generals gathered in their masses
just like witches at black masses
evil minds that plot destruction
sorcerer of death's construction
in the
fields, the bodies burning
as the war machine keeps turning
death and hatred to mankind
poisoning their brainwashed minds
oh, Lord, yeah
politicians
hide themselves away
they only started the war
why should they go out to fight?
they leave that role to the poor, yeah
time will
tell on their power minds
making war just for fun
treating people just like pawns in chess
wait 'til their judgement day comes, yeah
now in
darkness, world stops turning
ashes where their bodies burning
no more war pigs have the power
hand of God has struck the hour
day of
judgement, God is calling
on their knees, the war pigs crawling
begging mercy for their sins
Satan laughing, spreads his wings
oh, Lord, yeah
xenerais congregadas en multitude,
coma bruxas en misas negras.
mentes malignas contuberniando destrución,
feiticeiras construíndo morte
nos campos corpos ardendo,
mentres a máquina de guerra segue virando.
morte e odio contra a humanidade,
envelenando mentes amansadas.
oh, Señor, si
políticos ben agochados,
que comezan a guerra.
por que ían ter que saír loitar?
deixan ese papel aos pobres, si
o tempo transparentará as súas mentes
sedentas de mando,
creando guerra só por xogar.
tratando a xente como peóns nun xadrez,
agarda a que chegue o seu día do xuízo, si
agora na escuridade, o mundo deixa
de xirar,
cinza onde ardían os seus corpos.
xa non teñen poder os porcos de guerra,
a man de Deus marcou a hora
día do xuízo, chama Deus.
e de xeonllos, arrástranse os porcos da guerra.
suplicando misericordia polos seus pecados,
Satán ri, e estende as súas ás.
oh, Señor, si
..., que pode querer dicir ...
tema base do heavy metal e unha das súas primeiras cancións antibelicistas.
emprega unha metáfora relixiosa e apocalíptica para denunciar a guerra como acto profundamente inmoral.
os líderes militares e políticos aparecen retratados como: -bruxas e feiticeiros -demos que planean destrución a distancia -hipócritas que comezan guerras sen morrer nelas
war pigs refírese a eles, que se benefician da guerra mentres envían aos máis pobres a morrer no campo de batalla. a imaxe do xadrez reforza a idea de que os soldados son simples pezas prescindibles.
o final introduce un xuízo divino: os poderosos, que antes dominaban, aparecen agora de xeonllos, suplicando perdón.
a ironía final —Satán rindo— suxire que nin sequera merecen redención.
foi composta no contexto da guerra de Vietnam e da guerra fría no medio dunha crecente desconfianza cara aos gobernos occidentais e ao complexo militar-industrial
inicialmente, a canción chamábase Walpurgis, unha referencia directa a unha festa pagá asociada coa bruxería, pero o selo discográfico obrigou a cambiar o título por consideralo demasiado explícito. a pesar diso, a mensaxe non se suavizou: segue sendo unha acusación frontal contra o poder político e militar.
co paso do tempo foi adquirindo novos significados:
-pasou de ser unha crítica concreta á guerra de Vietnam a converterse nun himno
antibelicista universal.
-consolidouse como unha canción de protesta, non só contra a guerra, senón
contra:
-abuso de poder
-a
deshumanización
-a manipulación
ideolóxica
hoxe, a canción segue a ser empregada en contextos culturais e políticos como símbolo de rebeldía ética fronte á violencia institucionalizada.
nom fala dunha guerra concreta, senón dunha lóxica reiterada, a distancia entre quen decide e quen morre. a súa forza reside precisamente nesa linguaxe simbólica e moral que converte a canción nunha advertencia permanente máis que nun simple produto do seu tempo.
@xindiriz - emergency out of bounds
No hay comentarios:
Publicar un comentario