2.2.25

Gaiás: &viii


pero aquelas viaxes remataron de vez cando don Román quedou sen voz.

tivemos a mesma espiñada.

levantei a mirada e no xardín, amarelo e negro, eu sabía que só había un home inda que nom o vira; infranqueábel coma un fatalidade.

-o porvir xa existe, pero eu son amigo seu. podo volver ver esa carta?

xa tiña o revólver preparado e aproveitei cando don Román se ergueu para abrir o caixón do escritorio alto.

disparei.

caeu ao chan sen unha queixa, ao instante. unha morte fulminante e inmediata.

o resto é absolutamente insignificante. excepto que nom foi o capitán quen entrou a arrestarme. foi a muller que vira en Botos e que intuíra na praza da aldea.

fun condenado a morrer colgado ata a asfixia. pero vencín, dun xeito abominábel, e conseguín comunicar a Berlín a localización exacta na que estaba o presidente Castelao.

fixérono onte. lino nos mesmos xornais que nom acertan a resolver o misterio do asasinato do sabio medieval don Román Gaias a mans dun total descoñecido, alcumado o valido.

sen embargo, o meu superior, na súa oficina de Berlín, descifrou o misterio. o meu problema consistía en indicar, no medio do tumulto multiforme da guerra, que o lugar se chamaba Gaiás. nom atopei outra maneira que matar a unha persoa con case ese apelido.

o que nom sabe, é imposíbel que alguén o saiba, a inmensa dor e canseira que me supuxo cumprir a miña misión.

antes de que esa semana terminase, eu corrín a mesma sorte que Ramiro.

@xindiriz

Gaiás ao completo

No hay comentarios:

visitantes