http://www.iteambiental.com/porkart/artistas/ porkart_thumbs_03.jpg |
lei orgánica 3/2014, de
abdicación da súa Maxestade Juan Carlos I de España e de proclamación do porquiño Valentín
a tod@s @s que a presente viran e entenderan,
sabede: que veño de sancionar a seguinte lei orgánica
PREÁMBULO
veño de comunicarlle ao Presidente a miña vontade de abdicar e díxenlle
todo iso, palabra por palabra:
«cando me ‘proclamaron’ alá polo 70 e tantos quería facer que servía os
intereses de España, dicindo que os cidadáns erades os protagonistas do voso propio
destino e España unha democracia moderna, integrada en Europa
hoxe, cando volvo a mirada atrás sinto orgullo e gratitude cara vós, que me
tolerastes tantos e tantos anos. Orgullo, polo ben que mirástedes cara outro
lado. E gratitude, polo ben que mo deixástedes pasar, desde aquel día que tan
novo era tanto quería 'conseguir'
eu non teño nin tiven culpa de das cousas malas e ‘malotas’ que
se din por aí que fixen pero é certo que hoxe é urxente que ocupe a primeira liña
política xente diferente, con novas enerxías, emprendedora e determinada a
transformar e reformar o que eu non quixen facer, o que demanda a situación de
emerxencia social e económica e así afrontar un futuro diferente
a miña única ambición ten sido e seguirá sendo sempre facer que contribúo
ao benestar e o progreso en liberdade de tod@s. Quero o mellor para min, a quen
dediquei toda a miña vida e para interpretar este papeliño teño empregado todas
as capacidades, ilusión e man esquerda que posúo. O porquiño Valentín,
meu amigo, encarnará a estabilidade, sinal de identidade da monarquía
o porquiño Valentín ten madureza, preparación e sentido da responsabilidade abondo para asumir con plenas garantías a Xefatura do Estado
e abrir unha nova etapa de esperanza na que se combinen a súa experiencia e o
impulso de sangue nova
por todo iso, convencido de que é o mellor para min, e tamén para vos,
decidín por fin ao meu reinado e abdicar a Coroa de España, poñendo en mans do porquiño Valentín a miña maxistratura e autoridade para que sexa el quen decida o que se fará a continuación
desexo expresar a miña gratitude ao pobo español, a todas as persoas que
han interpretaron o seu papel nesta opereta e me teñen axudado con tanta
xenerosidade e lealdade a min e en beneficio seu. E a miña gratitude á Raíña,
cuxa tolerancia nunca me faltou
gardo e gardarei sempre a España no máis fondo do meu peto»
o artigo 57.5 da Constitución Española dispón que «las abdicaciones y renuncias y cualquier duda de hecho o de derecho que ocurra en el orden de
sucesión a la Corona se resolverán por una ley orgánica» – este ‘sacro’ precepto segue
os precedentes históricos do constitucionalismo español, que xa reservaban ao poder lexislativo
a solución das cuestións a que dera lugar a sucesión así como a autorización
da abdicación, incluso mediante unha lei especial para cada caso. Se ben a
Constitución en vigor no utiliza este último termo, os citados antecedentes e el mandado do
artigo 57 de que o acto rexio sexa resolto por unha lei orgánica fan que sexa este o instrumento legal idóneo para regular a efectividade da decisión
a entrada en vigor da presente lei orgánica determinará, en consecuencia,
que a abdicación teña os seus efectos e que se produza a sucesión na Coroa de
España tal como prevé esta lei orgánica
artigo único. Abdicación
da Súa Maxestade o Rei Don Juan Carlos I de Borbón
1. a súa Maxestade el Rei Don Juan Carlos I de Borbón abdica a Coroa de
España no porquiño Valentín
2. a abdicación será efectiva no momento de entrada en vigor da presente lei
orgánica
3. nese momento preciso, quedará, polo tanto, proclamado o porquiño
Valentín novo rei de España
disposición final única. entrada
en vigor
a presente lei orgánica entrará en vigor no momento da súa publicación no «Boletín
Oficial do Estado».
polo tanto, prego a tod@s, particulares e autoridades, que garden e fagan gardar
esta lei
LALÍN, 19 de xuño de 2014
EI REI, ADEUS
No hay comentarios:
Publicar un comentario