22.10.18

GZ merece máis ...

Ana Pontón
ANA PONTÓN
voceira nacional do BNG
texto orixinal publicado por 'lavoz'

sería alentador pensar que os orzamentos do PP van solucionar o paro, a precariedade, as listaxes de espera, a fenda salarial ou atender as persoas dependentes, mais a realidade é ben diferente e a propaganda nom arranxa os problemas deste país.

os orzamentos insisten nun modelo fracasado e nom van mellorar os servizos públicos, nin sentar as bases dun novo modelo produtivo -autocentrado, innovador e sustentábel- que cree emprego estábel con salarios decentes. son o espello dun Goberno esgotado, rutineiro e sen proxecto de futuro. o Goberno de Feijoo nom deixa unha herdanza de prosperidade, deixa unha GZ máis endebedada, con menos emprego e máis precariedade, cos salarios e as pensións máis baixas do Estado e cunha xeración perdida na emigración.

temos uns orzamentos lastrados por un financiamento inxusto, mais Feijoo, en lugar de defender un concerto económico que nos daría máis recursos, teima en defender o mesmo esquema centralista. e o máis grave, usa a escuálida capacidade fiscal para facerlle agasallos aos ricos, mentres o común dos galegos e das galegas nom notarán as anunciadas rebaixas de impostos. iso si, seguiremos vendo como se deterioran os servizos públicos. confunde política social con cemento. sen recuperar e ampliar o profesorado e o persoal médico expulsado polos recortes, nom avanzaremos cara a un estado do benestar forte.

a principal preocupación dos galegos e das galegas é o emprego, pero nestes orzamentos nom hai un plan para industrializar a base produtiva, pechar ciclos e xerar valor engadido, nin unha aposta pola I+D+i, -Feijoo situounos á cola da innovación-, nin pola economía circular.

o proxecto estrela é o Xacobeo 2021. como se un país co potencial en coñecemento, no agro, no monte, na pesca, na robótica ou na produción enerxética tivese que resignarse a un turismo de baixo custo.

falta confianza en GZ e visión de futuro, con propostas como unha tarifa eléctrica galega que nos permita usar os nosos recursos, para evitar peches como o que ameaza a Alcoa.

falta valentía e proxecto de país. GZ merece máis. moito máis.

No hay comentarios:

visitantes