imaxe Anna Göldi no museo no seu honor autor e época descoñecida |
foi abandonada por un
mercenario logo de quedar embarazada pero o bebé morreu pouco despois do parto. culpárona do feito e sentenciárona a seis anos
de arresto domiciliario. eludiu o castigo fuxindo a Glarus e comezou a
traballar como criada na casa dos Zwicky; crese que tivo un romance con Melchior Zwicky, de quen tamén puido
ter outro fillo.
en 1780 comezou a servir
en cas do doutor Johann Jacob Tschudi.
fora contratada para ocuparse das cinco fillas do médico. logo dun tempo, unha
delas, Anne-Migeli, de 8 anos, comezou
a vomitar agullas e obxectos punzantes, segundo a familia. culparon a Anna, que
foi arrestada.
as autoridades humillárona
e torturárona durante tres meses e
terminou 'confesando os seus pactos co maligno'. sen embargo, a verdadeira
razón da acusación do patrón podería ser que eran amantes e a escusa da
bruxería resultaría unha saída perfecta para o denunciante, que se libraba dunha
situación cada vez máis molesta.
en plena Ilustración, Göldi
librouse do cargo de bruxería porque eses xuízos xa comezaban a ser
cuestionados e nom morreu queimada, castigo tradicional para as 'bruxas'. pero
nom se librou doutros cargos e foi declarada culpábel de envelenamento, morrendo
decapitada.
a partir de 1490 comezara
a 'caza de bruxas' por toda Europa, tanto en países católicos coma
protestantes, sendo queimadas vivas unhas 100.000 persoas (máis do 80%
mulleres), logo da pertinente tortura e 'confesión'.
daquela, todo o
inexplicábel, ou o que tiña unha razón que nom quería recoñecerse publicamente,
eliminábase da sociedade coa escusa da bruxería. así caeron disidentes
políticos, enfermos mentais, supostos herexes, comadroas, abortistas ou simples
'buscavidas'.
225 anos despois da súa
morte o Parlamento do cantón de Glarus discutiu e aprobou a rehabilitación
pública de Anna Göldi por 37 votos contra 29. porén, a decisión nom contou co
visto bo da igrexa protestante, que participara daquela no seu procesamento,
que considerou 'difícil certificar a súa inocencia logo de 225 anos'. tampouco
algunhas autoridades municipais estaban conformes coa decisión, sendo máis
partidarios de financiar unha investigación histórica sobre a súa vida.
un acontecemento tan
antigo como o relatado segue a xerar debate e interese. o deputado Fritz Schiesser, impulsor da
rehabilitación, afirma que 'agora se recoñece, por fin, que a muller foi
condenada inxustamente'.
perdura unha modesta göldimania en forma de película (Anna Göldi, die letzte Hexe - Gertrud
Pinkus, 1991), documentais televisivos, un museo no seu honor con actas do
proceso e os instrumentos utilizados para torturala, artigos en prensa, libros
e incluso unha pequena rúa que leva o nome de 'a última bruxa' en Mollis, a vinte
minutos escasos en coche de onde foi axusticiada.
inda que tamén hai quen
di que a última 'bruxa' foi unha polaca executada en 1793. Glarus, sen embargo,
reivindícaa a ela como a última cun monumento, inaugurado en 2014.
FONTES: la última
bruja de Europa (el país) & la
fascinante Anna Göldi, la última bruja de Europa (la vanguardia)
deturpación de @xindiriz
No hay comentarios:
Publicar un comentario