Michigan Central Station, en Detroit leva máis de 20 anos abandonada 'ocupada' por adictos ás drogas e 'senteito' |
detroit (web oficial – inglés):
1/ cidade declarada en bancarrota (3/12/2013):
18.5 billóns (americanos) $ de débeda.
2/ poboación: 1.850.000 nos 50s (4º na
listaxe de cidades máis poboadas de EEUU) e 700.000 na actualidade (18º).
3/ Detroit era a metonimia da
industria americana do automóbil, e como tal segue o destino desta.
ferrol (web oficial):
1/ poboación: 91.000 en 1984 e 71.300 hoxe (INE); a maior
sangría do estado español, só por detrás de Cádiz.
2/ non hai carga de traballo en Ferrol, nin traballo; é a
cidade galega con menor taxa de actividade e coa porcentaxe de desemprego máis
elevada, cun 32%.
3/ o 26% d@s que quedan ten máis de 65 anos; máis do 35%
vive de prestacións (datos do Concello).
4/ no centro quedan apenas 6000 veciñ@s; chegara a ter 20000.
lalín (web oficial):
1/ poboación: 20.698 (2004) – 21.216 (2009) – 20.490 (2012).
2/ aluguer de nave en Lalín 2000 (400 mts2) à 800/1000€ (2007) – 600 (2013).
3/ actividade xudicial en Lalín e A Estrada à 57 contenciosos en 2008 – 222 en 2011
as cidades nacen, medran ata un punto e un día comeza o seu declive. Moi poucas son eternas. Detroit non é sombra do que foi. Quizás a súa decadencia se deba a decisións dos seus dirixentes, ou quizás fixesen o que fixesen o resultado sería o mesmo. Hai procesos históricos dificilmente reversibles.
en Ferrol pregúntanse se o pasado foi soño que alguén decidiu rachar no 82/83: a Sevilla tocoulle a Expo, a Barcelona os Xogos Olímpicos, e a Ferrol a ‘reconversión e reindustrialización’ naval. Para unha cidade que vivía dos estaleiros e da presenza de instalacións militares foi un golpe mortal. Agora Fernanda, unha veciña, di que no inverno é perigoso pasear polo centro, e non pola delincuencia, senón por se che cae un cascote desde un edificio en ruínas, un dos tantos que hai.
en 2008 no Estado español estala a burbulla da construción e o prezo do chan cae en picado; ademais, algúns, un deles Xosé Crespo, xa ven as contas dos concellos galegos en serio perigo. A pesar disto, amigas e amigos, en 2009, o ano seguinte, aquí seguíase a voltas co Castro Tecnolóxico, o buque insignia da época, unha infraestrutura que ten a ben xerar todo tipo de pagos ‘non previstos’.
hai uns días, mediados de agosto de 2014, un xornal local publicou unha foto da ‘calle a’, deserta; seica porque era día grande de festas de verán e de praia. Certo. Pero se publican unha dun domingo calquera tampouco aparecerá moita xente nela, excepto á hora da misa e o fútbol, eses ‘opios’. Hai xente cualificada que di que Lalín xa está morto.
casco vello de Ferrol www.jotdown.es |
eu, modestamente, diría que nin chegamos
a ‘facer cidade’ nin estamos inda tan costa abaixo como Detroit ou Ferrol. Non creo
que Lalín se chegara a consolidar como núcleo industrial: ula a tecnoloxía
propia?, ulo o produto distintivo? O cocido, por moito que se queira, non da
para tanto. Había moito emprego si, e moitos ben que gozaron de días de viño e
rosas. Agora a situación estase coloreando de escuro, moi escuro, e hai que
reaccionar.
é moi preocupante a sangría de
poboación que nos pode situar por baixo da cifra dos 20.000 habitantes, coa
conseguinte perda de categoría e presuposto municipal. Fóra de campañas de
última hora que atenden ao síntoma e non á enfermidade, que se está a facer?
temos subido, de súpeto, uns cantos
chanzos na listaxe de concellos máis endebedados do Estado, superando a Silleda,
un concello que na práctica estivo en suspensión de pagos e onde o PP perdeu o
bastón de mando, entre outras cousas, por levalo a esta situación.
o abandono e a ruína xa medran no
corazón de Lalín, na escuridade de Praza e ‘parking’ Europa, que se esfarelan
sen remedio. Esa era unha infraestrutura que debía ser central na vida
económica e social de Lalín.
aquí callou que vivir do agro, a
gandería e a explotación dos montes era de segunda. Mellor escapar da aldea e vivir
nun piso en Lalín. Os que mandaron e mandan, moitos, son bo exemplo. A xente
cumpriu, como case sempre, desatendeu o que era e tiña, trouxo os fillos e os
netos e mercou todos os pisos que puido. Inda así unha terceira parte está
baleira. Ese modelo de vida e economía está esgotado, e a maioría dos empregos
que precisan os que se fixeron ‘urbanitas’ (no téxtil e na construción, por
exemplo) ou desapareceron ou ‘os desapareceron’.
parking Europa precintado outubro de 2009 www.farodevigo.es |
‘créanse empresas’ novas (este ano
20); dino e é certo, como tranquilizándonos: en Lalín volverá haber unha
situación de ‘case’ pleno emprego, como antes. Pero moitas destas altas son de persoas
que deciden facerse autónomos, por exemplo. E, cantas altas destas se precisan para
compensar o emprego perdido nunha empresa como Montoto? Calculádeo, e calculade
de paso cantas empresas pecharon. Ademais, sería interesante saber con detalles
quen constitúe algunhas desas novas empresas e para que.
hoxe, mañá, este mes, este ano, esta
década, o reto de Lalín e quen o dirixa é evitar ser Detroit ou Ferrol (á nosa
escala, evidentemente) e superar esta situación que vivimos. Crespo, 'designado' na época de vacas gordas, non semella ter plan para evitar que esta vila morra e
aspire a ser ‘eterna’.
REFERENCIAS:
eldiario.es: la fascinación artística de un desplome
jotdown: ferrol
camino de detroit
faro de vigo: la primera constructora dezana
quiebra y deja
en la calle a más de 230 empleados
voz de galicia: el precio del suelo urbano en
Lalín y A Estrada cae en más
de un 28% en el primer semestre
el país: el pp vaticina la quiebra
económica de los ayuntamientos
correo gallego: Lalín pagará 91249€ más
a los arquitectos del consistorio
abc: el
textil, deslumbre y realidad actual
voz de galicia: la crisis deja naves
vacías en los polígonos de ambas comarcas
voz de galicia: las dos reconversiones
navales acabaron destruyendo unos 45000 puestos de trabajo
voz de galicia: un expediente
tras otro
faro de vigo: Lalín es el municipio de la
comarca con más
viviendas vacías, el 28,2%, el 11.732 de las totales
faro de vigo: crean 55
empresas en el primer semestre en Deza y Tabeirós, una veintena de ellas en
Lalín
faro de vigo: la quiebra de empresas multiplica
por cuatro los contenciosos
que tramitan los juzgados
faro de vigo: Agolada y Lalín son los concellos más
endeudados de las comarcas, con más 400 euros por vecino
No hay comentarios:
Publicar un comentario