cando no Concello de Lalín tratamos cuestións
de DZine non estaba Xosé Crespo Iglesias. Estaba noutra reunión sobre unha
cuestión máis importante e apareceu nunha foto máis proveitosa para el e todos
nós. Nesa foto quedou patente a unión de alcaldes importantes da provincia en
contra da pretensión do ministerio de Xustiza de suprimir os partidos xudiciais
e, na práctica, recentralizar os servizos públicos de xustiza, facéndoos máis
custosos e inaccesibles para todos, esencialmente para os máis humildes.
concordo con que o cine en Lalín non
é unha prioridade. Como di o alcalde, se non hai xulgados en Lalín, ‘se perdería
vidilla’, sen cine haina igual. Esencial é ter emprego para facer a vida que
desexes; e coñezo moitos que están pasando por grandes dificultades, enormes. Hai
que ter acceso servizos educativos e de saúde públicos, gratuítos e de calidade,
sufragados por impostos provenientes dun sistema impositivo equitativo. E a
xustiza, xusta, accesible, próxima e rápida. Logo os adornos, como ver cine no
teu pobo ou comarca, a ser posible bo.
por iso entendo ben o que pasou o
luns. O Concello declárase entusiasta partidario da idea pero na práctica: 1, o
espazo que se ía ceder resulta que xa ten actividades programadas e isto é un
problema; 2, a subvención que podía aportar Cultura para equipar o local ideal
para o cineclube, agora resulta que non é tecnicamente factible por un ‘matiz
legal’.
dúas reflexións e dúas preguntas: 1;
se había xa moitas actividades no Salón Teatro e o que propuxo DZine era incompatible
con elas, por que se dixo hai un mes que se cedía?. 2; a Orde que regula a
subvención di que é para equipar instalacións municipais; suponse que as actividades
que alí teñan lugar as realizará o titular; e se se menciona que algunhas as
faría DZine e iso é un problema, non lles parece que se cometeu unha torpeza na
formulación da solicitude?.
e unha guinda, non menor: na nosa
proposta de Convenio de uso do Salón Teatro afirmamos que durante o horario
correspondente non se precisará a presenza de empregados do Concello. Pero nesa
situación se nos di que temos que contratar un seguro de responsabilidade civil
(uns 900 euros). Non albisco a razón disto, porque imaxino que xa o Concello
ten un. E outros cineclubes apoiados polos seus concellos non teñen, que eu
saiba, necesidade dese trámite cando usan espazos cedidos polos concellos
respectivos.
o resumo é que todo isto supón un
mes perdido.
ás veces penso que non se confía en
nós, ou que non interesa a idea (moitos votos igual non da), ou que non
interesa que a idea a poñamos nós en práctica. Porque lembro o dinamismo que se
exhiben cando se conseguen recursos para outras cuestións e a contundencia
usada contra os que desinten.
un exemplo, a Diputación aportará
fondos para o ‘choio’ dos castros. E bastantes. O que precisaría DZine, en
comparación, non son máis de ‘catro cadelas’: aproximadamente un millón de
euros contra non máis de nove mil euros para acondicionar dignamente o Salón
Teatro.
ás veces, repito, pásaseme pola
cabeza o que xa vos contei pero para que vou vivir con esta desconfianza. O cine
non é esencial; esenciais son outras cousas nas que xa se está traballando
arreo. E hai que dar as grazas por iso. Si, señor alcalde, moitas grazas por
traballar no esencial para Lalín.
para finalizar, eu sempre tiven claro
que sen a axuda do Concello esta aventura de volver traer cinema a Lalín e
comarca ía ser complicada pero tampouco, chegado ata aquí, me vou conformar con
esta situación. Seguireino intentando cos meus compañeiros. Temos que responder
ante a xente que xa se asociou e quere cinema na comarca. E tentaremos facelo,
por suposto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario