www.farodevigo.es FOTO: Bernabé |
a quen non lle gustan as fotos de
parellas namoradas, a quen non lle resultan curiosas as fotos de xente en
situacións tan inverosímiles como ilustrativas?. Como a de Saramago con Pilar
del Río nos asentos traseiros dun coche disposto a partir xa a rumbos totalmente
diferentes. Como as que se lle mandaban ós da Arxentina co parente recen morto no
cadaleito, ou incluso amortallado, ‘vivo’ entre os vivos que o queriamos (suponse).
Non sei en que categoría incluír as fotos de Xosé Crespo, alcalde impertérrito
de Lalín, e Antón Lamazares, artista. Quizás nas dúas. É verán e sucedeu na
Romea, a carón de onde si sabemos
certo que quixo xacer Laxeiro, entre as súas donas.
as fotos lanzan a idea 666 (un dicir,
que xa non levo conta) do alcalde: solicitar o traslado dos restos mortais da
nosa icona cultural ao Panteón de Galegos Ilustres, en Compostela.
houbo preguntas, algunhas moi mal
intencionadas: é posible facer tal?, non será isto só para consumo interno das
edicións de Deza-Tabeirós?, informarase do procedemento e do balanzo real de
custos–beneficios neste tempo de crise?, tiña Xosé Crespo algo máis importante
que facer por Lalín ese día ou isto foi o punto álxido?, non sería mellor reter
o que nos queda de Laxeiro en Lalín e promover o ‘turisteo’ de cemiterio?, inda
mellor, non se podería solicitar, co apoio da familia e o gremio de artistas, o
traslado da Fundación Laxeiro desde Vigo a Lalín?; gustaríanos que o alcalde se
fixera fotos onde o panteón d@s nos@s?; a cant@s representa Antón Lamazares?,
en que reunión se decidiu que @s representara e dixera o que din que dixo?, hai
disidentes?
Lamazares e os 'abdicados' Reis de España diante dos 'Eidos da Bama' Budapest, 2007 esta obra instalouse logo no 'Castro Tecnolóxico' www.farodevigo.es |
que impertinentes sodes algúns, os
canóns responderon a todo iso ao seu tempo; ou o farán. A cousa materializarase,
e será por ben: lembrade o aeroporto (era no Carrio?), o parking baleiro e a praza ruinosa, a praia onde o Auditorio, a
biblioteca onde era a piscina e agora onde foi concello e presidio, …
a min preocúpanme outros asuntos: a
quen debe beneficiar a cultura e en como se deben levar o artistas cos que
mandan. E encantaríame que se o poder político non o fai ben os artistas inda
por riba non lle bailaran a auga. E desagrádame que o poder político use
símbolos culturais, deturpándoos cando e como lle convén.
cando a cultura se usa de
xeito público lexitima ao que manda. Desclasa, despista, enfeblece: que Mick
Jagger se cague no ‘altísimo’ (xa non o fai tanto) non nos acerca máis á
revolución, se necesaria, inda que nos faga sentir ‘supermalot@s’. A cultura non
debería ser a ferramenta para construír o mundo a medida do que manda, que a cobiza
sen escrúpulo inda que a desprece e a vista de pallaso en festas na que non se
agradece que ninguén pense nada. A cultura emputecida, triste, ausente en
paredes, libros e auditorios con primeiras filas reservadas non fai falta. Esa
non fai falta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario