hai pouco, Kathleen
Geier (The Baffler, Internet) tentou
resumir as críticas conservadoras ao libro de Thomas Piketty, Capital no século XXI.
o razoamento de
Piketty é minucioso e complexo, pero hai cinco puntos que destacan
especialmente:
1. a relación entre a
riqueza dunha sociedade e a súa renda anual tende a medrar (ou minguar) ata un
nivel equivalente á taxa de aforro neto dividida pola taxa de crecemento.
2. o tempo e o azar
levan inevitablemente á concentración da riqueza en mans dun grupo
relativamente pequeno, ao que denominaremos ‘os ricos’.
3. conforme os
beneficios inmediatos da industrialización van sendo recollidos, a taxa de
crecemento da economía tende a diminuír; ao mesmo tempo, a taxa de aforro neto
aumenta, debido á redución de impostos progresivos, o fin da destrución caótica
da primeira metade do s. XX e a ausencia de motivacións sociolóxicas abondo que
leven aos ricos a gastar os seus ingresos ou a súa riqueza en vez de aforralos.
4. unha sociedade
onde os ricos posúen un alto grao de influencia económica, política e
sociocultural é en moitos aspectos unha sociedade non desexable.
5. nunha sociedade
onde o cociente entre a riqueza e a renda anual é un múltiplo moi grande da
taxa de crecemento, o control da riqueza transmítese por vía hereditaria (Geier
denomínao heiristocracy [‘goberno dos
herdeiros’]); esa sociedade é incluso máis indesexable, en moitos aspectos, que
unha meritocracia dominada por unha elite de emprendedores ricos.
incluso nesta versión
resumida, o razoamento de Piketty é complexo e tal complexidade debería atraer un
gran número de críticas substanciais. De feito, Marr Rognlie atacou o punto 4,
co argumento de que a taxa de rendemento da riqueza decrece con rapidez a
medida que aumenta o cociente entre riqueza e renda anual, de xeito que,
paradoxalmente, canto máis ricos son, os ricos menos participan da renda total,
e a súa influencia económica, política e sociocultural tamén diminúe.
Tyler Cowen (Universidade
George Mason), facéndose eco do pensamento de Friedrich von Hayek, criticou os
puntos 4 e 5. Segundo Cowen, os ‘ricos ociosos’ son un recurso cultural valioso
precisamente porque constitúen unha aristocracia con tempo libre. Non estar
atados á roda kármica de ter que producir, gañar cartos e gastalos en artigos
de primeira necesidade e de uso cotián; precisamente o que lles permite ter
unha visión a longo prazo ou heterodoxa das cousas e crear, por exemplo, arte.
para outros o único
‘argumento’ foi dar por sentado que haberá unha nova revolución industrial que
porá novos beneficios ao alcance de todos e que irá acompañada de outra onda de
destrución creativa. De suceder tal, permitiría maior mobilidade ascendente, o
que negaría os puntos 2 e 3.
pero o máis
extraordinario en relación cos críticos conservadores do libro de Piketty é o
pouco que teñen desenvolto calquera destes argumentos e o moito que se teñen
dedicado, en cambio, a cuestionar, as capacidades analíticas do autor, as súas
motivacións e, incluso, a súa nacionalidade.
Clive Crook, por
exemplo, sinala que ‘as limitacións dos datos que presenta e a grandiosidade
das conclusións que extrae (…) roza a esquizofrenia’, dando lugar a conclusións
que ‘ou ben non se sustentan nos datos e análises, ou ben se contradín con
eles’. Segundo Crook, Piketty deixouse levar polo seu ‘terror ao aumento da
desigualdade’.
mentres, James
Pethokoukis considera que o traballo de Piketty se podería resumir nun tuit: ‘Karl Marx non estaba trabucado,
era un adiantado ao seu tempo. Iso é todo. Síntoo, capitalismo.
#desiguadadeXsempre’.
e tamén está a pueril
acusación de Allan Meltzer de exceso de galicismo: resulta que Piketty
traballou cun colega francés, Emmanuel Saez, ‘on MIT, onde era profesor Olivier
Blanchard [FMI], tamén francés. Francia puxo en práctica, durante moitos anos,
políticas destrutivas de redistribución do ingreso’.
ao combinar todas
estas liñas da crítica conservadora, é evidente o verdadeiro problema da
dereita co libro de Piketty: o autor é un estranxeiro mentalmente inestable e
comunista. A vella táctica da dereita estadounidense, que destruíu miles de
vidas e carreiras en tempos do macartismo.
Pero dicir que determinadas ideas son ‘antiamericanas’, en calquera sentido que
sexa, é un epíteto, non un argumento.
agora, en cidades
americanas de centro–esquerda como Berkeley (California), onde viviu e
traballou, o libro de Piketty foi recibido cunha aprobación que raia a
reverencia. Quedamos impresionados pola cantidade de traballo que o autor e os
seus colega dedicaron a reunir, combinar e depurar os datos; a intelixencia e a
habilidade con que construíu e presentou os seus argumentos; e o traballo
denodado de Arthur Goldhammer na tradución ao inglés.
claro hai un 10% ou
un 20% da argumentación de Piketty coa que non todos concordan, e tamén teñen
dúbidas sobre, tal vez, outro 10% ou 20%. Pero en ámbolos casos, o 10% ou o 20%
de cada un é diferente. É dicir, hai un consenso maioritario en que todas as
partes do libro son, en termos xerais, acertadas.
a menos que os
críticos de dereita de Piketty eleven o seu nivel no debate e presenten
argumentos realmente válidos, esa será a avaliación que prevalecerá do libro de
Piketty. E non a van mudar colgándolle o sambenito de ‘roxo’ e ‘francés’.
J. Bradford DeLong,
ex secretario adxunto ao Tesouro de EEUU, é profesor de economía na
Universidade de California en Berkeley e investigador asociado na Oficina
Nacional de Investigacións Económicas (NBER)
©
Project Syndicate, 2014.
texto
orixinal
tradución e deturpación (moi
lene) ao galego de @xindiriz
No hay comentarios:
Publicar un comentario