xenealoxia.org |
un
durante
o XIX a burguesía pasa progresivamente a controlar as decisións políticas,
reemprazando a nobreza e o clero.
personaxes
como o Marqués de Comillas, Antonio López e López, fan fortuna
nestes tempos pero a costa de manipular e aproveitarse das clases máis
desfavorecidas da sociedade.
emigrou
a Cuba e casou alí con Luísa Bru,
filla dun terratenente cafeteiro. a partir de aquí dedicouse a traficar con
escravos negros na illa de Cuba e describíaselle como alguén analfabeto, cruel
e sen empatía, para quen os negocios consistían en explotar ao próximo por
todos os métodos posíbeis con tal de obter beneficios.
deste
xeito, de morto de fame, chegou a ser un rico, tamén coa trata de escravos,
inda que unha lei de 1820 o prohibía.
regresou
a Barcelona en 1856, aloxándose na casa da familia de Vidal-Quadras, antepasados
de Alejo Vidal-Quadras, obtendo dous
importantes monopolios, o transporte do correo postal e o das tropas. ademais
creou a Compañía General de Tabacos de
Filipinas, fundou o Banco Hispano
Colonial e casou a súa filla co conde
de Güell.
nom
obstante, o negocio dos escravos fórase complicando logo de que ESP fora
obrigada por ING a subscribir en 1817 a prohibición da trata de escravos
acordada no Congreso de Viena en 1815. a pesar diso, os empresarios negreiros seguiron
capturando africanos no golfo de Guinea para levalos clandestinamente a
América.
tamén
en GZ varias familias importantes que participaban nesta práctica seguiron a
facelo sen importarlles a lei. algúns arquivos, que trataron de destruír ou
mutilar, así o demostran: Barrié, Bartolomé de las Casas, Francisco de Adalid e en OU, Urbano Feixóo de Soutomaior.
dous
Urbano Feixóo de Soutomaior nacera en Viana do Bolo en 1798, pero foi en Cuba
onde fixo cartos. grazas ás súas boas relacións, chegou a administrar naquelas
terras cinco enxeños azucareiros, tres cafeteiros e varias facendas. tamén foi
accionista do ferrocarril de Sagua.
a súa gama de intereses era ampla e, por exemplo, era tamén propietario
do Depósito de Publicaciones nacionales y
extranjeras de A Habana e constan documentos como o contrato
que asinou en 1852 co escritor José
Zorrilla para publicación na illa de obras deste autor.
en 1854 foi elixido deputado en Cortes pola circunscrición de OU, polo
Partido Liberal. foi nese ano cando puxo en marcha un dos seus proxectos,
movido, segundo dicía, polo seu 'pensamento filantrónpico'.
a mediados do XIX os terratenentes de Cuba tiñan serios problemas para tirar
beneficios da produción de azucre, con baixadas continuas dos prezos e a man de
obra cada día máis cara.
neste contexto, Feixóo botou contas e concluíu, ao igual que o doutor Tomás Romay, que 'un galego vai facer o
mesmo traballo que dous negros pero ao prezo dun só'. noutras anotacións,
subliña que o galego 'custará nom moito máis de oito pesos ao mes e
proporcionaranos un beneficio cando menos dobre do que ofrece o escravo e
incomparabelmente maior ao que pode esperarse do negro xornaleiro, ao prezos
actuais'.
la pluma del Tocororo |
resumiu o seu proxecto nun libro que dirixiu ao Goberno, Illa de Cuba. Inmigración de traballadores españois.
nel indica que cada ano emigran a POR e as provincias do sur de ESP máis de
200.000 galegos, que serían 'materia ideal para surtir de brazos baratos esta
illa e ao noso Goberno de xente leal'.
o proxecto tiña dous obxectivos: 'socorrer aos desgrazados galegos' e
'contribuír á agricultura e aumento da poboación branca'; obxectivos que
fundamenta no 'amor por ambos países e coa fin de ofrecer aos inmigrantes os
coidados e atencións que require a súa saúde, asegurando o regreso ao fogar'.
Feixóo preséntase ante as autoridades españolas como 'un pai que coidará con
esmero dos máis pequenos detalles para asegurar a felicidade dos seus fillos'.
quere encher Cuba de galegos para 'fecundar este país' e propón 'unha
viaxe cómoda pagada, un tempo de aclimatación coa necesaria asistencia, un traballo
asegurado co seu horario e descansos correspondentes'.
tres
Urbano funda a Compañía
Patriótico Mercantil, obtén o monopolio da introdución de galegos na
colonia por un período de 15 anos e comeza a recrutar en GZ braceiros para os
enxeños azucreiros e cafeteiros de Cuba.
cada galego recrutado recibirá ao embarcar 'dúas camisas, un pantalón e
unha blusa adecuada para o clima, un sombreiro de palla e un par de zapatos',
antes de ser subcontratados polos terratenentes.
estes comprométense a pagarlles cinco pesos ao mes (a cuarta parte que
a un xornaleiro negro), alimentalos adecuadamente, proporcionarlles dúas mudas
completas ao ano, calzado bo, sombreiro, tres pares de alpargatas e descanso os
domingos, 'tres horas durante o rigor do día' e todas as noites desde as oito
ata as catro da madrugada.
divididos en grupos de 25 homes, co seu cabo e capataz á fronte, aceptan
traballar cinco anos e asumir sen protestas a disciplina e castigos que
correspondan, incluíndo o maltrato físico. cumprido o lustro de traballo, a
compañía promete relevalos e devolvelos á casa, cos seus aforros nos petos.
contrata coa empresa Abellá, Braña e Cía., de Ferrol, varias viaxes
desde Ferrol, A Coruña e Vigo, entre marzo e agosto de 1854. transporta en
total 1744 traballadores en oito expedicións, aloxándoos en barracóns de
aclimatación, segundo anota Xosé Neira
Vilas en Memoria da emigración, III.
o
6 de marzo de 1854 zarpan cara Cuba desde Vigo os primeiros 314 galegos no Villa de Neda. o 22 de abril 213 no Villa de Gijón. o 23 de maio 182 e 176
no Luisa e no Juanita respectivamente. o 2 de xuño 156 no Nuevo Félix. o 23 de xuño 217 no Nemecia. o 10 de agosto 190 no Guía
de Vigo. e o 26 dese mesmo mes os últimos 296 no Abella.
catro
la pluma del Tocororo |
a
chegada a A Habana do primeiro grupo tivo un recibimento espectacular por parte
das autoridades se lle facemos caso ao que conta La Revista de La Habana: 'eran mozos, con moi poucas excepcións, de
fermosa presenza e notábel compostura, uniformados coa maior propiedade para os
traballos de campo e organizados en pelotóns de 25 homes co seu correspondente
capataz cada un formaban un cadro sumamente agradábel'.
foron
acomodados en 'barracóns de aclimatación', onde pasarían un curto período de
tempo antes de ser destinados a diversos enxeños ou obras públicas. dun total
de 1744, en outubro de 1854 xa faleceran 167 e outros 18 escaparan.
o
resto foron destinados a traballar na construción da vía de Cienfuegos,
Trinidad e Puerto Príncipe (297, 243 e 25 traballadores respectivamente), o
cafeal Empresa (139), os enxeños Arratía e Achuri (dúas fábrica de azucre) e Galicia-Retiro-La Macagua (291, 105 e 409 respectivamente) e
contratados polos señores Conde Jaruco
e Fernando Manck (25 cada un).
os destinados a traballar no camiño de ferro de Trinidad nim sequera
cobran o seu xornal, apenas son alimentados e dormen enriba de táboas.
os destinados a traballar no de Casilda insubordináronse polo retraso
nos salarios, os malos tratos e o incumprimento dos acordos pactados: os tres
meses de aclimatación pagados foron en realidade tres meses de traballo,
levaban dous meses sen cobrar, só recibiran unha muda e tamén durmían enriba de
táboas.
en maio de 1855 o número de mortos xa é de 331, un de cada cinco,
mentres outros 200 estaban en prisión por terse rebelado.
algúns logran escapar transitoriamente pero son obrigados a vagar polos
camiños e mendigar comida, sendo finalmente atrapados e encerrados nos
depósitos de cimarróns.
toda fuxida ou rebelión é castigada co cepo. dous homes, Matías Pérez e Andrés Mosquera, da brigada da Calzada de Jesús don Monte, foron
enviados ao cepo, un lugar onde eran azoutados, suxeitos de pés e mans e coa
cabeza atrapada entre madeiras.
en Marianao, houbo unha sublevación de traballadores polo uso do cepo,
que foi castigada con quince días sen salario.
ao mesmo tempo aumentaban as desercións. os que o facían eran chamados
os 'galegos cimarróns'. o Capitán Xeral emitiu unha circular en 1854 pola que
mobilizada o Exército para 'capturar os colonos peninsulares fugados e
restituílos aos cuarteis de traballo ou aclimatación'.
as súas cartas, que moitos teñen que ditar sendo analfabetos, chegan ás
súas familias en GZ, informándolles de todo. algunhass poden contratar avogados
que levan a situación ás Cortes.
cinco
unha das cartas de denuncia que chegou ata o Goberno foi a do emigrante
Ramón Fernández, que sinalaba que,
nalgúns dos casos de traballadores galegos castigados, 'toda a súa culpa foi
pedir pan e, querendo castigar este impulso, mandáronos encerrar en estancias
fétidas, cargalos de ferro, telos espidos, alimentalos con carne medio
descomposta que ata os negros rexeitaban e obrigalos a traballar quince horas
diarias'.
un informe do coronel Riquelme,
gobernador de Trinidad, tamén evidencia as condicións laborais dos galegos:
'nom lles dan de almorzar, as casetas son moi malas e tamén os camastros onde dormen.
están suxeitos todo o día, prohibíndolles toda comunicación exterior e viven
nun réxime peor que o dos escravos'.
o maltrato era evidente pero unha cláusula dos contratos, que todos
asinaban e que foi desvelada na revista habanera Vida Gallega en 1941, estipulaba: 'eu conformo co salario
estipulado, inda que sei e me consta que é moito maior o que gañan os
xornaleiros libres da illa de Cuba'.
un médico da compañía chega a explicar así as mortes dos galegos: 'nom
teñen temperanza. gustan demasiado da comida e nom atenden ao que se lles di en
canto a gardar dieta'.
algunhas publicacións en Cuba da época como El Eco de Galicia denunciaban a situación con titulares como
'Gallegos, no vengáis a América'.
a empresa fracasou e os superviventes deambularon pola illa en estado
calamitoso. máis de medio millar morreron aos poucos meses, extenuados pola
fame ou o cólera ou as febres tifoides.
o propio representante da compañía en A Habana resumiu en tres palabras
os feitos: 'escándalo, espanto, carnizaría'. o novo Capitán Xeral de Cuba, José de la Concha comunicou á metrópole
a gravidade 'do asunto dos galegos'. e o escándalo chegou ao Congreso, as
testemuñas acumuladas destaparon o sucedido e a operación de 'branquear Cuba' cancelouse.
disólvese a Compañía Patriótica
Mercantil e no Congreso dos Deputados Urbano Feixóo debe escoitar as
críticas dos membros do seu propio partido. inda así, hai quen o defende
timidamente.
iso si, antes de pechar a súa filantrópica compañía, cobrou os 140.000
pesos de subvención concedidos pola Xunta de Fomento.
seis
as Cortes acordan liberar aos traballadores galegos das súas obrigas coa
compañía de Feixóo, dándolles 66 pesos e liberdade para regresar a GZ, pero sen
dereito a reclamar polos seus sufrimentos.
a pesar do escándalo volveu a ocupar escano posteriormente nas
filas de Sagasta durante a Restauración borbónica. a última vez, na lexislatura
1881-1884, en representación do distrito cubano de Matanzas.
finou en Viana do Bolo o 10 de agosto de 1898. descansará en paz?
enlace á reportaxe 'gallegos por esclavos' (La 2)
FONTES:
Urbano Feijóo, negrero y miserable (la
pluma del Tocororo)
sabela CORBELLE 'los esclavos
gallegos de Cuba' (el progreso)
miguel ángel MARTÍNEZ COELLO 'Urbano
Feijoo de Soutomayor: negrero
y diputado por OU' (faro de vigo)
eduardo ROLLAND '1854:
embarcan en Vigo los esclavos' (la voz de gz)
@xindiriz
xindiriz@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario