www.farodevigo.es |
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
diante do anuncio realizado nestes últimos días relativo a unha nova suba
das tarifas a aplicar do 1,85% na peaxe da autoestrada AP-53, desde o noso
punto de vista non se pode dar por ben feito esta decisión, senón todo o contrario.
Os antecedentes que marcan a xestión e decisións políticas de dita vía, supoñen
unha suma acumulada porcentual desde a súa apertura en decembro de 2003 do 70%.
Na actual conxuntura de crise económica, fixar estes prezos, que desde sempre
consideramos desmesurados e abusivos, fai imposible para a maioría da cidadanía
o seu uso cotiá, agás, esporádicas urxencias.
resulta de todo inaceptable, que os tramos de maior fluxo de circulación en
dirección Santiago, desde o noso Concello, sexan moitísimo menos empregados cos
de dirección a Ourense, situación esta creada pola diferenza entre pagar e non
pagar.
o BNG ten exposto reiteradamente que a peaxe da AP-53, no seu tramo
Santiago–Silleda–Lalín, é moi custoso, por enriba do prezo da peaxe doutras
vías galegas e do Estado de características similares, o que resulta inalcanzable
para os usuarios habituais.
tamén esta autoestrada está chea de agravios comparativos cando en anos
pasados os distintos Gobernos de Madrid, acometeron múltiples actuacións dirixidas
tanto a liberar algunha autoestrada como a rebaixa doutras. Entendemos estas
solucións como as máis acaídas e xustas, pois temos que lembrar que noutras
Comunidades, varias delas con menor proporción de autoestradas de pago que
Galiza, contaron con importantes partidas orzamentarias do Estado dirixidas
tanto a rebaixar, como incluso a liberar varias das súas autoestradas. No lado
oposto está Galiza, onde as vías de pago superan o 40% da rede de autoestradas
e autovías.
www.lavozdegalicia.es |
a situación é máis grave ao non contar cunha vía alternativa axeitada ás
necesidades dos usuarios, xa que a N-525 é unha vía obsoleta por estar limitada
na práctica totalidade do tramo Lalín a Ponte Ulla a 50 Km/h e sen carril para
vehículos lentos.
os veciños demandan que as autoridades competentes tomen medidas para
paliar, por unha banda, o elevado prezo da peaxe AP-53, facilitando así o seu
maior uso (os datos de novembro amosan un raquítico uso de 5375 vehículos); e
por outra banda, mellorar a N-525 dirección Santiago. Desde fai anos o
Ministerio de Fomento non aportou practicamente ningún financiamento, sendo o
único responsable que a N-525 non teña carrís de lentos.
non podemos esquecernos que a construción da AP-53 foi costeada, en parte,
cos cartos da Xunta de Galiza (60,1 millóns de euros) e por ende de todos os
galegos, feito especialmente grave xa que é unha infraestrutura da rede do
Estado.
as últimas informacións sobre a postura do Ministerio de Fomento e a Xunta
de Galicia a este respecto, son dun absoluto cinismo e hipocresía, escudándose
nun problema mutuo de competencias. En varias campañas electorais, o PP
prometeu unha rebaixa, que co paso do tempo só quedou nun mero anuncio de
rebaixa para os usuarios habituais, que nin tan sequera aplicaron a día de
hoxe, escudándose en que é de titularidade estatal.
polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG, presenta ao Pleno do
Concello de Lalín, para o seu debate e aprobación, a seguinte
MOCIÓN:
1 – Demandar ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia
que acorden o traspaso das competencias da AP-53.
2 – Instar ao Ministerio de Fomento, máis unha vez, a asumir
o custo económico para a supresión da peaxe
AP-53.
3 – Demandar do Ministerio de Fomento a execución das obras
anunciadas e pendentes na N-525, desde Lalín ata Ponte Ulla.
4 – Que o Concello
de Lalín convoque aos veciños a unha concentración para demandar o cumprimento
ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia dos puntos anteriormente expostos.
Lalín, 19 de decembro de 2013
ALCALDE PRESIDENTE E PLENO DO CONCELLO DE LALÍN
1 comentario:
Segundo parece van pasar a biblioteca para o concello vello.
habería que saber de quen é o local ( aposto que Camilo o sabe... ) onde está agora a biblioteca, xa que non ten nin pés nin cabeza o sitio , ou tamaño do local nin como se arranxou ( madeira moi ruidosa no chan ).
Dame que se beneficiou a algun coñecido pagando unha boa renda e arranxándolle o local.
Publicar un comentario