roubando e sementando por riba das nosas lendas:
a poeta que pretende presenza, a que se cría poeta,
as mortas que quedaron no medio do mar,
as que veñen sen chamar, cervexa nin cartos,
todas á mesa antes de entrar o sacarrollas a traballar.
e logo desbórdanse todos os líquidos nunha bandexa, cos humores,
articulando coidadosamente a lei do galimatías porfiado e aleivoso.
en reposta teño propósito de paciencia,
que segue o carreiro que traballan os fíos dende as puntas
á raíz, alí onde as mensaxes
que quero contribuír a amencer
e seguro virán sen a rutina das que marchan da estación soñando
chegar salvas ás cabanas
nos diálogos que temos que volver aprender a medrar
No hay comentarios:
Publicar un comentario