Martiño Nercellas xunto a un garda en Parque Nacional de South Lwuanga, Zambia, 2012 www.farodevigo.es |
pouco
pode durar a sensación de certa vitoria no caso das fragas de Catasós. O único
favorable é o tempo cautelar que se gaña antes de que Fenosa (Gas Natural)
comece finalmente a construír a liña de alta tensión. As alternativas, polo de
pronto, xa se aventuran coma unha ‘non solución’. Se as supostas negociacións ‘ao
máis alto nivel’, que cabe lembrar resultaron só posibles tras o enfado popular
e o toque de atención aos que fan política desde as institucións, acaban só por
propoñer a aparencia como solución, pois o resultado é totalmente
insatisfactorio: a medida para protexer a fraga pasará por un novo deseño que
afectará igualmente a fraga.
unha
rápida revisión do ‘regulamento de liñas eléctricas de alta tensión’ lévanos a
ver que, alá por onde pase calquera liña, quedará afectada obrigatoriamente
unha servidume de paso a efectos de seguridade: ‘para evitar as interrupcións
de servizo e os posibles lumes producidos polo contacto de ramas de troncos cos
condutores dentro dunha liña eléctrica aérea, deberá establecerse mediante a
indemnizacións correspondente, unha zona de protección da liña cuxa anchura
será definida pola proxección sobre o terreo dos condutores extremos e das súas
cadeas de illantes …’
fraga de Casas Vellas www.lavozdegalicia.es |
tamén
recolle o regulamento que o responsable da explotación da liña: a/ estará
obrigado a garantir as distancias coa masa de arborado dentro da zona de servidume, estando obrigado
o propietario do terreo a permitilo;
b/
deberá vixiar tamén que o corredor por onde pasa a liña manterase libre de todo
residuo procedente da súa limpeza, ao obxecto de evitar a xeración ou
propagación de lumes forestais.
en
definitiva, dúas alternativas que teñen por solución a non solución do
problema. Nestes momentos as fermosas fragas, coas súas árbores centenarias,
continúan igual de ameazadas que antes do venres.
e para rematar dous datos. primeiro, o conxunto do que estamos a falar é dun altísimo valor ecolóxico e algúns exemplares son case únicos.
segundo, Gas Natural, a megaempresa promotora da liña de alta tensión acaba de lanzar unha OPA de 2600 millóns en Chile para facerse cunha compañía eléctrica local e din que non teñen 4 para soterrar esta liña.
valoren vostedes os datos e vexan e oigan o último 'spot' publicitario da empresa, ese onde din 'la energía que piensa'. a saber en que pensan.
MARTIÑO NERCELLAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario