depositphotos |
cales son as causas de que Irlanda duplicara case a poboación desde 1960 ou
que en 2006 superase os catro millóns por primeira vez desde 1871? os expertos
coinciden en que son un cúmulo de medidas postas en marcha, sobre todos, a
finais dos oitenta. case ningunha foron axudas directas para fomentar a
natalidade, mais decisións económicas que provocaron o crecemento da poboación
irlandesa, xa sexa co aumento da natalidade ou coa chegada de traballadores que
se asentaron no país. polo tanto, é a economía a que, neste caso, tira da
poboación.
na segunda metade dos 90s, Irlanda converteuse en 'o tigre celta' porque
medraba a dobre díxito. despois tamén estoupou a burbulla inmobiliaria e tivo
que rescatar a súa banca. recibiu 85000 millóns de Europa e pasou a formar
parte dos piigs. sen embargo, pasou
de que a súa economía caese un 4,6% en 2009 a medrar un 8,5% en 2014, un 26,3%
en 2015 e 5,2% en 2016.
en 1980 era o país máis pobre da Europa dos Doce e o terceiro máis atrasado
cando España entrou na UE en 1986. agora, é o segundo máis rico da Eurozona, só
superado por Luxemburgo.
entre 2011 e 2016 a súa taxa de desemprego pasou do 15% ao 7,9%, e a
previsión que manexa o goberno é que a finais do ano próximo se alcance o pleno
emprego cando a tasa se coloque por baixo do 5%. xa avisaron de que van a
precisar man de obra estranxeira para que a súa economía siga medrando como nos
últimos anos.
toda esta opulencia económica é a que ten provocado que aumente a
poboación. aos irlandeses nom lles importa ter descendencia porque saben que
van a ter emprego e un futuro 'sen estreiteces'.
antes da crise, o crecemento demográfico atribuíuse, case a partes iguais,
á chegada de traballadores estranxeiros e ao alto índice de natalidade. agora,
o principal factor do incremento de habitantes é o aumento do número de
nacementos, segundo sinala un estudo elaborado pola Oficina Central de
Estatísticas Irlandesa. a república alcanzou o ano pasado a clasificación de
países membros da UE coa maior taxa de natalidade: 13,5 nacementos c/1000 habs.
en GZ é case a metade: 7,1. a súa taxa de mortalidade é de 6,4. a galega case a
duplica: 11,6.
desde finais dos 80s, Irlanda puxo en marcha unha combinación de medidas
liberalizadoras na súa economía. abríronse as fronteiras aos capitais
estranxeiros, ao comercio e á man de obra. ten unha normativa laboral moi
flexíbel e nestes momentos é unha das economías máis libres e abertas do mundo.
mais nom todo é positivo. esta flexibilidade laboral provoca que posúa un
dos niveis de protección máis baixos de Europa, segundo a OCDE. tamén o custo
por despedimento é dos máis baixos de Europa.
ademais, os diferentes gobernos teñen posto en marcha unha política moi
baixa de impostos para as empresas, o que ten provocado que multinacionais,
sobre todo relacionadas co sector da tecnoloxía, teñan acudido á chamada da
flexibilidade laboral e das vantaxes fiscais. o imposto de sociedades está no
12,5%, o máis baixo da zona euro e un dos máis reducidos do mundo. nin cando
tivo que recibir o rescate dos 85000 millóns, Bruxelas lle obrigou a subilo.
e como consecuencia deste florecemento económico, tamén se converteu nun polo de atracción para traballadores estranxeiros, mais tamén para os irlandeses que regresan cunha gran formación e que contribúen a que a poboación aumente.
e como consecuencia deste florecemento económico, tamén se converteu nun polo de atracción para traballadores estranxeiros, mais tamén para os irlandeses que regresan cunha gran formación e que contribúen a que a poboación aumente.
@xindiriz
deturpación de 'Irlanda,
el tigre demográfico,' escrito por Manolo Rguez (publicado en Faro de Vigo, 12 novembro 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario