xente despedindo a xente www.elmundo.es no artigo 'la cara amable de la emigración gallega' |
ante as recentes manifestacións públicas do
Alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias, @s abaixo firmantes queremos manifestar
a nosa repulsa contra unhas declaracións que consideramos inxustas,
descoñecedoras da realidade e fomentadoras dunha cultura xenófoba e violenta.
nun momento como o actual, onde nos últimos
anos se veñen destapando a diario actos de corrupción, roubo, e estafas
xeneralizadas por diferentes persoas con importantes responsabilidades en
Concellos, Diputacións, Caixas de Aforro, empresas públicas e privadas, persoas
que raramente son estranxeiras.
nun momento no que as persoas inmigrantes en
todo o mundo, e particularmente en España, son sometidas a actos de violencia
institucional denunciados pola sociedade e por diferentes asociacións, colectivos
e institucións internacionais (devolucións “en quente”, cuchillas nas vallas,
disparos a persoas que están afogándose, torturas en CIEs, redadas e
deportacións masivas, …).
terceirociclo-arzua.blogspot.com |
nun momento no que milleiros de galegos se
ven obrigados a coller a maleta e emigrar como o fixeron xeneracións de galegos
que nos precederon.
nun momento no que movementos xenófobos
agroman en países como Francia, Suíza, Reino Unido ou Alemania.
nun momento, en fin, no que como en calquera
momento histórico, a xente se ve obrigada a deixar casa e país por intereses
económicos das corporacións internacionais, … nese momento, o Alcalde de Lalín
vén fixar a atención e reclamar endurecemento das penas.
pois non, os vecinos de Lalín, fillos, netos
e bisnetos de emigrantes, decímoslle á sociedade que as víctimas non deben
ser tratadas como verdugos.
decímoslle a Xosé Crespo que non queremos que
fomente o racismo nin a violencia desde o cargo polo que representa ao noso pobo.
texto de 'miguel fernández taboada'
No hay comentarios:
Publicar un comentario