segundo algúns titulares grazas ao
coronavirus temos descuberto que o ser humano só pode sobrevivir grazas á axuda
e o esforzo colectivo.
e eu pregúntome, descubrímolo coa
pandemia do sida nos 80s e 90s? nom, era cousa de maricóns, putas e drogatas.
aprendemos algo coa pandemia do ébola en 2016? nom, era para negros e para os
que viaxaban a países que nom debían. saímos aos balcóns a aplaudir polos
afectados da crise de 2008? tampouco, era asunto de pobres.
nom nos enganemos, temos descuberto a
colectividade só porque esta enfermidade zoupoulle de cheo á elite de
occidente. todo eran risas cando estragaba vidas en China, nomsi? e
precisamente pola democratización do virus estamos a ver como cae o rico, o
branco, o hetero e o da 'derechita' covarde. así que, de súpeto, sentimos a
ameaza e, de xeito automático, desencadéanse todos os mecanismos para poñernos
a resgardo.
así temos descuberto esa suposta
colectividade só porque somos unha enorme cabeza neoliberal que se move ao
unísono e, se se toca a unha das súas compoñentes, derrúbase toda a pirámide.
nom, isto nom é solidariedade colectiva, é puro medo.
se estamos unidos é porque estamos
cagados de medo. porque con isto nom só están a morrer negros, maricóns,
inmigrantes ou pobres. e porque, en realidade, nunca pensabamos que isto nos
tocaría a nós, punta da pirámide do privilexio.
temos creado esta cadea de unión
internacional porque por riba de todo nom nai ningún colectivo ao que botar a
culpa e, ante a falta de cabezas de turco, facémonos cóxegas psicolóxicas e
consolámonos uns a outros con resignación sen cichar merda pola boca.
o único que me gustaría é que esta crise
nos sirva para facernos reflexionar, e nom só para organizar festivais musicais
nos balcóns, tan necesarios para nom darnos tempo a pensar. se isto pode servir
para algo, que sexa para que, cando salgamos desta, deixemos de facer ostentación
dos nosos privilexios occidentais e miremos unha chisca cara as marxes.
texto
orixinal de Carlos Barea (con perfil en facebook)
foto: Michel du Cille, doentes con ébola, Hospital Redemption nun dos suburbios máis pobres de Monrovia,
Liberia
visto en 'no es nada personal' (facebook)
deturpación
por @xindiriz
No hay comentarios:
Publicar un comentario