vivonunhaaldea.blogspot.com |
NIN O MAL SE CANSA
NIN O BEN DESCANSA
NENA, NUNCA HAI ABONDO
(nalcando no pub
Vento)
unha
fun do
trinque por diante e por detrás.
a miña
familia e as miñas amigas,
as veciñas e
as compañeiras na ringleira
sorrían sen
recato e a min inaugurábanme.
presas nas
máquinas baldeiras
o miolo
médralles esfandangado.
na calor
daquel día de verán,
a vergoña da
primeira vez molloume toda,
sen os
consellos nas actas do concello.
as outras,
paseantes,
coas mans
divertidas na mesturanza dos sons
dunha
guitarra boa e unha batería rebuldeira.
logo,
chorando, no escuro da miña cama
pensei
venturosa que medrara
ata chegar á
punta do gromo máis novo de todos.
dúas
outro día de
verán máis homes,
tamén por
riba e por baixo.
vin entón
que inda ía medrar,
e que
mudarían as súas antefaces.
a súa
influenza entretiña as intelixencias
no
percorrido das covas de óso.
lista, nin
berrei que me acudiran.
a miña
familia e as miñas amigas,
as veciñas e
as compañeiras na ringleira,
murchas e esfoladas,
tinguen o
chan co sangue
que agroma
máis medras que camiñan
coma un
equilibrista e a súa barra,
soberbias,
sen saber do xogo
e da dor no
medio do meu silencio.
e tres pólas
neste souto
hai moitas castes,
os monos
tropicais brincan de aquí para alí
mexando as
árbores todas:
a semente
mergúllase
nas fonduras
da madeira,
as medrosas
e aldraxadas
van á miña
inauguración,
coa roupa da
festa e de ganchete,
empoleiradas
en cada nó,
cada novo
día de verán.
eu, que
pensei estar na última das medras
e o único
que tiven
foi unha
bolsa do super,
das de tres
céntimos,
chea de
bágoas caladas e baldeiras
medrando
regatiños enxoitos.
KILL ME, BABY,
BUT DON'T LET ME
SUFFER THE FEEL OF THE STEEL
(nalgures nalcando
nunha canción)
No hay comentarios:
Publicar un comentario