22.12.12

Keith Richards




1973, logo dun lume en Redlands.

Mick Jagger: “NON lembro moito do lume este porque non estaba alí. Non hai moito que dicir de Keith sentado nunha cadeira de bebé! Está fumando, espido, … O lugar semella un vertedoiro. Por que ías convidar alguén a tirar unha foto coma esta? Oh, é a súa casa, non si? Redlands, despois do lume? Si, Keith atraía esas cousas.”

30.10.12

xestión de residuos: fracaso e solución

dentro da campaña de recollida de sinaturas (15000 son necesarias) para que se debata no Parlamento de Galicia a "ILP para a Aplicación efectiva dos tres R (reducir, reutilizar e reciclar)" estamos (Comisión Promotora) a realizar charlas e actos divulgativos e informativos alí onde nos é posible e nos chaman ... para iso empregamos material como a presentación que aparece nesta entrada

axúdanos a divulgar e concienciar á sociedade galega no seu conxunto ... é unha cuestión na que tod@s, máis alá de ideoloxías e adscricións, temos que traballar xunt@s

data límite para a recollida de sinaturas ... 5 de febreiro de 2012





11.10.12

a piscina e a burbulla ou a piscina na burbulla ou …, crónica dunha mañá calquera

in lalín city
http://www.galiciaenfotos.com/lalin-arena/

en mala hora decidín erguer cedo e ir nadar un chisco antes de almorzar. conforme me aproximaba á piscina nova pensaba … oe, parécese ao Arena, como se fora deseñada para ser parte dun único complexo. e iso que a piscina é agora pública e polo Arena xa pagamos ben á concesionaria. cousa rara … será que van “nacionalizar” o Arena?

metinme no vestiario coma un VIP, nada de espera, inda non puxeron torno. estaba axustando ben o bañadorciño e … entra unha, tola perdida e sen pudor, preguntando se había enchufe no dos homes que no das mulleres non había e a ver como seca o pelo agora para non pillar unha pulmonía na longa andaina de volta … decátase que non son formas e marcha como e por onde chegou: de súpeto e pola porta …

estas tías, como son … di o espontáneo habitual … que sorte sermos de lalín ... segue con entusiasmo … crise por todos lados e nós, pola contra, estreamos piscina nova

pois si, que sorte ser de lalín … e mentres me metía na auga manobrando torpemente por culpa da lesión no xemelgo pensaba … o noso alcalde debe ser un disidente porque Rajoy, o seu presidente e o meu, ten dito que temos vivido por riba das nosas posibilidades por culpa da esquerda “manirrota” e agora estamos como estamos e que toca aforrar e non gastar o que non se ten …

chego por fin á outra punta do vaso e alguén (malditas gafas … sempre se me abafan) quéixase de que non hai as referencias que había na vella e que por iso acaba de levar un castañazo nadando de costas. colleu carreira e segue … que súa nai, maior, está que trina porque na nova non da subido nin baixado porque non deixaron esqueiras (???) …  e segue, xa noutro ton … uffffffff, que ben se está sen @s nen@s … se @s trouxera tería que ter tino continuo porque resulta que o vaso infantil é fondo de máis e non se lles pode deixar so@s pero non é tan fondo o fondo porque así afórrase auga e combustible, non porque o terreo onde se construíu se “vaia” coma cando estaba alí a Feira Vella, que non … isto non o deseñaron tip@s que aprobaron raspado ou é así por “xestións” de despacho … en lalín city cousa pensada e planificada

imaxinade o esgotado que chego á cafetería, pola andaina de volta e polo mal “rollo” acumulado … e co xornal inda por diante. nada máis sentar asáltame outr@ e remátame: oe, que che parece a piscina nova?, e sen deixarme falar xa di que está cabread@ porque @ fill@ está cabread@ porque @ monitor@ lle dixo que a instalación non se vai poder homologar para competicións e a ver para que está adestrando e que se é certo como imos facer … competir, competir … pero para que queres que o teu fillo compita? incúlcalle valores “sans”: o importante é participar, non competir

se marchara para casa pasar o ferro … pero non … vexo no xornal unhas fotos estupendas que monumentalizaban a burbulla inmobiliaria, a tolemia que atrapou a economía e as elites políticas do estado dende os inicios dos gobernos Aznar alá pola década dos 90

e pasou … noto que parte de min xa rumia tamén contra a piscina nova … loitando coa parte do si home, quéixanse de vicio, de envexa, non sei de que se queixan …

era necesaria unha piscina nova? duran tan pouco as doutros lugares como durou a nosa? foi a maquinaria e o seu “absoluto” deterioro causa fundamental para ter que facer outra, sería que @ concesionari@ non a coidou ben?, vixiou o Concello?, foi culpa da xestión do propio Concello dende que a “nacionalizou”?, que pague o da culpa por favor, non eu … estou algo “apretado”

a ver, logo de reflexionar, que vos parece isto? … volvamos á piscina vella e fagámola nova e poñamos a biblioteca onde está a nova, que agora pasará a ser a vella. xenial, non si?

paro … pero tédesme que crer, por favor. foi así. non esaxero nada. non é o meu

29.9.12

galego e plurilingüísmo no ensino


I

En Galiza temos o privilexio de vivir a cabalo de dous ámbitos lingüísticos ricos e frondosos. Falamos galego, lingua irmá do portugués, que nos debería ligar coa lusofonía, e falamos castelán, lingua espallada tamén por todo o mundo. Pero os acontecementos políticos e sociais dos catro últimos anos non permitiron resolver as complicacións nin aproveitar as vantaxes que a situación lingüística da nosa terra nos plantexa.

Dende os inicios do sistema democrático e autonómico as leis sobre a cuestión lingüística sempre se aprobaran cun amplo respaldo político. As disensións, tamén importantes, viñan da man da aplicación real das normas. Para uns, maioritariamente sectores nacionalistas e de esquerdas, as normas amparaban unha política de inmersión lingüística que non se acababa de producir pero imprescindible para a normalización da lingua minorizada, o galego; para outros, o PP e sectores do PSdG-PSOE, a aplicación era a axeitada e equilibrada, incluso demasiado pro-galeguista.

Estas tensións latentes na aplicación práctica das normas fixeron saltar polos aires o consenso lingüístico. O goberno bipartito PSdeG-PSOE/BNG aprobou unha nova norma (Decreto 124/2007) que, moi lonxe de promover a por algúns desexada inmersión lingüística, inda así non contou co consenso do PP, onde os sectores máis pro-galeguistas xa perderan peso fronte aos sectores máis centralistas, e polo tanto, menos proclives á defensa da lingua propia de Galiza. É cuestión de discutir a quen se debe responsabilizar por romper o consenso normativo pero o caso é que se rompeu e o galego pasou a ser un motivo de enfrontamento aberto.

II

O que din os informes lingüísticos e o que resulta evidente se se observa a presenza de galego e castelán no noso entorno é que, de precisar protección, a lingua que a precisa é o galego, non o castelán, suficientemente consolidada en Galiza, o estado español e probablemente no mundo. Non sei vós pero eu teño que esforzarme por ler un xornal en galego, por ver unha película en galego, por escoitar bo rock en galego. Non sucede así co castelán, e tampouco co inglés. E nas cidades, onde se cocen as cousas, o galego sofre un absoluto retroceso entre a xuventude: os que falan galego case son bichos raros, incluso che din, “a ver di algo en galego.”

Neste sentido cómpre lembrar do concepto de discriminación positiva, consistente na reserva dun espazo de presenza mínimo obrigatorio a un colectivo que precisa especial protección para o seu desenvolvemento, xa que as persoas que o engloban, se non se fixera isto, nunca poderían acadar un mínimo de participación na sociedade ou acceso a dereitos que o resto da poboación goza.

Pensade nas políticas feministas, nas políticas de protección de minorías raciais e lingüísticas. Ou para ser máis gráficos, pensade na política de bolsas de estudos. Compañeiras e compañeiros vosos non poderían ir á universidade inda tendo demostrado capacidade abondo se non fose porque o estado lles axuda economicamente cando as súas familias non o poden facer.

Neste contexto é onde debemos analizar a lexislación actual e ter argumentos para determinar se o galego conta nela coa protección que precisa.

III

No repaso da norma abondará con fixarnos nalgún exemplo escollido, pero significativo do que a norma no seu conxunto pretende. Empecemos, por que non, polo final.

No decreto 124/2007 creábanse os “Equipos de normalización e dinamización lingüística”. Na disposición transitoria primeira da actual norma estes pasan a denominarse “Equipos de dinamización da lingua galega”. Este feito reflicte ás claras a intención do novo lexislador.

Primeiro, se o castelán está en perigo tal e como se di no preámbulo da norma onde se fala dun posible cambio do “modelo de conxunción de linguas … aceptado por todos,” eu pregúntome por que non se dinamiza o castelán; a resposta é porque non o precisa en absoluto.

Segundo, suprímese a palabra normalización. Será porque o uso do galego xa está normalizado?, evidentemente non, non o está. Insistirei cun exemplo deste ies. Cada certo tempo, cando nos peta e temos tempo xuntámonos un grupiño para traducir textos do inglés preferentemente. E, de non insistir noutra cousa, de sete, a maioría fai as traducións ao castelán.

O galego, para sobrevivir, precisa impulsos amables, pero contundentes.

IV

Se non houbera problema abondo e aproveitando o tan manido concepto de globalización, no mesmo saco inclúese o ensino do inglés, dando opción a que materias non lingüísticas se impartan nesta lingua. Parece ser que o plurilingüísmo no ensino debe vir por aí e que aumentar as destrezas do alumnado en lingua inglesa encadearanos ao mundo definitivamente e nos salvará do noso illamento.

Así, a norma establece un equilibrio ao non poder superar ningunha lingua, nunha situación ideal, o 33% de materias impartidas por nivel de ensino.

Para empezar, que se afonde na aprendizaxe do inglés é fantástico, quen o vai dubidar. Pero hai que ser coidadoso coas medidas que se establecen. Os profesores máis preparados para ensinalo, mentres non se demostre o contrario, seguimos a ser os profesores de inglés. Non se debería cargar excesiva responsabilidade nos doutras especialidades porque non é o seu.

Que se podería facer para que o alumnado aumente significativamente o seu nivel en inglés? Refórcese o currículo desta lingua dende idades máis temperás con máis carga lectiva e con ratios significativamente menores. Refórcense os medios materiais nos centros de ensino: hai outras materias que deben ser impartidas en aulas específicas, coma música, educación plástica e visual ou tecnoloxía; nada se di, pola contra, de que os centros deban ter obrigatoriamente un laboratorio de idiomas. Probablemente xa se estean a tomar algunhas destas medidas, pero de xeito absolutamente tímido e cunha progresión no tempo lentísima.

V

Xa existe algo semellante ao que estipula o decreto: as seccións bilingües, que teñen aspectos moi positivos pero son radicalmente diferentes ao previsto na lexislación de plurilingüísmo e centros plurilingües.

Nas seccións bilingües participa o alumnado que así o desexa porque está disposto a afrontar o reto, probablemente teñen as mellores cualificacións e non só en inglés e na materia afectada. Nos centros plurilingües participará todo o mundo, os que estudan e os que non o fan, os que teñen boas cualificacións e os que non, os que levan os cursos sen repetir e os que teñen tido que facelo. É lóxico pensar que o alumnado con peor rendemento terá resultados inda peores se deben estudar certas cousas en inglés, especialmente naquelas materias con maiores porcentaxes de fracaso.

Outra dificultade a ter en conta. Ao alumnado non se lle pode esixir aprender física-química nivel 3º eso con nivel inglés 3º eso, o razoable é que se adquira previamente un nivel superior de inglés para que o vehículo de comunicación non sexa un problema e as dificultades xurdan unicamente do estudo da materia non lingüística. Habería pois que aumentar ou adiantar as vosas destrezas en lingua inglesa. E a lexislación non prevé ata o momento absolutamente nada ao respecto.

VI

Centrémonos novamente na situación do galego. No decreto cítase, como cuestión básica, a noción de “equilibrio” ou “oferta equilibrada” entre galego e castelán. O que se debería pretender é que a realidade sexa equilibrada. Pouco importa que a norma o sexa se non consegue que a realidade mude. E a realidade ten que mudar. E para que o faga igual as materias estudadas en galego deberían superar amplamente o 50%, a timorata proposta do tan denostado decreto 124/2007 do anterior goberno bipartito.

Se hai que repetilo unha e mil veces faise. En Galiza non hai equilibrio real no uso das dúas linguas cooficiais. Non o hai. Non teñen a mesma consideración social e o número de falantes de cada unha é totalmente desigual.

Outra cousa será o que se diga nos xornais, maioritariamente en castelán por certo. Certamente reflicten de cando en vez o que persistentemente indican os informes científicos, pero inda sen tempo nin medios para facer un estudo sobre o tema intúo quen aparecerá coma radical e quen coma moderado, quen coma aldraxados nos seus dereitos e quen serán os que cometen as tropelías. Pero iso hai que testalo cientificamente, citar números, casos, non elevar as anécdotas a categoría como se leva feito. Eu insisto en que nos fixemos no que temos a man.

VII

Inda pode haber máis. Este decreto, simplifica o sistema educativo, refórzao, consolídao? Ou contribúe a disgregalo, a provocar diferenzas e guetos?

Na determinación da lingua na que se deben impartir as materias non lingüísticas non se establece ningunha medida de coordinación, nin sequera a nivel comarcal ou local. Cada centro pode decidir libremente, outro concepto, o da liberade de elección, ao parecer tamén salvífico.

Que ocorre entón se alguén que teña estudado unha materia “A” nun centro en castelán se ten que marchar a outro lugar e resulta que alí o centro é plurilingüe e a materia se imparte en inglés? Claro sempre lle podemos dicir iso tan pedagóxico de “que estudie!!!!!”.

E xa sei que o decreto repite unha e outra vez que se extremarán as medidas de coordinación para que se axude ao alumnado que presente déficits pero para iso tampouco van vir máis profesores; sería a primeira vez. Non vai ser que nos contradigamos e pretendendo formar parte da globalización esteamos a crear “territorios” artificiais dentro do noso.

E é certo que a norma di non renunciar a avaliar competencias do alumnado nas dúas linguas ao final de cada etapa educativa e tomar decisións se os resultados non mostran equilibrio. Pero fálase de “avaliará” e de “desenvolverá”, nunha disposición derradeira, sen precisar instrumentos nin momentos. Moito me temo que igual pasa o mesmo que coa famosa “Avaliación de diagnóstico”, en Galicia celebrada tan só un ano con poucas consecuencias na práctica, que se saiba.

e VIII

Concluíndo. Con esta norma o galego pasa de ter un rival a ter dous, a saber cal máis poderoso, mentres se segue a insistir tercamente que xa está normalizado.

Eu discrepo absolutamente da análise do lexislador e da súa norma, pero tamén creo que as galegas e os galegos que veñan logo de min falarán galego se os que agora o facemos seguimos a esforzarnos por promover iniciativas atractivas e tolerantes que impidan que as lapas nin se apaguen nin brillen só, temerosas de ser, nun recuncho afastado ao que ninguén teña interese en ir, un recuncho que incluso os que nel malviven queiran deixar para non volver nin lembrar nunca que nel viviron e morreron seus pais e seus avós.

texto publicado en Kcharela, revista escolar do IES LAXEIRO no curso 2010-11

16.9.12

devir feminista

1913, protestando contra o goberno británico
CELIA AMORÓS: "el feminismo tiene tanta edad como en su día la de las mujeres que experimentaron sus opresiones y encontraron alguna fórmula, teórica y/o práctica, para darles forma. Y la de algunos hombres que fueron sensibles para los problemas de las féminas"

1762 - Jean-Jacques Rousseau publica Emilio ou da educación (libro V adicado a Sofía)

1792 - Mary Wollstonecraft publica Vindicación dos dereitos da muller.

1793 - François Poullain de la Barre publica Sobre a igualdade de ambos sexos. Discurso físico e moral onde se ve a importancia de desfacerse dos prexuizos.

1848 - Declaración de Seneca Falls ou Declaración de Sentimentos e Pareceres. Promovida por, entre outr@s, Elizabeth Cady Stanton e Susan B. Anthony.

REFERENCIAS
Celia Amorós. "El acta de nacimiento del feminismo" (2012)

17.8.12

as competencias do señor Crespo


Dende que o conselleiro Hernández anunciou a instalación dunha incineradora de residuos en O Irixo ata hoxe non houbo anuncio oficial renunciado ao proxecto. A empresa afirma que a Xunta non lle comunicou nada. O único acordo oficial relacionado co tema fala da ampliación do vertedoiro de Areosa (Cerceda), proba de que a cantidade de lixo que xeramos diariamente non fai máis que medrar e de que non se da feito bo dela.

Nas reunións mantidas co alcalde levamos oído moitas cousas, unha detrás doutra. Por exemplo, que se sentira traizoado polo conselleiro, un amigo persoal, cando o chamou xusto antes do anuncio oficial para advertirlle do que ía pasar. Non lle fixera caso ningún. Pero agora hai que crer o que afirma o alcalde cando di que o seu amigo lle dixo que a cousa non se vai facer. O mesmo conselleiro e o mesmo alcalde. Primeiro amigos persoais, logo con pareceres moi distintos e sen amizade e finalmente de acordo. Pero igual non tan amigos. Ou si. Non sei se se me entende.

O señor Crespo tamén dixo que el non era quen para anunciar nada. Era competencia do conselleiro. Pero isto tamén mudou, volve ser competencia súa transmitir mensaxes.

O único certo é que seguimos con rumores. Casualmente, cada vez que @s do NON Á INCINERADORA convocamos iniciativas (agora a sinatura da ILP), xorden rumores para desmobilizar á xente que nos apoia. Moit@s acaban pensando que a cousa xa a loitamos e que a incineradora non se instalará. Se inda por riba o di o alcalde.

Coa satisfacción polo traballo supostamente feito, o señor Crespo manexa argumentos que lle deben parecer sólidos, porque os repite con insistencia. Repasemos. A saúde das persoas non lle preocupa, porque só fala de imaxes: non quere chemineas e fumes pouco estéticos próximos a eses lugares do municipio que el e o seu equipo de goberno se van encargar de promover polo mundo para que a xente deixe moreas de cartos nos nosos petos cando nos veñan visitar.

Logo afirma que o modelo de tratamento de residuos é bo e non hai que mudalo. Pero as cifras din o contrario: poden pagar os concellos, incluído o noso, o sistema actual, que el sabe que é deficitario?, promóvese a redución do lixo e a recuperación significativa de materiais útiles (papel, vidro, ou plásticos)?, logo de custes e beneficios, prodúcese ou consúmese enerxía mediante a incineración?; e hai máis, pero non quero aburrir.

E terceiro, algo que me asombra, o compost seica “non hai quen o queira.” Pero se o venden no super a prezo de ouro, producido en Alemaña ou Cataluña. Aquí temos sempre outras prioridades; e cada vez máis montes queimados que agradecerían toneladas de compost de calidade.

O señor Crespo podería argumentar, pero non quere, o que moit@s dicían e din en O Irixo: “a merda de V*** (por non molestar a ninguén) para V*** e a nosa xa a comeremos nós.” Galicia, sendo un país pequeno pero moi heteroxéneo, debería buscar solucións diferenciadas segundo a zona; a nosa, unha vila rodeada dun rural inda vivo, non precisa compartir os problemas que ocasiona SOGAMA. Pero non, temos que ir tod@s polo mesmo camiño.

Fronte a iso propoñemos unha alternativa merecente de atención e estudo, asimilable ao que se promove dende a Unión Europea. A nosa proposta lexislativa, a ILP, terá cousas mellorables pero marca un cambio de rumbo razoable no tratamento dos residuos urbanos: moito máis inocuo, moito máis emprego, e sustentable financeiramente. É un camiño factible e realista e todo o que se desvíe del, lévanos a onde estamos agora. A rezar que a merda e a contaminación llas leven a outros, non a nós. Porque, amig@s, iso si, sen mudar o modelo, as incineradoras son necesarias.

E para rematar, o día do Cocido estivo en Lalín o señor Feijoo, o home que ten a última palabra. Aquel día o señor Crespo tíñao xusto ao lado e non fixo nada semellante ao que fixemos nós: falamos claramente, erguemos respectuosamente o carteliño INCINDERADORA NON. Unha mágoa. Estes días si se manifesta. Cando un leva ao lombo tantas maiorías absolutas pensará que pode dicir o que sexa. Pero esqueceuse de que nesta película nós, as plataformas cidadáns contra a incineradora (Irixo, Carballiño e Deza), movémonos e a pesar dos moitos paus nas rodas puxemos as cousas no seu sitio.

11.7.12

leccións de anatomía

Suárez sentado no seu escano durante o 23f
segundo Borges, "cualquier destino, por largo y complicado que sea, consta en realidad de un solo momento: el momento en el que el hombre sabe para siempre quién es" (p. 18).


Anatomía de un instante explora o significado das instantáneas captadas no Congreso dos Deputados durante o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981; repasa motivos, preparación e execución.


varios protagonistas: os tres políticos que non se agocharon das balas ese día no Congreso (Suárez, Gutiérrez Mellado e Carrillo) e os tres artífices principais do golpe (Tejero, Miláns del Bosch e Armada); esbózanse xogos de espellos entre eles e explóranse relacións, motivacións e diferenzas mútuas. Sobre todos, Adolfo Suárez eríxese coma protagonista absoluto.


examínase tamén o papel de el-Rei como principal actor do contragolpe e queda sen resolver unha interrogante, quizás esencial: saber se os servizos de intelixencia do Estado participaron no golpe, e a que nivel: o "enigma Cortina".


Adolfo Suárez concitaba todo tipo de fobias, tanto por parte de golpistas como de non-golpistas; derrubalo e desatrancar a situación á que a súa "nefasta" xestión levara a España era, supostamente, a motivación fundamental do golpe. Para o autor tampouco é inicialmente atractivo:


"mentiría (...) si dijera que Suárez me inspiraba por entonces demasiada simpatía: mientras estuvo en el poder yo era un adolescente y nunca lo consideré más que un escalador del franquismo que había prosperado partiéndose el espinazo a fuerza de reverencias, un político oportunista, reaccionario, beatón, superficial y marrullero que encarnaba lo que yo más detestaba en mi país y a quien mucho me temo que identificaba con mi padre, suarista pertinaz; con el tiempo mi opinión sobre mi padre había mejorado, pero no mi opinión sobre Suárez, o no en exceso: ahora, un cuarto de siglo después, apenas lo tenía por un político de onda corta cuyo mérito principal consistía en haber estado en el lugar en el que había que estar y en el momento en el que había que estarlo" (pp. 18-19)


pero xunto ao "entendemento" sobre o 23f e os seus actores, o libro trata tamén a natureza do poder político: como se procura, como se exerce e como se renuncia.


"hacia 1927 Ortega y Gasset intentó describir al político excepcional y acabó tal vez describiendo al político puro. Éste, para Ortega, no es un hombre éticamente irreprochable, ni tiene por qué serlo (Ortega considera insuficiente o mezquino juzgar éticamente al político: hay que juzgarlo políticamente); en su naturaleza conviven algunas cualidades que en abstracto suelen considerarse virtudes con otras que en abstracto suelen considerarse defectos, pero aquéllas no le son menos consustanciales que éstos. Enumero algunas virtudes: la inteligencia natural, el coraje, la serenidad, la garra, la astucia, la resistencia, la sanidad de los instintos, la capacidad de conciliar lo inconciliable. Enumero algunos defectos: la impulsividad, la inquietud constante, la falta de escrúpulos, el talento para el engaño, la vulgaridad o ausencia de refinamiento en sus ideas y sus gustos; también, la ausencia de vida interior o de personalidad definida, lo que lo convierte en un histrión camaleónico y un ser transparente cuyo secreto máis recóndito consiste en que carece de secreto. El político puro es lo contrario de un ideólogo, pero no es sólo un hombre de acción; tampoco es exactamente lo contrario de un intelectual: posee el entusiasmo del intelectual por el conocimiento, pero lo ha invertido por entero en detectar lo muerto en aquello que parece vivir y en afinar el ingrediente esencial y la primera virtud de su oficio: la intuición histórica. Así es como la llamaba Ortega; Isaiah Berlin la hubiera llamado de otra forma: la hubiera llamado sentido de la realidad, un don transitorio que no se aprende en las universidades ni en los libros y que supone una cierta familiaridad con los hechos relevantes que permite a ciertos políticos y en ciertos momentos saber 'qué encaja con qué, qué puede hacerse en determinadas circunstancias y qué no, qué métodos van a ser útiles en qué situaciones y en qué medida, sin que eso quiera necesariamente decir que sean capaces de explicar cómo lo saben ni incluso qué saben'. El vademécum orteguiano del político puro no es inatacable; no lo he resumido aquí porque lo sea, sino porque propone un retrato exacto del futuro Adolfo Suárez. Es verdad que entre las cualidades del político puro Ortega apenas menciona de pasada la que con más insistencia se reprochó a Suárez en su día: la ambición; pero eso es así porque Ortega sabe que para un político, como para un artista o para un científico, la ambición no es una cualidad -una virtud o un defecto-, sino una simple premisa" (pp. 338-339)


dende que el-Rei nomea a Suárez presidente do goberno:


"el Rey recibió una terna que incluía el nombre del elegido. Suárez lo sabía; mejor dicho: sabía que iba en la terna, pero no sabía que era el elegido pero lo intuía, y aquella tarde de sábado, mientras aguardaba la llamada del rey en su casa de Puerta del Hierro -por fin vivía en Puerta de Hierro y por eso era ministro y podía ser presidente del gobierno-, las dudas lo consumían. En sus últimos años de lucidez Suárez recordó algunas veces esa escena en público, al menos una de ellas en televisión, viejo, canoso y con la misma sonrisa melancólica de triunfo con que Julien Sorel o Lucien Rubempré o Frédéric Moreau hubieran recordado al final de su vida su momento máximo, o con la misma irónica sonrisa de fracaso con que un hombre que ha vendido su alma al diablo recuerda pasados muchos años el momento en que el diablo cumplió finalmente su parte del trato. Suárez conocía las cábalas del Rey y Fernández Miranda, las seguridades de Fernández Miranda y las dudas del Rey, sabía que el Rey apreciaba su fidelidad, su encanto personal y la eficacia que había demostrado en el gobierno, pero no estaba seguro de que a última hora la preudencia o el temor o el conformismo no le aconsejaran olvidar el atrevimiento de nombrar a un segundón de la política y un casi desconocido para la opinión pública como él y optar por la veteranía de Federico Silva Muñoz o Gregorio López Bravo, los otros dos integrantes de la terna. Nunca había querido ser otra cosa, nunca había soñado con ser otra cosa, siempre había sido un asceta del poder, y ahora que todo parecía dispuesto para permitirle saciar su hambre en carne viva y su ambición de plenitud vital intuía que si no lo conseguía ya no iba a conseguirlo nunca. Se sentó impaciente junto al teléfono y por fin, en algún momento de la tarde, el teléfono sonó. Era el Rey; le preguntó qué estaba haciendo. Nada, contestó. Estaba ordenando papeles. Ah, dijo el Rey, y a continuación le preguntó por su familia. Están de veraneo, explicó. En Ibiza.  Yo me he quedado solo con Mariam. Él sabía que el Rey sabía que él sabía, pero no dijo nada más y, tras un silencio brevísimo que vivió como si fuera eterno, se decidió a preguntarle al Rey si quería algo. Nada, dijo el Rey. Sólo saber cómo estabas. Luego el Rey se despidió y Suárez colgó el teléfono con la certeza que el monarca se había acobardado y había nombrado a Silva o López Bravo y no había tenido valor para darle la noticia. Poco después volvió a sonar el teléfono: volvía a ser el Rey. Oye, Adolfo, le dijo. ¿Por qué no vienes para acá? Quiero hablarte de un asunto. Trató de dominar la euforia y, mientras se vestía y cogía el Seat 127 de su mujer y conducía hacia la Zarzuela entre el tráfico escaso de un fin de semana veraniego, a fin de protegerse de un desengaño contra el que estaba indefenso se repitió una y otra vez que el Rey sólo le llamaba para pedirle disculpas por no haberlo elegido, para explicarle su decisión, para asegurarle que seguía contando con él, para envolverlo en protestas de amistad y afecto. En la  Zarzuela le recibió un ayudante de campo, que le hizo esperar unos minutos y luego le invitó a entrar en el despacho del Rey. Entró, pero no vio a nadie, y en aquel momento pudo experimentar una aguda sensación de irrealidad, como si estuviese a punto de concluir bruscamente una representación teatral que llevaba muchos años interpretando sin saberlo. De ese segundo de pánico o de desconcierto lo sacó una carcajada a sus espaldas; se volvió: el Rey se había escondido detrás de la puerta de su despacho. Tengo que pedirte un favor, Adolfo, le dijo a bocajarro. Quiero que seas presidente del gobierno. No dio un alarido de júbilo; todo lo que consiguió articular fue: Joder, Majestad, creí que no ibas a pedírmelo nunca" (pp. 354-6)


ata que este dimite ante el-Rei un lustro despois:


"una agonía es una agonía, y algunos muertos se resisten a morir, aunque sepan que ya están muertos. Lo cierto es que sólo tres semanas después de la meridiana admonición navideña del monarca Suárez les dijo a sus más allegados que abandonaba la presidencia del gobierno. El día 27 se lo dijo al Rey en su despacho de la Zarzuela. El Rey no fingió: no le pidió que le explicara las razones de su dimisión, no hizo el menor amago protocolario de recharzarla ni le preguntó protocolariamente si la había meditado bien, tampoco tuvo una palabra de gratitud para el presidente que le había ayudado a conservar la Corona; se limitó a llamar a su secretario, el general Sabino Fernández Campo, y a decirle en cuanto entró en el despacho, mirándole a él pero señalando a Suárez con un dedo sin caridad: Éste se va" (p. 147)


semellan ter cambiado moitas cousas: Cercas explica a evolución de Suárez dende as filas do franquismo máis rancio a unha especie de centrismo esquerdista utilizando El general De la Rovere (Rossellini): nesa película, un farsante, Bardone, finxe ser o xeral partisano De la Rovere e metése tanto no papel que acaba asumindo a nova personalidade, inda que isto supón ser fusilado polos nazis.


entender a violencia da renuncia semella fundamental para entender a loita política:


"tres días después del golpe de estado [Suárez] partió a unas largas vacaciones por Estados Unidos y el Caribe en compañía de su mujer y de un grupo de amigos; era la espantada comprensible de un hombre deshecho y hastiado hasta el límite, pero también de una mala manera de dejar la presidencia, porque significaba abandonar a su sucesor: no le traspasó sus poderes, no le dejó una sola indicación ni le dio un solo consejo, y lo único que encontró Leopoldo Calvo Sotelo en su despacho de la Moncloa fue una caja fuerte con sus secretos de gobernante pero cuyo único contenido resultó ser, según comprobó después de que la forzaran los cerrajeros, un papel doblado en cuatro partes donde Suárez había anotado de su puño y letra la combinación de la caja fuerte, como si hubiera querido gastarle una broma a su sustituto o como si hubiera querido aleccionarle sobre la esencia verdadera del poder o como si hubiera querido revelarle que en realidad sólo era un histrión camaleónico sin vida interior o personalidad definida y un ser transparente cuyo secreto más recóndito consistía en que carecía de secreto" (p. 388)


para o xuízo final Cercas volve á relación con seu pai: a diverxencia da xuventude mudada. Coma con toda análise historiográfica é básico discernir a quen se deixa ben e a quen mal; e as motivacións. Neste caso non é doado sabelo. Entre outras cousas afírmase que os golpistas, no seu fracaso, quizás conseguiron cousas, por oposición, que moitos buscaban sen saber como lograr. A sociedade civil leva un cero e das "periferias" case nin pegada; excepción feita, por suposto, do terrorismo de ETA e a "resposta" do Estado ante el.


REFERENCIAS:

20.4.12

ir ou non ir? subir ou baixar?

O domingo estamos convocad@s en Lalín a manifestarnos contra a instalación dunha incineradora de lixo en O Irixo (ou en calquera outro lugar próximo á comarca). Noutras circunstancias un tipo danés non sabía que facer. Pode que moit@s de vos esteades na mesma, vou ou non vou á manifestación do domingo? Estará mal día, que pinto aí, en política non me quero meter, teño cousas máis importantes que facer, xa irán outr@s por min, que manifestación ho.

Incluso moit@s d@s que xa dixeron que non pensan ir (ou non lles deixan) teñen moi claro que o da incineradora vai supor unha auténtica desfeita para as nosas vidas e as nosas facendas. Por que non o din máis claro é cuestión escura que non da tempo de desenfiar; el@s verán.

O máis que apuntaron neste tempo é que o lixo existe e que algo hai que facer con el, resignad@s unha vez máis a aturar outra nos dentes, para el@s e para nos tod@s. Podíaselles ocorrer que é perfectamente posible investigar e incentivar outros métodos e tecnoloxías. Digan o que digan, é o camiño sensato, o utilizado en países aos que sempre nos quixemos parecer; non por envexa ou complexo de inferioridade: viven mellor que nós, aproveitan mellor a vida que se nos dou a tod@s, que diso se trata sempre.

As tres Rs (redución – reutilización – reciclaxe) non nos levan á calella sen sentido que supón SOGAMA, un exemplo desastroso de planificación e xestión que nin a Xunta de Galicia é capaz de negar. Para que nos vai servir unha SOGAMA-2? Afondar no erro é humano pero non imprescindible. E @s galeg@s podemos evitar volver a equivocarnos, sempre podemos. Dende a Plataforma INCINERADORA NO DEZA NON levamos xa meses aportando as nosas conviccións e os nosos esforzos nese camiño.

Tamén coñezo a un tal Jameson, un americano raro, quizás curmán do do whisky. Resulta curioso oílos falar cando se atopan: un dálle que dálle de mundos utópicos que derivan do desexo de cambiar este no que viven, de debuxar mapas que nos permitan coñecer o que vivimos non vaia ser que nos enganen. E o outro xa podedes imaxinar. O tipo vende whisky.

Pero a cuestión está, para min, moi clara. Teño oportunidade de expresarme. Dicir claramente, como se debe, o que penso. Eu vou ir. E se chove e vai frío, na casa turraremos de paraugas e de chapeu e veña. O domingo non vou ser d@s que se atopan nas esqueiras, d@s que non se sabe se soben ou baixan. Amañeza como amañeza eu e @s m@s estaremos alí.

1.4.12

sobre "pena furada"

como sigo a ser un torpísimo lector, non sei onde quere ir o final de pena furada, a última "cousa" de Jose Luís Sucasas ...

hai antes elementos contraditorios, procedentes de distintos xéneros: o documento notarial que certifica a veracidade do que se conta; o recén nado que ven antestempo e acompañado de fenómenos estraños, coma se fora o fillo de demo e non home,

a vida do penedo leva xeracións baixo a batuta do castelo: os Quádrom rexiron e seguen a facelo; miramos gran parte das cousas cos seus ollos, semellan boa xente pero ... 

que quererá dicir o tremor de terra, que morran tod@s @s Sualeiriña excepto a nena ... 

algunhas cousas igual as entendo:
- don Afonso, o cura, cre que todo é cousa do demo pero está en shock, tarda en reaccionar para cumprir co seu cometido e chega coa sotana mal abotoada ...
- Nesiña acaba de parir ao fillo de Lucas Quádrom pero pasa todo o tempo soa, nin moito caso lle poden facer ...
- as casas e as cousas están fóra de sitio inda que non tod@s son quen de percibilo; 
- Cibrán está a punto de saber que perde a cabeza e sinte que todo vai acabar;
- e Lucas, o futuro, decátase do que xa esquencera e ábrense ante el dous sendeiros ...

unha soa fenda cuestionaría o edificio completo da "sociedade orgánica" ... pero hai máis dunha: as que causou o tremor e anuncia á cabeza xa case sen cabeza Pedro Lavandeira rachando a cerimonia; e a outra, a que proclama o vello Melitón pero Lucas non entende ata que llo explica súa nai, dona Mercedes

o autor dixo que seica escribe "sen plan, empeza por onde lle parece e chega o momento en que acabou;" entón calquera sabe

25.3.12

decálogo d@ obreir@

os dez mandados d@ obreir@
1. instruírse e extinguir burremia
2. traballar o menos que se poida
3. cobrar canto máis mellor
4. ter INDEPENDENCIA e odiar @s viles
5. ser forte e destruír tiranía
6. instaurar fraternidade e despreciar egoísmo
7. conquistar dereitos e destruír inxustizas
8. humanizar traballo
9. levar amor e ledicia a todas partes, en especial á casa
0. edificar mellor mundo que o atopado

deturpación de Juan José Morato e do seu decálogo (no Calendario del Obrero, 1909), mentado por un tal Manuel Rivas (elpaís, 24marzo2012)

15.3.12

único home no meu barco

único home no meu barco
o resto monstros que non falan
tigres e osos que amarrei aos remos
e o meu odio reina sobre o mar
 
e intres nos que case que son esquencemento
coa inmensa dozura de regreso

meu fogar onde pasa vento
meu amor onde florean rosas
... meu desexo rastro que deixaron aves
e nunca esperto deste sono e nunca durmo

deturpando a sofía de melo breyner mentres cae a noite ... then say your prayers little ones and don't forget to include everyone

hai pouco cambiei de ordenador

frankenstein e a súa noiva
hai pouco cambiei de ordenador. estaba feito unha trapallada e xa non podía con todo. fixen copia de arquivos e programas e volvín instalar.
funcionou a gran velocidade, en 15 minutos a ánima, potencialmente inmortal, transmigrou aos flamantes catro núcleos. abonda con mudar o hardware de cando en vez para conservalo sempre novo, lizgairo e capaz de facer cousas incribles de xeito ilimitado
algo semellante pasará cos humanos. unha copia do software trasladarse a un cerebro novo que controlará un corpo xuvenil que aloxará unha ánima, agora si, inmortal.
por que vai haber leis físicas que impidan o proceso. inda non temos coñecemento pero se o progreso continúa, a solución para calquera problema técnico é traballo e tempo.
conseguir depende da continuídade do progreso.

deturpando a césar molinas (elpaísnegocios, 11marzo2012 - consecuencias actuales de la guerra del peloponeso)

6.1.12

espertou buxaina e decatouse:

xogostradicionais.blogspot.com
espertou buxaina e decatouse:
tiña fame de agasallo.
patalexou, chorou, tatexou outra.

parvos non eran, pero
escravos refugaran liberdade, incómoda e complicada de medrar,
comezaban o espectáculo
das que non sabía xirar:
beberan polo cu e dominaran rúas,
saqueadoras, profanaban ánimas de poetas mortos coa complicidade dos herdeiros:
o que sempre estivo en GALIZA e a que morreu lonxe da terra.

arkivos

visitantes