José Crespo visitando as instalacións de Montoto www.farodevigo.es |
‘vivo diante dun instituto
e miras pola ventá e ves a xente que vai a clase ou a ensinar e pensas: 'e eu
que fago’. O meu problema non é aprender. Estou cobrando o paro, podería
aprender, preparar unhas oposicións pero agora non convocan nada. Non hai
solución, non hai maneira’. … pronuncia estas palabras a punto de cumprir 45
anos e consciente de que no mercado laboral hai pouca oferta, e a que hai lévaa
a xente máis nova e con máis formación. ‘È lóxico que collan a esa xente. Pero
para min non hai portas abertas e eu véxome desesperada. Veste mal. Eu dino
todo por esa empresa,’ di. A empresa é, ou era, Montoto, a fábrica de téxtil de
punto con sé en Lalín que asinou un dos primeiros expedientes de regulación de
emprego (ERE) da crise.
a fábrica de téxtil
Montoto despediu en tres ERE os seus 240 empregados.
con máis de 20
millóns de débeda e un concurso de acredores en marcha, Montoto someteuse a
finais de 2009 a un plan de viabilidade cuxo primeiro paso supuña despedir a
111 traballadores nun ERE. Antes, en febreiro, 195 empregados xa se enfrontaran
a un ERE rotatorio de dous meses. Nese tempo, … aprendeu a mecanografar. Ela di
que nunca perdeu as gañas de aprender: ‘saquei a ESO cando traballaba e moitas
compañeiras que antes se rían de min, agora tamén están a estudar’.
… deixou a escola
para traballar en Montoto e dedicoulle á empresa toda a súa vida laboral, 27
anos, dous deles calcetando en casa, mentres os nenos inda eran cativos. Agora,
bota de menos a formación. A que non puido ter entón e a que non lle ofrecen
desde o servizo de emprego. ‘Chamáronme para unha entrevista de orientación.
Aténdente ben, dinche que tes que poñer o teu currículum nas empresas de traballo en Internet, pero eu non o
domino moito’. Agora espera que a chamen para ‘cando menos’ facer un curso,
‘que polo menos estás ocupada’. … non aguanta en casa, sen nada que facer. E
iso, admite, que tivo sorte. Quedou sen emprego no segundo ERE, hai xusto un
ano, xunto a outras 100 compañeiras, e conseguiu outro traballo, ‘por amizade’,
durante sete meses. De dependenta a tempo completo estivo dous meses nunha
tenda e despois outros cinco a media xornada. ‘A xente dáseme ben. Estaba
supercontenta por primeira vez’, di. Pero ese emprego rematou e … enviou
centros de currículos a todas partes, sen criba. ‘Pero neste pobo todo está
morto. Un país que retrocede tanto é unha mágoa’.
un terceiro ERE
liquidou o pouco que quedaba da nómina de traballadores en febreiro deste ano
e, uns meses despois, TEXROCAS mercaba a empresa. De nada valeron as inxeccións
económicas de Industria ou os rumores de que Florentino ía adquirir a factoría.
‘Falaban moito, pero se estabas dentro víalo claro. Xa non había cartos para
mercar fío e sen el, non coses’.
NOTAS:
1/ ‘no
hay puertas abiertas y me veo desesperada’ – texto orixinal escrito por
MARÍA PAMPÍN e publicado en ‘elpais’
o 2 de xaneiro de 2012
2/ omito o nome da
protagonista desta historia por prudencia inda que falei directamente con ela para poder facer uso desta información e conto coa súa autorización
3/ traduzo o texto
orixinal ao galego. Igual que moitas veces se fai ao revés. O absurdo da
historia é que probablemente as declaracións orixinais se fixesen en galego
4/ esta historia acabou
ben. Esta persoa atopou emprego. Pero moitas outras traballadoras do textil en Lalín de toda a vida inda non o fixeron. E temos o
deber de axudalas. Están en paro e sen subsidio ou a punto de rematalo
5/ a foto está tirada dun artigo apareciido na edición local de faro de vigo co seguinte titular 'Montoto estima que en dos años estará a pleno rendimiento pese a su deuda de 20 millones'. Este artigo que menciono apareceu agora hai xusto seis anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario