11.4.20

volver ás aulas, pero nom de calquera maneira ...

elpais

a pregunta é insistente cando nos comunicamos con eles: profe, cando volvemos a clase?

imaxino un aula da eso chea ou corredores ateigados de alumnos e, como xefe de estudos dun centro educativo, case sinto pánico e comprendo o lonxe q inda estamos desa situación.

para todos está sendo duro o confinamento e precisamos volver pronto á 'normalidade'. pero algúns temos a fortuna de vivir en pisos cómodos con dispositivos electrónicos q nos conectan co resto do mundo. eu, como profe, ademais estou certo de q o meu posto de traballo nom corre ningún perigo.

pero hai outros mundos. unha parte do meu alumnado nom ten na casa ordenador nim espazo onde estudar, comparte pisos pequenos con familias numerosas e nom sabe se súa nai ou seu pai van seguir traballando a semana q vén.

sempre entendín o centro educativo como un servizo público e máis inda en tempos difíciles. nom somos un lugar onde só se imparte clase, podemos ademais ser un comedor, unha biblioteca ou unha secretaría ... tamén vexo a nosa orientadora, Ana, exercendo moitas veces como psicóloga de garda ou a calquera titora facendo as veces de traballadora social vocacional.

nom hai sistema educativo máis desigual q o modelo a distancia q nos temos visto obrigados a construír en só uns días. unha parte do alumnado, o máis vulnerábel, simplemente está desaparecido, e o profesorado, desde as nosas casas, nom temos todas as ferramentas q quixeramos para axudarlles.

por todo iso, a apertura dos centros educativos nom debe esperar a q poidamos dar clase a todo o alumnado, pois esa situación quizás nom se dea ata setembro ou incluso máis tarde. agora q as cifras comezan a deixarnos respirar e se comeza a falar de como vai ser a volta, permitinme imaxinar como debería ser a desescalada educativa.

por suposto, o primeiro é a saúde e sempre se deberán respectar de xeito escrupuloso as medidas de seguridade e os prazos recomendados polos especialistas sanitarios.

por se a alguén lle interesa, propoño catro fases:

UN. finalizado o estado de alarma, o centro educativo volve abrir as súas portas só con membros do equipo directivo e do persoal nom docente, en servizos mínimos. prepárase o centro para as fases seguintes cunha desinfección a fondo e recibindo da admon subministracións de máscaras, xeles, luvas, termómetros infravermellos, ...

DOUS. o profesorado comeza a acudir ao centro, pero só un día á semana, mentres q os catro días restantes segue co traballo a distancia. o obxectivo aquí é a atención prioritaria do alumnado máis vulnerábel mediante titorías presenciais. o centro pode por a disposición do alumnado sen un lugar de traballo en casa, a biblioteca ou outros espazos onde poidan permanecer, sempre gardando as medidas de seguridade e distanciamento correspondentes.

TRES. do modelo de educación a distancia pasariamos a outro de educación semipresencial: reiniciaríanse as aulas pero con grupos moi reducidos; por exemplo, un grupo de 30 alumnos se subdividiría en cinco grupos de seis. cada alumno iría ao IES só un día á semana para o seguimento do traballo feito na casa.

no caso do meu IES, onde temos uns 600 alumnos en horario de diúrno, se asisten de xeito rotatorio un día á semana, habería un máximo de 120 alumnos distribuídos nunhas 20 aulas. o profesorado podería traballar dous días á semana de xeito presencial no IES e os tres días restantes tele-traballaría na súa casa.

CATRO. recupéranse as aulas presenciais tal e como as coñeciamos antes do coronavirus, é dicir, con aulas e corredores cheos de alumnos. o paso da fase 'tres' á fase 'catro' deberíase efectuar dun xeito escalonado, cando nom exista xa risco sanitario ningún.

mentres chega o momento de aplicar as diferentes fases, encerrados nas nosas casas temos tempo para reflexionar. esta crise ten posto de manifesto q hai que coidar máis q nunca todo o público, comezando pola Sanidade e seguindo pola Educación, porq se ao profesorado se lle exixe q traballe a competencia dixital, debería dispor de aulas mellor dotadas, porq se ten posto de manifesto q as ratios de 30 alumnos por aula nom son sostíbeis, xa nom só por motivos educativos, senón tamén epidemiolóxicos e porq tal vez deberiamos falar máis de educación e nom só de avaliación, titulación e promoción.

ao final volveremos ás aulas, iso seguro, pero en centros educativos onde nada vai volver ser o mesmo. porq todo está cambiando e confío q ese cambio sexa para mellorar.

texto orixinal por @mjanguita, publicado en 'eldiario', 10abr2020
tradución e deturpación por @xindiriz
xindiriz@gmail.com

No hay comentarios:

visitantes