www.farodevigo.es |
por MARTIÑO NERCELLAS
UN
a poboación actual de lobo en
Galicia é descoñecida. Actualmente a información oficial existente corresponde
aos censos dos anos 1999 e 2003, empregados para elaborar o Plan de Xestión do
Lobo aprobado polo Decreto 297/2008. daquela a poboación estaría constituída
por 60 grupos familiares seguros e outros 8 grupos que non foi posible
confirmar con certeza.
a coruña
|
ourense
|
lugo
|
pontevedra
|
12 seguros e 2
probables
|
20 s e 5 p
|
21 s
|
13 s e 2 p
|
é probable que algúns grupos
quedaran sen detectar, un número mínimo (por exemplo en zonas moi
eucaliptizadas na provincia de A Coruña e Lugo que poderían pasar
desapercibidos), pero o territorio coñécese ben e os datos obtidos permitirían
ter unha boa aproximación.
a Comarca de Deza e Tabeirós
concentraría o principal continxente da provincia con 8 ou 9 grupos: un nos montes de Agolada, outro no entorno de Monte do Carrio
(con desprazamentos cara Vila de Cruces, Silleda e Lalín), outro nos montes de Cortegada e Oleiros (Silleda), tres ou catro grupos entre a serra do Faro, Pena de Francia, Sanguiñedo e o
Testeiro; e outros tres entre os
montes de Forcarei e A Estrada, nos vales do Lérez e o Umia. Todos estes
enclaves corresponden a áreas con presenza histórica. Nada invita a pensar que
a poboación tivera medrado, incluso algún dos grupos xa tería desaparecido ante
a falta de indicios. Outros mantéñense activos, coma sempre, e resisten ano
tras ano, algún con máis exemplares dentro do grupo familiar, e outros co
mínimo.
falar dun número total de exemplares
carece de total validez, pois a flutuación anual é grande, e a manada moi
variable, suxeita a unha forte mortandade dos adultos e subadultos
(atropelamentos, caza furtiva –moita desta en cacerías de xabaríl ou corzo–,
velenos, trampas e en moita menor medida causas naturais), e á taxa de
cachorros que nacen e os que chegarían ao ano de vida. Polo tanto, podémonos
atopar con grupos desde dous exemplares, capaces de sacar algún ou ningún
cachorro adiante a grupos que gozan de mellor estrutura familiar e no seu
máximo anual chegar aos 6,7 ou 8 exemplares (contando que teñan tres ou catro
cachorros).
a xente quere saber sempre o número
de lobos, e dando unha cifra só de valor especulativo, de escaso rigor
científico, o Plan fala duns 420 a 650 lobos (a denominada poboación real). Para
Deza e Tabeirós estaríamos a falar no máximo anual (despois do nacemento de cachorros ata a temporada
de caza) de entre 50 e 80 exemplares.
en termos de ecoloxía e censo o máis
correcto é falar de grupos reprodutores, familiares ou manadas, a partir dos
cales estudar a súa tendencia. Tamén é importante, o máis importante talvez a
efectos de xestión, destacar o concepto de poboación efectiva (número real de
lobos que poden reproducirse; estimado nun 11% da poboación real de lobos),
pois estamos a falar dunha especie de hábitos sociais moi xerarquizados, con
rangos de dominio e submisión dentro da manada, e na que só hai un macho e unha
femia que se reproducen (os denominados alfa), que dirixiran o grupo durante
anos (o comportamento e a aprendizaxe quedarán suxeitos á xerarquía do grupo). Esta
estratexia reprodutora condicionará moitísimo a variabilidade xenética da
poboación, xa que uns poucos lobos levan o legado de transmitir ás seguintes xeracións
o vigor xenético da especie necesario para a supervivencia.
visto isto non debemos esquecer que a poboación
efectiva de lobos na nosa comarca estaría integrada por un número aproximado de
16 a 18 exemplares reprodutores, e da súa supervivencia anual dependerá o
mantemento das súas poboacións no futuro. De aí a importancia de valorar que no
grupo non todos os lobos son iguais e que as batidas poden causar importantes
estragos a nivel xenético.
DOUS
con rigor non podemos dicir se a
poboación actual do lobo se mantén ou non estable. Sen datos non se sabe e
levamos preto dunha década sen información estruturada e metodicamente
recollida que permite no seu conxunto extraer conclusións fiables e necesarias.
Nestes momentos non se dispón de datos técnicos obxectivos contrastados que
peritan determinar a tendencia poboacional e se está en incremento ou
regresión.
todo o demais é especular. O
problema é que se piden batidas en base a argumentacións sustentadas só en
apreciacións subxectivas, afastadas de criterios metodolóxicos de censo (que
fulano ou mengano ve moitos lobos …), ou en base á aparición continuada, aquí e
alá, de danos. Os danos non son sempre indicativos dun maior ou menor número de
lobos. A ecoloxía da especia, e a súa estrutura social, e as súas pautas de
comportamento son máis complexas que todo iso.
afirmacións para demandar batidas en
base a que nun territorio ten aumentado a poboación por considerar que existen
lobos ‘desubicados’ non teñen sentido ningún. A manada ten e defende unha
marcada territorialidade con dominios vitais e os lindas que amplía coma
territorios de caza. Despois existen os lobos periféricos arredor do núcleo de
manada (por exemplo, lobos vellos), e os flotantes (subadultos en dispersión)
solitarios e moi móbiles, en busca de territorio fixo. Máis difíciles de
detectar. Estes sempre existiron e existirán mentres haxa manadas a reposición
das baixas por mortalidade na manada moitas veces virá marcada polo ingreso
destes lobos flotantes. Mentres que a cohesión do grupo favorece a estratexia
de caza, o atoparse por solitario penaliza, co cal os danos inferidos por estes
últimos son moito menores.
tras o nacemento dos cachorros
prodúcese a necesidade de obter maior alimento, algo que vai en aumentos nos
seguintes meses, o que explica o repunte dos ataques ao gando (de xuño/xullo
ata outubro). Algo debe suceder cara o inverno, pois, pouco a pouco, van
diminuíndo os danos, coma se os lobos de repente deixaran de comer. Tódolos
anos sucede o mesmo. A mortalidade dos cachorros (co comezo da caza, e a pesar
de ser ilegal, moitos serán abatidos) é tan elevada coma a súa inxenuidade e
despreocupación ante uns perigos que non coñecen e que só coa madurez
aprenderán.
resulta curioso, e está contrastado
noutros estudos de lobos e carnívoros depredadores, que os denominados
‘controis poboacionais’ (batidas de toda a vida), poden incluso acabar causando
un maior número de ataques e danos á gandería. Un exemplo; as batidas, ao non
ser selectivas, xunto ao non existir un criterio de coñecementos da estrutura
social dentro do grupo, pode eliminar exemplares clave, e obter coma resultado
unha manada desestruturada, por faltar os referentes de maior rango e con máis
experiencia, instrutores á súa vez do resto de exemplares do grupo (dado que os
lobos son en exclusiva animais sociais moi apegados á aprendizaxe dentro do
grupo).
a complexidade ecolóxica da especie,
do que supón o concepto de grupo, e o papel que nel ocupa cada un dos suxeitos
que dela participan, non debería ser nunca subvalorizada a efectos de xestión.
Todos estes aspectos deben ser tidos en conta, e deixar aos expertos definir os
parámetros e medidas que deben establecerse. Cada un debe xogar o seu rol. Unha
cousa é demandar solucións políticas de acción e outra, ben distinta, é asentar
(en base a fórmulas pseudotécnicas que prescinden do coñecemento do que en
ecoloxía e en ciencia é un lobo) de cómo deben deseñarse as medidas de xestión.
Para iso existen os plans. O problema é cando hai un plan ou, máis grave aínda,
que, existindo, non se cumpran.
sería prudente agardar ao que digan
os novos censos, a partir deles revisar o Plan de Xestión e exercer claramente
a acción de presión social e política/sindical para demandar que se cumpra con
rigor, e non se volva tropezar coa mesma pedra, aquela de ter un plan que
durante seis anos quedou nun caixón.
TRES
o Plan de Xestión do Lobo foi
aprobado o 30 de decembro de 2008 por Decreto da Xunta. O calendario de
actuacións establece que dito Plan se revisará, na medida do posible, xunto coa
Estratexia para a conservación e xestión do lobo en España. Este último
documento foi aprobado pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente o 29 de
xaneiro de 2005, e no seu apartado 7, referido á vixencia e revisión, fala que
en calquera caso será revisado cada 10 anos. Estamos entón a 3 meses de que
remate dito prazo, polo que o ano 2015 debería ser aquel no que se revise a
Estratexia do Lobo no Estado e, tamén, debería de ser o horizonte temporal para
o Plan Galego.
o Plan do lobo de 2008, sendo un
plan de contido tan ambicioso como oportuno, e contendo os vimbios necesarios
para afrontar e mudar dunha vez os problemas asociados á conservación do lobo,
a súa percepción social, como na boa proposta de medidas para avanzar nas
solucións para atallar a conflitividade co gando, o certo é que o Plan fracasou
rotundamente. Agora, nun momento próximo ao que debería ser a revisión do Plan,
non sabemos cantos lobos temos, a súa situación xenética, a tendencia, os
niveis de mortalidade, os efectos do furtivismo ou da fragmentación das súas
poboacións no territorio e o enfado procedente dos sectores gandeiros e do
rural, tal vez, inda maior.
sábese que desde hai uns 8 anos se
levan marcado con colares GPS case media decena de exemplares para coñecer os
seus movementos espaciais, pero a Administración nada ten informado e
publicado. A conflitividade dos ataques co gando segue nunha situación de
standby e as únicas medidas que se activan son batidas cando hai insistencia
desde os grupos de presión. Os pagos demóranse no tempo e son pouco xenerosos.
o resto de medidas propostas no
Decreto do 2008 nin existen. Nunca se convocou o denominado Foro Galego do
Lobo, xunto a que non se autoriza a participación da organizacións ecoloxistas
nas comisións de valoracións de danos, nas que si participan colectivos de
cazadores. A información, educación ambiental, e comunicación cara mellorar a
percepción non existe. Sobre a comunicación a Administración nunca activou as
campañas de informar sobre os aspectos positivos do lobo no monte, o ofrecer
unha imaxe máis agradable que desmontará toda a lenda e mitoloxía que rodea á
especia, e séguese informando esaxeradamente sobre o seu suposto perigo, e
repítense ata a saciedade as imaxes desde a televisión pública de ataques do
lobo, como se fóra o único problema das explotacións gandeiras. Ai, se se
informara coa mesma ‘virulencia’ de moitas das enfermidades (pestes e febres)
gandeiras que levan por diante miles de reses ao ano nas explotacións. O
curioso é que os datos económicos indicarían que o lobo estaría a inferir un
impacto na economía gandeira galega do 0,03% do seu valor.
non se ten realizado o estudo sobre
o comportamento e a resposta da sociedade a respecto do lobo. Non existe o
comité de asesoramento integrado por científicos e profesionais de recoñecida
competencia.
no Observatorio Galego de
Biodiversidade non se teñen presentado, nestes anos, os informes de seguimento
do Plan de Xestión e tampouco se coñecen os informes anuais de avaliación do
grao de cumprimento do plan.
pódese dicir, sen ningunha dúbida,
que nestes últimos seis anos, o éxito ou fracaso da supervivencia dos grupos
reprodutores do lobo quedou a expensas das súas propias capacidades de fortuna,
adaptación e resposta ao medio, sen que o Plan tivera reportado elementos de
relevancia capaces de propiciar protección efectiva.
neste rotundo incumprimento do Plan do Lobo é onde
radica todo o problema da conservación da especia e a súa conflitividade. No
ámbito de denuncia e da esixencia de facer cumprir as medidas do Plan é sobre o
que habería que actuar. Isto reduciría a algo residual a necesidade de acudir a
unha medida tan drástica como é a de matara lobos nas batidas ou agardas.
o lobo en Galicia coma especie cinexética está baixo a
regulación da Lei de caza. O uso de artefactos non selectivos, do tipo trampa,
cepo, lazo, ou velenos, está tipificado administrativamente coma unha
infracción moi grave que se sanciona con entre 6001 e 30000 euros. Matar un lobo
sen a debida autorización considérase unha infracción grave con sanción de 601
a 6000 euros. No caso de seguir a vía penal, atopámonos con situacións rechamantes
na resolución deste tipo de delito ecolóxico unha sentencia imposta, a
principios de ano, a unha persoa na provincia de A Coruña denunciada por
colocación de 4 lazos no que apareceron mortos un lobo e dous xabarís acabou
saldándose cunha condena de 1080€.
e CATRO
se me preguntan se o lobo é unha
especia ameazada non teño dúbida que a resposta é si. Estamos ante un dos
últimos grandes carnívoros do continente europeo, un vestixio da historia
natural milenaria do noso continente, sabendo ademais que cada manada viría ocupando
xeración tras xeración os mesmos territorios. A súa maneira de ocupara o
territorio depende dun complexo modo de socialización e aprendizaxe entre os
grupos que forman unha poboación. A forte transformación ambiental do seu
territorio derivou nunha importante fragmentación e distanciamento entre
distintas poboacións.
o lobo ibérico quedou illado do
resto de lobos europeos e en todo o seu ámbito de distribución e os
especialistas advirten que as condicións para a conservación propicia do lobo
continúan baixo un grado de ameaza certo e elevado. A capacidade de adaptación
destes animais ao entorno é alta, o que explica que incluso en lugares
concretos o número de lobos poida aumentar puntualmente, perceptible en censos,
pero non se pode negar a xeneralizada tendencia da deriva de empobrecemento
xenética que padece unha poboación cada vez máis fragmentada e distanciada.
en Galicia mantéñense vixentes a
totalidade de factores negativos detectados na fase de elaboración do Plan,
polo que a viabilidade da poboación e da súa variabilidade xenética,
fundamental para preservar a especie, continúa fortemente condicionada.
cóntase cunha ‘poboación efectiva’
que representa unha reserva xenética cativa (a poboación de lobo de Galicia
dependería duns 136 a 175 lobos reprodutores), que de quedar exposta a un
repentino incremento dun dos seus múltiples factores de ameaza, ou da súa
combinación, podería derivar en poucos anos a niveis preocupantes de ameaza.
todos os anos autorízanse permisos
de caza mediante batidas ou agardas antes supostos danos recorrentes ao gando,
que deberían xustificarse con informes rigorosos e unha vez comprobados que
medidas fallaron, pero o certo é que se conceden discrecionalmente ante
presións. A Xunta continúa cunha política de non facilitar información do
número de batidas que se solicitan, das que se autorizan, e dos seus
resultados, aspecto este, que xa foi motivo de comentario crítico por parte do
Valedor do Pobo en xuño de 2012. Aínda así Galicia mantén unha mellor situación
que outros territorios lobeiros do Estado, no que se autoriza a caza de trofeos
de lobo (para o 2014 en Asturias 50, e Castela-León 140).
con relación ao resto de factores de
mortalidade do lobo en Galicia non contamos con datos precisos. Lamentablemente
segue a ser moi habitual a colocación de lazos e veleno no monte que deparan mortes
agónicas. Atropelos e caza furtiva tamén están detrás dos numerosos lobos que
morren. A cifra de lobos que morren anualmente de maneira descoñecida é moito
máis importante que os lobos que se capturan con autorización en batidas.
Sábese que entre 2011 e 2012 foron abatidos ‘legalmente’ entre 25 e 30 lobos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario