proxectos

24.2.26

Coplas do Santo Torrisco 2026

vimos coas coplas do Santo - hai moitas para Avelino - ten bo lombo para levalas - o cachorro de Pepiño

saiu sospeitoso o padrón - d'algunha anomalía - van preguntar en Dozón - que xa hai anos o facían

e falando de Dozón - seica caeron 'farlopas' - entraron no temporal - volvendo ás etapas locas

cámbiase a Casa do Gato - de taberna para chalée - múdanse para o Venecia - medra Choli a metrée

tamén medra Nigraponte - traballa Aitana nos libros - máis sofás e actividades - senta Hita nos altillos

e a Cristina de Alola - argallou o Coacharela - teñen máis festas no barrio - que as que Cuñarro tutela

e preparada as melenas - que hai novo festival - este marzo en Donramiro - están os fillos do metal

o local de Carragoso - xa co seu ramo colgado - faltan 'enchufes' no pobo - non o dan iluminado

díxolle Cuñarro a Crespo - hai que agrandar esta praza - nin en París nin en Noia - sufren este Panorama

érache o que lle faltaba - para sacar o tufillo - anda a quererse a xente - nas cortinas do Casino

mexando Gayoso no Arena - a carón de Compromiso - dille medindo a pirola - 'que vas facer ti con iso'

entre tertulia e tertulia - non para de cavilar - cambiareime de partido - ou poreime a traballar

houbo miragre no Bloque - cara a alcaldía en Lalín - Crespo pregunta perdido - quen é esa Sanmartín

Anxo morre a traballar - Paco de vida folgado - Crespo sentado na trona - non o damos xubilado

seica aumentan os ladróns - e faltan municipales - unhos fanche oposicións - outros trampas nos exames

é cousa que non entendo - pido Karen que mo expliques - porque falta no Nadal - unha aldea de caciques

vai don Marcos para Melide - protestas e sinaturas - beatas sindicalistas - non queren cambios de cura

foi Crespo a Santa Clara - doulle Avelino o relevo - que non chovera no cocido - acordouse por un ghuevo

di que é tema moi complexo - mais Avelino non cala - non é nin branco nin negro - ai que gran opinión dada

e chegado este momento - xa nos imos retirar - unhas para o parlamento - e outros teñen que marchar ... (Paco, Paco, Paco que mi - Paco Paco Paco Paaa!!!!!)

Asociación Cultural 'O Naranxo' - 2026

8.2.26

war pigs


generals gathered in their masses
just like witches at black masses
evil minds that plot destruction
sorcerer of death's construction
 

in the fields, the bodies burning
as the war machine keeps turning
death and hatred to mankind
poisoning their brainwashed minds
oh, Lord, yeah
 

politicians hide themselves away
they only started the war
why should they go out to fight?
they leave that role to the poor, yeah
 

time will tell on their power minds
making war just for fun
treating people just like pawns in chess
wait 'til their judgement day comes, yeah
 

now in darkness, world stops turning
ashes where their bodies burning
no more war pigs have the power
hand of God has struck the hour
 

day of judgement, God is calling
on their knees, the war pigs crawling
begging mercy for their sins
Satan laughing, spreads his wings
oh, Lord, yeah
 

xenerais congregadas en multitude,
coma bruxas en misas negras.
mentes malignas contuberniando destrución,
feiticeiras construíndo morte
 

nos campos corpos ardendo,
mentres a máquina de guerra segue virando.
morte e odio contra a humanidade,
envelenando mentes amansadas.
oh, Señor, si
 

políticos ben agochados,
que comezan a guerra.
por que ían ter que saír loitar?
deixan ese papel aos pobres, si
 

o tempo transparentará as súas mentes sedentas de mando,
creando guerra só por xogar.
tratando a xente como peóns nun xadrez,
agarda a que chegue o seu día do xuízo, si
 

agora na escuridade, o mundo deixa de xirar,
cinza onde ardían os seus corpos.
xa non teñen poder os porcos de guerra,
a man de Deus marcou a hora
 

día do xuízo, chama Deus.
e de xeonllos, arrástranse os porcos da guerra.
suplicando misericordia polos seus pecados,
Satán ri, e estende as súas ás.
oh, Señor, si
 

..., que pode querer dicir ...

tema base do heavy metal e unha das súas primeiras cancións antibelicistas.

emprega unha metáfora relixiosa e apocalíptica para denunciar a guerra como acto profundamente inmoral.

os líderes militares e políticos aparecen retratados como: -bruxas e feiticeiros -demos que planean destrución a distancia -hipócritas que comezan guerras sen morrer nelas

war pigs refírese a eles, que se benefician da guerra mentres envían aos máis pobres a morrer no campo de batalla. a imaxe do xadrez reforza a idea de que os soldados son simples pezas prescindibles.

o final introduce un xuízo divino: os poderosos, que antes dominaban, aparecen agora de xeonllos, suplicando perdón.

a ironía final —Satán rindo— suxire que nin sequera merecen redención.

foi composta no contexto da guerra de Vietnam e da guerra fría no medio dunha crecente desconfianza cara aos gobernos occidentais e ao complexo militar-industrial

inicialmente, a canción chamábase Walpurgis, unha referencia directa a unha festa pagá asociada coa bruxería, pero o selo discográfico obrigou a cambiar o título por consideralo demasiado explícito. a pesar diso, a mensaxe non se suavizou: segue sendo unha acusación frontal contra o poder político e militar.

co paso do tempo foi adquirindo novos significados:

-pasou de ser unha crítica concreta á guerra de Vietnam a converterse nun himno antibelicista universal.

-consolidouse como unha canción de protesta, non só contra a guerra, senón contra:

-abuso de poder

-a deshumanización

-a manipulación ideolóxica

hoxe, a canción segue a ser empregada en contextos culturais e políticos como símbolo de rebeldía ética fronte á violencia institucionalizada.

nom fala dunha guerra concreta, senón dunha lóxica reiterada, a distancia entre quen decide e quen morre. a súa forza reside precisamente nesa linguaxe simbólica e moral que converte a canción nunha advertencia permanente máis que nun simple produto do seu tempo.

@xindiriz - emergency out of bounds

visitantes