es.wikipedia.org |
Proposta de
resolución: Día de Rosalía
O
profesorado ou o equipo de normalización lingüística do centro
.................................., concello
de ………......, proponlle que se inclúa no calendario escolar o 24 de
febreiro como Día de Rosalía, co obxecto de realizar actos escolares que
difundan a obra da escritora que inaugurou o renacemento literario galego no
século XIX, dotando a nosa lingua de dimensión literaria universal. A obra de
Rosalía é o punto de arranque da dignificación do noso idioma e a valoración e
difusión da súa obra é unha actividade normalizadora, útil e necesaria.
Reclamamos tamén que o Panteón de Galegos Ilustres, onde se achan os restos de
Rosalía, Castelao e Cabanillas, entre outros, pase a mans públicas e estea
aberto ao público, de xeito que calquera persoa que o desexe poida visitar este
lugar de referencia para a nosa cultura. Rosalía é un símbolo, o símbolo da
dignidade do pobo galego, e por iso segue a ser necesario o coñecemento e a
difusión do seu legado.
…………………, … de ………….. de 2015
remitir este escrito a
conselleiro de Educación
gabinete. culturaeducacion@edu.xunta.es
fax: 881999347
e unha copia á CIGEnsino
No hay comentarios:
Publicar un comentario