na trola de Casal de Bueu, a trama celeste, un capitán sen nome debe localizar a dous axentes inimigos infiltrados en GZ durante a IIGM e liquidalos antes de que logren atentar contra o presidente Castelao.
logo de localizar e neutralizar a un deles, un tal Ramiro, perde o coñecemento, e esperta nun hospital militar. cando lle dan a alta, ninguén o recoñece, nim os seus mellores amigos. el a eles si, mais trátano coma un tolo cando se acerca a falar con eles.
está na mesma cidade na que sempre vivira. pero todo é distinto, sobrenatural e sinistro.
volve ao cuartel e ao segundo día asiste a unha reunión onde lle ordenan estar preparado coa súa tripulación para voar tan pronto se reciba información sobre o paradoiro dos principais dirixentes inimigos. será unha misión case suicida e deberán descargar a súa carga explosiva sobre unhas coordenadas que só el saberá.
pero ao erguerse da súa cadeira ao rematar a xunta desmáiase e esperta nun hospital militar que lle resulta familiar. recibe moitas visitas que o tratan con cariño o e lle falan coma se o coñeceran de sempre pero a el resúltanlle totalmente estraños.
tamén a muller que chora mentres lle pregunta unha vez máis se nom se lembra de cando viaxaban cos nenos a todos lados e eran felices.
os médicos nom atopan o seu mal pero as súas constantes vitais son estábeis. así que coa alta entréganlle unha comunicación do alto mando que lle insta a presentarse nunhas instalacións sitas nun dos peiraos da capital.
ao chegar recoñece aos compañeiros e saúdaos efusivamente. comentan que hai en marcha unha misión que os levará a Berlín. deben infiltrarse na capital alemá e obter información sobre as intencións e plans máis inmediatos do Reichstag.
sen embargo, no que máis tempo empregan é en poñerse ao día das súas conquistas. entre gargalladas levanta outro chupito de licor café pero o seguinte que lembra é espertar nun hospital militar.
nom pasa un día sen que un dos seus camaradas o visite. ata que se recupera e recibe a alta. ao día seguinte, no cuartel, o tenente dille.
-Ramiro, tes que ver un bo médico.
-por que?, nom me atoparon nada grave. o que pasou achácano á presión. nom ten porque volver suceder.
-xa che pasou tres veces. que eu saiba. pode que fosen máis. este diario é teu. penso que debes ler o que pasou.
colleuno e leu, …
No hay comentarios:
Publicar un comentario