proxectos

23.9.25

a incógnita AM, &2

o segredo

nunha casa da Suburra serve un prato de pasta a amigos íntimos, entre risas.

—aquí podo esquecer quen som, mesmo se me sae mal a salsa.

—pero, mimadriña, tamén che sae mal a salsa?

—como te quero, Pepe!!.

baile de carautas

aquela noite bailou cun home que nom coñecía ao compás dun ritmo nado no sur. cando cesou a música el quitou a máscara pero ela nom.

—nom, algunhas cousas só poden durar un baile.

e desapareceu deixándoo como extraviado.

o rastro das túas cartas

escribe ao home ao que tanto tempo amou e, ao acabar, dobra o papel, méteo nun sobre e molla cos beizos a lapela para pechalo.

garda a carta no medio dun álbum de fotografías no que xa hai outros sobres. algúns abertos, outros nom.

é só coa segunda cullerada do iogur que acostuma cear que sente que o vértice da lapela do sobre lle debeu cortar a lingua.

hai un rastro vermello que case transparente.

titular

cansa de apurar o paso decide deterse e plantarse diante daquel home que a apunta cunha cámara.

hoxe nom ten maquillaxe nim sorriso, a súa mirada é dura e decidida.

sobre o titular, 'ademais nom sabía facer nada práctico, nom sabía cociñar, aquelas salsas eran intragábeis', aquela foto suscita moitas interpretacións.

nas charlas de café a media mañá onde unhas ven tristura, outros ven forza. algúns discúteno ata enfadarse e a outras nom lles importa nada.

nunca lle acabara de gustar Pepe.

copista, Aurora - avoa, Flora - manuscrito rescatado, ZF4500 - biblioteca, Riazor - imaxe, www.123RF.es

22.9.25

a incógnita AM, 1

pingas

nom lonxe da Praza do Comercio pide un café allea á rebuldaina da maña de sábado, solleiro.

sérvello un mozo que se pon nervioso ao recoñecela. quizás veu algún dos seus traballos. e derrámao.

a ela esas pingas parécenlle querer trazar un corazón.

—nom pasa nada, hai lembranzas que duran máis que un café derramado.

sem espellos nim miradas

como lles pedira, no cuarto nom había espellos, e pasou a noite escribindo frases nun caderno sem pauta:

o reflexo nom é verdade e as miradas falsifícanme. só aquí, nas sombras, podo ser invisíbel.

mañá os focos tratarán de apagarme.

cando durma ...

o encontro

recoñeceuna no vagón restaurante detrás daquelas gafas escuras, aquel veo tupido, e as lanzas de pelo negro sobre os ollos.

—miña nai dicía que eras unha deusa.

—só se alguén soña comigo. ti soñas comigo?

quitoulle da man o papel no que pretendía que escribira unha frase afectuosa. tamén o lapis e, dalgún xeito, convidouno a seguila.

a praia

a nena máis ela camiñan sobre a area mollada, sen falar. ata que outra muller chega correndo cara elas e abraza a rapaza, que xa nom salouca:

nom me esquezas. eu nom o poderei facer.

nunca.

cando chega á súa toalla ve como as dúas se van facendo máis e máis diminutas na tarde de verán onde semellaba que nom pasaría nada.

copista, Aurora - avoa, Flora - manuscrito rescatado, ZF4500 - biblioteca, Riazor - imaxe, www.123RF.es

visitantes