igrexa de Martiño de Lalín de Arriba ventá románica na ábsida con inscrición da fundación do mosteiro |
en 1763 o pai Rodríguez
publicou o ‘tumbillo’ de pergameos do
Arquivo Catedralicio de Lugo, que inclúe unha escritura de doazón de bens ao
mosteiro de Martiño de Lalín de Arriba feita por Adosinda Gudesteiz, filla de
Gudesteo e Ledegundia, condes de Deza. O documento foi traducido ao castelán
por Ventura Cañizares, párroco de Lalín (1905-1914).
é probable que a
mediados do s. X, no lugar onde se edificou o mosteiro, non houbese máis que
unha villa con algunhas dependencias,
onde vivían servos que os condes, pais de Adosinda, tiñan para coidar destas
terras. Á fronte destes servos ou colonos podería un tal Lalinus, de quen tomaría
posteriormente o nome o lugar, cousa frecuente daquela.
o mosteiro fundárao
o bispo de Mondoñedo Arias Peláez para proporcionarse un retiro temporal ou
definitivo unha vez abandonada a sé episcopal, igual que Rosendo, primo de seu
pai e tamén bispo de Mondoñedo, fixera con Celanova. A data descoñécese con
exactitude mais, tendo en conta que Arias Peláez foi bispo desde 973 ata 985
aproximadamente, e que inda vivía en 1007, podemos establecer unhas marxes
amplas, entre 973 e 1007. O bispo era cuñado de Adosinda por ter casado esta con
Gonzalo Peláez.
o documento de
doazón é de 4 de maio de 1019. Nel, Adosinda Gudestéiz, viúva de 52 anos e
residente no mosteiro, doa unha parte do que lle correspondera nas partillas
entre seus irmáns (Munio, Ordoño, Gudesteo, Ero e ela mesma) ao mosteiro de san
Salvador, santa María e san Martiño de Lalín.
entre outras cousas, doa obxectos de uso litúrxico e doméstico, libros: “libros ecclesiasticos psalterios iii, antifonarium i, comico i, manualio i, ordinos iiii, orationum i, passionum i, regula beati benedicti, liber beati Martini, alio beati agustini, sinonimarum, liber iudicum, canticorum i, preco i, versario i, uirginitatis sancte marie …”; gando, posesións territoriais (por exemplo, a villa de Noceda) e servos: homes que tiñan que prestar obedientia ao mosteiro e este, á súa vez, quedaba obrigado a prestarlles piam moderationem et defensionem, a cambio das que os campesiños tiñan que entregar o servizo que se lles ordenara.
do texto do documento dedúcense varias informacións:
entre outras cousas, doa obxectos de uso litúrxico e doméstico, libros: “libros ecclesiasticos psalterios iii, antifonarium i, comico i, manualio i, ordinos iiii, orationum i, passionum i, regula beati benedicti, liber beati Martini, alio beati agustini, sinonimarum, liber iudicum, canticorum i, preco i, versario i, uirginitatis sancte marie …”; gando, posesións territoriais (por exemplo, a villa de Noceda) e servos: homes que tiñan que prestar obedientia ao mosteiro e este, á súa vez, quedaba obrigado a prestarlles piam moderationem et defensionem, a cambio das que os campesiños tiñan que entregar o servizo que se lles ordenara.
do texto do documento dedúcense varias informacións:
1. trátase dun
mosteiro dúplice, é dicir, habitado por homes e mulleres, con dúas casas, unha
para cada sexo, separadas pola antiga igrexa, baixo a autoridade e réxime de
abade e abadesa respectivamente; un feito non infrecuente na alta Idade Media.
2. é un mosteiro
beneditino, un dos primeiros de Galicia; información confirmada polo exemplar
da regra monacal que figura entre os libros doados.
3. en partes do
documento o mosteiro é citado como de san Salvador, santa Mariña e san Martiño;
e noutras só como de san Martiño de xeito que as dúas primeiras advocacións
poden ser simples fórmulas para poñer a institución baixo a protección de Deus
e súa nai.
4. tiña unha igrexa
prerrománica, quizás de tres naves (unha por cada advocación), que Adosinda
cualifica de ‘notable pola súa marabillosa fábrica’. Nela menciónase unha
reliquia de Martiño, que lle daría categoría na época (pola capacidade de
atraer fieis e, polo tanto, ingresos económicos), sobre todo tendo en conta que
Martiño de Tours era daquela obxecto de moita veneración.
5. a vila de Lalín
naceu con posterioridade á fundación do mosteiro para dar servizo a este.
o mosteiro tiña dez
monxes presbíteros, catro diáconos, numerosos monxes leigos, inxentes doazóns
de terras, corenta servos, quince eguas, cincuenta reses de gando vacún e
trescentas ovellas. Isto supón que as dependencias eran importantes.
Probablemente xa existira un núcleo en torno ao mosteiro, quizás máis numeroso
que o actual Lalín de Arriba, que sucedeu a tal agrupación monástica.
unha das
finalidades da doazón era que servise de alimento e atención a pobres e
peregrinos e non só servir de retiro aos que buscaban a perfección e
tranquilidade do seu espírito lonxe dos eloxios e ruídos mundanos. Este dato fai
pensar que o lugar era camiño de peregrinación a Compostela. O lugar formaría parte
do chamado ‘Camiño de Inverno’, que entraría en terras de Lalín por Maceira e
pasaría por Coto da Anta, Rego de Ribadeiro, Rego do Barranco, Palmaz, Rego de
Reboredo, e Lagazós ata chegar á igrexa e mosteiro de san Martiño; logo proseguiría
pola rúa Calzada ata a actual igrexa parroquial, Concello Vello e paseo fluvial
do Pontiñas, Polígono Industrial Lalín-2000, onde se atopa o albergue de
peregrinos de A Laxe e onde se une á ‘ruta da Prata’, de camiño a Compostela.
descoñécense os
motivos da desaparición do mosteiro pero non superou a Idade Media. Hipólito de
Sa afirma que inda existía en 1239, segundo testemuña unha permuta de bens que
fixo a abadesa do mosteiro co abade do mosteiro de Acibeiro: unhas herdanzas de
s. Miguel de Goiás a cambio doutras en san Paío de Refoxos, ademais da casa e o
dereito de caritel, que tiña na mesma
parroquia. No s. XV o mosteiro desaparecera e as terras do coto do mosteiro
estaban en mans dos monxes de Oseira. Hoxe non queda nada da fábrica monacal e
a igrexa actual non é a do mosteiro.
IGREXA DE MARTÍN O VELLO DE LALÍN
(‘Las rutas del románico en la provincia de Pontevedra”): románica, de
planta rectangular cunha nave e unha ábsida, modificada no lado norte co
engadido dunha sancristía. No interior da nave ten ventás abucinadas e no
exterior a modo de saeteira, dúas en cada lado, estando tapiadas as do muro
sur. Ten dúas portas laterais, a do sur modificada e a norte conservando a
traza primitiva, é de xeito rectangular con mochetas rudimentarias esculpidas
sobre as que asenta un tímpano semicircular completamente liso. A cuberta
interior é de madeira. Na ábsida ten un arco triunfal de medio punto
lixeiramente peraltado sobre columnas anexadas de fuste groso e bases con
garras. Na cabeza un retablo que oculta a ventá románica da ábsida.
no exterior a
ábsida é rectangular e ten unha ventá de arcos semicirculares sobre columnas,
debaixo da que se ve unha inscrición en carácteres góticos cruamente gravados:
era de 1485. Cara 980 fundou o mosteiro de Martiño de Lalín o bispo don Arias
Peláez, segundo testamento da súa sobriña dona Adosinda, datado en 1019,
transcrito por Ramón Aller. Ten unha interesante colección de canzorros e nas
pedras dos muros bastantes signos lapidarios da época da construción da igrexa.
A portada principal é abucinada e interesante polo seu primitivismo e
austeridade ornamentais, ten arquivoltas dóricas semicirculares e unha
arquivolta exterior xadrezada sobre dous pares de columnas anexadas nas xambas.
O tímpano é liso sobre encaixes con figuras esculpidas de animais. Sobre a
portada e no centro da fachada unha pequena abertura dunha ventá. No piñón, o
campanario romano formado por un arco de medio punto sobre piastras debaixo dun
tímpano triangular coroado pola figura esculpida do agnus dei.
historia recente: a
principios do século XX esta igrexa estivo a punto de ser derrubada, co
pretexto de usar os materiais para construír os materiais. Foi vendida ao
contratista Sr. Miguélez, pero os veciño opuxéronse á demolición e conseguiron
que a súa antiga igrexa non fose derrubada. Oito veciños da parroquia: Domingo
Trabazo, Bieito Abeledo, Andrés Fernández, Antonio Ferradás, Xosé María
Abeledo, Xosé Trabazo, Camilo López e Bieito Álvarez, xunto co bispo de Lugo,
Bieito Murúa, mercáronlla ao contratista por 2500 pesetas, das cales 1000 pagounas
o bispado e 1500 os veciños; así o recolle unha escritura do 15 de outubro de
1905 outorgada diante do notario Domingo Henrique Aller.
REFERENCIAS:
ISLA FREZ, Amancio La sociedad gallega en la Alta Edad Media (CSIC, 1992)
VIDAL NEIRA, Antonio O mosteiro de Lalín de Arriba (publicado
en Faro de Vigo, edición Deza e
Tabeirós o 7-1-2014)
deturpación e compilación por @xindiriz
No hay comentarios:
Publicar un comentario