queixas da luz, desautorizada nas directrices de simplicidade,
reméxense incómodos e multiplicados en razón das confusas sedas mesturadas nas dedas,
engordan cousas nas caixas cheas:
as que só tiveran unha laranxa, unha castaña con outras verdes e amarelas.
coma aqueloutro na caixa dos teus xoguetes
ata o ombreiro, cara na parede baldeira
rebuscando no fondo ata sorpresa dunha poza de serpes.
hai que entender, por tanto,
a parte na que se debulla o seu debuxo a piques de entrar,
e cando dúas boas mans de mapas deixan ver que non sabemos
se nos queremos ou nos odiamos,
eu máis a compañeira que me buscou, a quen seguín desesperado,
e de onde nos atopamos, loitamos e teremos que volver nacer
sen saber como,
e a parte na que estou soa diante do espello,
o que tamén lle falou a Silvia no verso que roubou Sabina na area de Lalín
e que conta a andaina na que moitas veces deixamos de ser quen pensamos
que somos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario