proxectos

8.2.26

war pigs


generals gathered in their masses

just like witches at black masses
evil minds that plot destruction
sorcerer of death's construction
 

in the fields, the bodies burning
as the war machine keeps turning
death and hatred to mankind
poisoning their brainwashed minds
oh, Lord, yeah
 

politicians hide themselves away
they only started the war
why should they go out to fight?
they leave that role to the poor, yeah
 

time will tell on their power minds
making war just for fun
treating people just like pawns in chess
wait 'til their judgement day comes, yeah
 

now in darkness, world stops turning
ashes where their bodies burning
no more war pigs have the power
hand of God has struck the hour
 

day of judgement, God is calling
on their knees, the war pigs crawling
begging mercy for their sins
Satan laughing, spreads his wings
oh, Lord, yeah
 

xenerais congregadas en multitude,
coma bruxas en misas negras.
mentes malignas contuberniando destrución,
feiticeiras construíndo morte
 

nos campos corpos ardendo,
mentres a máquina de guerra segue virando.
morte e odio contra a humanidade,
envelenando mentes amansadas.
oh, Señor, si
 

políticos ben agochados,
que comezan a guerra.
por que ían ter que saír loitar?
deixan ese papel aos pobres, si
 

o tempo transparentará as súas mentes sedentas de mando,
creando guerra só por xogar.
tratando a xente como peóns nun xadrez,
agarda a que chegue o seu día do xuízo, si
 

agora na escuridade, o mundo deixa de xirar,
cinza onde ardían os seus corpos.
xa non teñen poder os porcos de guerra,
a man de Deus marcou a hora
 

día do xuízo, chama Deus.
e de xeonllos, arrástranse os porcos da guerra.
suplicando misericordia polos seus pecados,
Satán ri, e estende as súas ás.
oh, Señor, si
 

..., que pode querer dicir ...

tema base do heavy metal e unha das súas primeiras cancións antibelicistas.

emprega unha metáfora relixiosa e apocalíptica para denunciar a guerra como acto profundamente inmoral.

os líderes militares e políticos aparecen retratados como: -bruxas e feiticeiros -demos que planean destrución a distancia -hipócritas que comezan guerras sen morrer nelas

war pigs refírese a eles, que se benefician da guerra mentres envían aos máis pobres a morrer no campo de batalla. a imaxe do xadrez reforza a idea de que os soldados son simples pezas prescindibles.

o final introduce un xuízo divino: os poderosos, que antes dominaban, aparecen agora de xeonllos, suplicando perdón.

a ironía final —Satán rindo— suxire que nin sequera merecen redención.

foi composta no contexto da guerra de Vietnam e da guerra fría no medio dunha crecente desconfianza cara aos gobernos occidentais e ao complexo militar-industrial

inicialmente, a canción chamábase Walpurgis, unha referencia directa a unha festa pagá asociada coa bruxería, pero o selo discográfico obrigou a cambiar o título por consideralo demasiado explícito. a pesar diso, a mensaxe non se suavizou: segue sendo unha acusación frontal contra o poder político e militar.

co paso do tempo foi adquirindo novos significados:

-pasou de ser unha crítica concreta á guerra de Vietnam a converterse nun himno antibelicista universal.

-consolidouse como unha canción de protesta, non só contra a guerra, senón contra:

-abuso de poder

-a deshumanización

-a manipulación ideolóxica

hoxe, a canción segue a ser empregada en contextos culturais e políticos como símbolo de rebeldía ética fronte á violencia institucionalizada.

nom fala dunha guerra concreta, senón dunha lóxica reiterada, a distancia entre quen decide e quen morre. a súa forza reside precisamente nesa linguaxe simbólica e moral que converte a canción nunha advertencia permanente máis que nun simple produto do seu tempo.

@xindiriz - emergency out of bounds

1.1.26

mentres comemos caldo

- vouvos contra unha historia que ten moito que ver co noso oficio.

-si avoa Elisa, adoramos as túas historias.

-en 1229, un monxe de san Martiño de Lalín, un tal Xoán Mironas, de orixe siria ou grega, nom atopou mellor maneira de escribir as súas rogativas que descamiñar un pergameo dunha das mesas do escritorio do mosteiro.

un compañeiro copiaba nel o método dos teoremas mecánicos, de Arquímedes, fundamental para as matemáticas clásicas. un texto que logramos recuperar hai ben pouco. tamén estaba a copiar as diatribas de Epicteto, transmitidas polo seu discípulo Flavio Arrio. pero destas só se conservan catro dos oito libros que menciona Flavio e inda nom demos con ningunha copia completa.

Mironas procedeu a raspalo ata que quedou listo para volver utilizalo. era un daqueles monxes que detestaban a ciencia e boicoteaban a copia de textos científicos e filosóficos. entre iso e que os materiais de escritura eran caros e escasos o que el fixo era un proceder bastante frecuente por parte dalgúns irmáns.

coma un amigo seu, teólogo e expulsado de Roma, que traballara na Biblioteca Vaticana e alardeaba de ter alterado fragmentos de máis de 1500 anos de antigüidade adecuándoos a pensamentos acordes á súa ideoloxía.

a comisión que decidiu a súa expulsión alegou que tamén quixera destruír valiosos tratados médicos gregos substituíndoos por cartas de liturxia bizantina. a investigación que se abriu en san Martiño pola perda do traballo de Saulo Diniz, que así se chamaba o compañeiro de Mironas, saldouse botándolle a culpa a un roubo que se produciu nas estancias dos frades un día de festa.

no XXI chegouse a dispor de ferramentas de IA que permitían descubrir moitos deses textos borrados e considerados, polo tanto, irrecuperábeis. un estudo publicado na prestixiosa revista científica mathematica proporcionaba unha fórmula e un método que logo puideron ser aplicados para ler códices alterados, algúns máis de catro ou cinco veces.

estas novas técnicas permitían recuperar a serie textos que nalgún tempo pasado se consideraran inútiles ou prexudiciais, ilustrando a evolución da nosa cultura e de moitos dos seus protagonistas anónimos ao longo do tempo.

-querida avoa, que nos ensina isto para as nosas tarefas diarias?

-prezada Eva, se o queres saber primeiro tes que acabar todo o caldo que tes na cunca.

cusanqueiro

visitantes