016? nom, era para negros e para os que viaxaban a países que nom debían. saímos aos balcóns a aplaudir polos afectados da crise de 2008? tampouco, era asunto de pobres.

nom nos enganemos, temos descuberto a colectividade só porque esta enfermidade zoupoulle de cheo á elite de occidente. todo eran risas cando estragaba vidas en China, nomsi? e precisamente pola democratización do virus estamos a ver como cae o rico, o branco, o hetero e o da 'derechita' covarde. así que, de súpeto, sentimos a ameaza e, de xeito automático, desencadéanse todos os mecanismos para poñernos a resgardo.

así temos descuberto esa suposta colectividade só porque somos unha enorme cabeza neoliberal que se move ao unísono e, se se toca a unha das súas compoñentes, derrúbase toda a pirámide. nom, isto nom é solidariedade colectiva, é puro medo.

se estamos unidos é porque estamos cagados de medo. porque con isto nom só están a morrer negros, maricóns, inmigrantes ou pobres. e porque, en realidade, nunca pensabamos que isto nos tocaría a nós, punta da pirámide do privilexio.

temos creado esta cadea de unión internacional porque por riba de todo nom nai ningún colectivo ao que botar a culpa e, ante a falta de cabezas de turco, facémonos cóxegas psicolóxicas e consolámonos uns a outros con resignación sen cichar merda pola boca.

o único que me gustaría é que esta crise nos sirva para facernos reflexionar, e nom só para organizar festivais musicais nos balcóns, tan necesarios para nom darnos tempo a pensar. se isto pode servir para algo, que sexa para que, cando salgamos desta, deixemos de facer ostentación dos nosos privilexios occidentais e miremos unha chisca cara as marxes.

texto orixinal de Carlos Barea (con perfil en facebook)
foto: Michel du Cille, doentes con ébola, Hospital Redemption nun dos suburbios máis pobres de Monrovia, Liberia
visto en 'no es nada personal' (facebook)
deturpación por @xindiriz

visitantes