30.10.12

xestión de residuos: fracaso e solución

dentro da campaña de recollida de sinaturas (15000 son necesarias) para que se debata no Parlamento de Galicia a "ILP para a Aplicación efectiva dos tres R (reducir, reutilizar e reciclar)" estamos (Comisión Promotora) a realizar charlas e actos divulgativos e informativos alí onde nos é posible e nos chaman ... para iso empregamos material como a presentación que aparece nesta entrada

axúdanos a divulgar e concienciar á sociedade galega no seu conxunto ... é unha cuestión na que tod@s, máis alá de ideoloxías e adscricións, temos que traballar xunt@s

data límite para a recollida de sinaturas ... 5 de febreiro de 2012





11.10.12

a piscina e a burbulla ou a piscina na burbulla ou …, crónica dunha mañá calquera

in lalín city
http://www.galiciaenfotos.com/lalin-arena/

en mala hora decidín erguer cedo e ir nadar un chisco antes de almorzar. conforme me aproximaba á piscina nova pensaba … oe, parécese ao Arena, como se fora deseñada para ser parte dun único complexo. e iso que a piscina é agora pública e polo Arena xa pagamos ben á concesionaria. cousa rara … será que van “nacionalizar” o Arena?

metinme no vestiario coma un VIP, nada de espera, inda non puxeron torno. estaba axustando ben o bañadorciño e … entra unha, tola perdida e sen pudor, preguntando se había enchufe no dos homes que no das mulleres non había e a ver como seca o pelo agora para non pillar unha pulmonía na longa andaina de volta … decátase que non son formas e marcha como e por onde chegou: de súpeto e pola porta …

estas tías, como son … di o espontáneo habitual … que sorte sermos de lalín ... segue con entusiasmo … crise por todos lados e nós, pola contra, estreamos piscina nova

pois si, que sorte ser de lalín … e mentres me metía na auga manobrando torpemente por culpa da lesión no xemelgo pensaba … o noso alcalde debe ser un disidente porque Rajoy, o seu presidente e o meu, ten dito que temos vivido por riba das nosas posibilidades por culpa da esquerda “manirrota” e agora estamos como estamos e que toca aforrar e non gastar o que non se ten …

chego por fin á outra punta do vaso e alguén (malditas gafas … sempre se me abafan) quéixase de que non hai as referencias que había na vella e que por iso acaba de levar un castañazo nadando de costas. colleu carreira e segue … que súa nai, maior, está que trina porque na nova non da subido nin baixado porque non deixaron esqueiras (???) …  e segue, xa noutro ton … uffffffff, que ben se está sen @s nen@s … se @s trouxera tería que ter tino continuo porque resulta que o vaso infantil é fondo de máis e non se lles pode deixar so@s pero non é tan fondo o fondo porque así afórrase auga e combustible, non porque o terreo onde se construíu se “vaia” coma cando estaba alí a Feira Vella, que non … isto non o deseñaron tip@s que aprobaron raspado ou é así por “xestións” de despacho … en lalín city cousa pensada e planificada

imaxinade o esgotado que chego á cafetería, pola andaina de volta e polo mal “rollo” acumulado … e co xornal inda por diante. nada máis sentar asáltame outr@ e remátame: oe, que che parece a piscina nova?, e sen deixarme falar xa di que está cabread@ porque @ fill@ está cabread@ porque @ monitor@ lle dixo que a instalación non se vai poder homologar para competicións e a ver para que está adestrando e que se é certo como imos facer … competir, competir … pero para que queres que o teu fillo compita? incúlcalle valores “sans”: o importante é participar, non competir

se marchara para casa pasar o ferro … pero non … vexo no xornal unhas fotos estupendas que monumentalizaban a burbulla inmobiliaria, a tolemia que atrapou a economía e as elites políticas do estado dende os inicios dos gobernos Aznar alá pola década dos 90

e pasou … noto que parte de min xa rumia tamén contra a piscina nova … loitando coa parte do si home, quéixanse de vicio, de envexa, non sei de que se queixan …

era necesaria unha piscina nova? duran tan pouco as doutros lugares como durou a nosa? foi a maquinaria e o seu “absoluto” deterioro causa fundamental para ter que facer outra, sería que @ concesionari@ non a coidou ben?, vixiou o Concello?, foi culpa da xestión do propio Concello dende que a “nacionalizou”?, que pague o da culpa por favor, non eu … estou algo “apretado”

a ver, logo de reflexionar, que vos parece isto? … volvamos á piscina vella e fagámola nova e poñamos a biblioteca onde está a nova, que agora pasará a ser a vella. xenial, non si?

paro … pero tédesme que crer, por favor. foi así. non esaxero nada. non é o meu

visitantes